Diseño del blog

A Universidade de Vigo publica as bases e convocatoria para 8 prazas de Auxiliar Técnica/o de servicios xerais

dic 19, 2022

A UNIVERSIDADE DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 8 PRAZAS DE AUXILIAR TÉCNICO/A EN SERVIZOS XERAIS

REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea. Tamén poderá participar
  • Os cónxuxes de españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, nas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que sexan dependentes.
  • As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España en que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
  • Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
  • Titulación: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
  • Habilitación: non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario de ningunha das administracións públicas ou dos organismos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para desempeñar empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional a que se pertencía. No caso de ser nacional doutro
  • Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público


SOLICITUDES:

Para tomar parte nestas probas selectivas deberase presentar unha solicitude seguindo o modelo oficial dispoñible no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/ universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo>Solicitude de admisión, seguindo as indicacións que figuran nel, cubrindo todos os campos obrigatorios, validándoos e confirmándoos. 


Prazo e lugar de presentación de solicitudes: será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (16/12/2022)


Presentaranse preferentemente a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/catalog/catalog-index.xhtml); tamén poden presentarse na oficina de asistencia en materia de rexistro do Campus de Vigo (Edificio Exeria, Campus Universitario, 36310 Vigo), nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Campus de Ourense (Unidade Administrativa), Campus de Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (rúa Torrecedeira, nº 86), ou segundo as restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.


Os dereitos de participación aboaranse directamente nas oficinas de Abanca ou mediante transferencia á conta ES14 2080 0501 1231 1000 0112; no pagamento e no documento que o xustifique deberá constar o nome, apelidos e DNI ou pasaporte da persoa participante, así como o código da praza a que estea referido


Subgrupo C2: 26,46 euros.

DATOS DA PRAZA
Subgrupo Código Escala Nº Prazas C. Xeral C. Disc
C2 EOR22402 Auxiliar técnica de servizos xerais 8 7 1

PROCESO SELECTIVO;

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 120 minutos

 

Consistirá en contestar un test de 90 preguntas con 4 respostas alternativas, das cales só unha será correcta, da primeira parte do programa.

 

EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 120 minutos

 

Consistirá en realizar probas prácticas e/ou resolver un ou varios supostos prácticos relativos á primeira parte do programa

 

EXERCICIO 3.

Obrigatorio e NON elminatorio

 PRIMEIRA PARTE

Tempo: 25 minutos

Estarán exentas de realizalo as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 3, consonte o establecido nas bases, e serán cualificados con 2 puntos. Esta proba incluirá 2 partes:

 

Primeira. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre o coñecemento da lingua galega, con catro respostas alternativas das cales só unha delas será correcta. O exercicio incluirá 2 preguntas adicionais de reserva que deberán responderse dentro do tempo indicado. Disporase de 25 minutos.

 

Segunda. Comprensión escrita ou oral e expresión oral. Consistirá en ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e, a seguir, realizar unha entrevista coa persoa examinadora, debendo resumir o input e manter un diálogo ao respecto para avaliar a súa expresión oral.


SEGUNDA PARTE

Tempo: 25 minutos


Coñecementos non específicos. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre a segunda parte do programa, con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta


O exercicio incluirá 2 preguntas adicionais de reserva que deberán responderse dentro do tempo indicado.


TEMARIO:

  1. A Constitución española de 1978: título preliminar e título I.
  2. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título I; capítulo I do título III; capítulo I do título IV; capítulo I do título V; capítulo I do título VI.
  3. Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades: título preliminar e título X.
  4. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulo III
  5. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: títulos I, II, III
  6. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar; título II: capítulos I, II, IV e V; título IV: capítulos I e II.
  7. Funcións e responsabilidades dos auxiliares técnicos de servizos xerais
  8. Atención e información ao público. Técnicas de atención. Asistencia ao usuario. Sistema de queixas, suxestións e parabéns da Universidade de Vigo.
  9. Instalacións eléctricas: elementos dunha instalación, avarías máis comúns e arranxo destas. Luminarias, interruptores, conmutadores, enchufes, elementos dun cadro eléctrico.
  10. Instalacións de fontanaría: Código técnico de edificación: documento HS 4, subministración de auga. Apéndice A: terminoloxía, e apéndice D: simboloxía
  11. Instalacións de calefacción: elementos dunha instalación, avarias máis comúns e arranxo destas
  12. Carpintería: arranxo de portas; pechaduras: avarías máis frecuentes
  13. Ferramentas manuais, aparellos de medición, unidades de medida básica do sistema internacional, terminoloxía e simboloxía usadas nas instalacións de electricidade, iluminación e carpintaría.
  14. Seguridade e saúde laboral: disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo (Real decreto 485/1997, do 14 de abril)
  15. Coñecementos básicos sobre uso e mantemento de medios audiovisuais e novas tecnoloxías nos centros e servizos. Tipos de conectores.
  16. Recepción e saída de paquetes e correspondencia. Coñecementos básicos
  17. Coñecementos básicos de informática a nivel de usuario. Coñecementos básicos de Word 2021: formato de textos
  18. Estrutura, centros e servizos da Universidade

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: