Diseño del blog

A Universidade de Vigo publica as bases e convocatoria para 24 prazas de Auxiliar Administrativo/a

dic 19, 2022

A UNIVERSIDADE DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 24 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea. Tamén poderá participar
  • Os cónxuxes de españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, nas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que sexan dependentes.
  • As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España en que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
  • Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
  • Titulación: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
  • Habilitación: non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario de ningunha das administracións públicas ou dos organismos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para desempeñar empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional a que se pertencía. No caso de ser nacional doutro
  • Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público


SOLICITUDES:

Para tomar parte nestas probas selectivas deberase presentar unha solicitude seguindo o modelo oficial dispoñible no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/ universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo>Solicitude de admisión, seguindo as indicacións que figuran nel, cubrindo todos os campos obrigatorios, validándoos e confirmándoos. 


Prazo e lugar de presentación de solicitudes: será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (16/12/2022)


Presentaranse preferentemente a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/catalog/catalog-index.xhtml); tamén poden presentarse na oficina de asistencia en materia de rexistro do Campus de Vigo (Edificio Exeria, Campus Universitario, 36310 Vigo), nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Campus de Ourense (Unidade Administrativa), Campus de Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (rúa Torrecedeira, nº 86), ou segundo as restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.


Os dereitos de participación aboaranse directamente nas oficinas de Abanca ou mediante transferencia á conta ES14 2080 0501 1231 1000 0112; no pagamento e no documento que o xustifique deberá constar o nome, apelidos e DNI ou pasaporte da persoa participante, así como o código da praza a que estea referido


Subgrupo C2: 26,46 euros.

DATOS DA PRAZA
Subgrupo Código Escala Nº Prazas Cota Xeral Cota Discapacidade
C2 EOR22401 Auxiliar Administrativo/a Administración 24 20 4

PROCESO SELECTIVO;

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 120 minutos

 

Consistirá en contestar un test de 90 preguntas con 4 respostas alternativas, das cales só unha será correcta, da primeira parte do programa.

 

EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 60 minutos

 

Consistirá na realización dunha proba práctica con ordenador, en que se deberá contestar un cuestionario de 20 preguntas tipo test, con 3 preguntas adicionais de reserva, con catro respostas alternativas das cales só unha será correcta, dirixidas a valorar os coñecementos das persoas aspirantes como usuarias de programas Word para Microsoft 365 e Excel para Microsoft 365, versións do ano 2016 ou posteriores.

 

Estará exento de realizar este exercicio quen acredite estar en posesión da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) ou acredite ter formación nos programas indicados impartida por organismos públicos. A partir da publicación do acordo do tribunal coa cualificación definitiva do primeiro exercicio, disporase dun prazo de cinco días hábiles para presentar a documentación acreditativa nos lugares indicados


Os cursos deberán ser de aptitude e ter unha duración mínima de 50 horas, no caso de Excel e de 30 horas os de Word.

 

EXERCICIO 3.

Obrigatorio e NON elminatorio

 

Estarán exentas de realizalo as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 3, consonte o establecido nas bases, e serán cualificados con 2 puntos. Esta proba incluirá 2 partes:

 

Primeira. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre o coñecemento da lingua galega, con catro respostas alternativas das cales só unha delas será correcta. O exercicio incluirá 2 preguntas adicionais de reserva que deberán responderse dentro do tempo indicado. Disporase de 25 minutos.

 

Segunda. Comprensión escrita ou oral e expresión oral. Consistirá en ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e, a seguir, realizar unha entrevista coa persoa examinadora, debendo resumir o input e manter un diálogo ao respecto para avaliar a súa expresión oral.

 

TEMARIO:

  1. A Constitución española de 1978: título preliminar; título I. Dos dereitos e deberes fundamentais; título III. Das cortes xerais; título IV. Do Goberno e da Administración
  2. O Estatuto de autonomía de Galicia: título preliminar; título I. Do poder galego; título III. Da Administración pública galega.
  3. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título preliminar; título I. Dos interesados no procedemento; título II. Da actividade das administracións públicas; título III. Dos actos administrativos
  4. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título IV. Das disposicións sobre o procedemento administrativo común: capítulos I ao V; título V. Da revisión dos actos en vía administrativa: capítulo II. Recursos administrativos.
  5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: capítulo I. Disposicións xerais; capítulo II. Dos órganos das administracións públicas, seccións 1ª, 2ª e 4ª; capítulo III. Principios da potestade sancionadora; capítulo V. Funcionamento electrónico do sector público; título III, capítulos I e II.
  6. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título I. Obxecto, principios e ámbito de aplicación; título III. Clases de persoal; título IV. Organización do emprego público; título V. Adquisición e perda da relación de servizo
  7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título VI. Dereitos e deberes individuais dos empregados públicos: capítulo I. Disposicións xerais; capítulo III. Mobilidade do persoal funcionario; título VIII. Situacións administrativas
  8. Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título III. Dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, capítulo II. Dos créditos e das súas modificacións; capítulo III. Execución e liquidación.
  9. Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.
  10. Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Vigo, títulos preliminar, I e II.
  11. Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.
  12. Real decreto 412/2014, do 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao
  13. Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional
  14. Real decreto 22/2015, do 23 de xaneiro, polo que se establecen os requisitos de expedición do suplemento europeo aos títulos regulados no Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, e se modifica o Real decreto 1027/2011, do 15 de xullo, polo que se establece o Marco español de cualificacións para a educación superior.
  15. Real decreto 195/2016, do 13 de maio, polo que se establecen os requisitos para a expedición do suplemento europeo ao título universitario de doutor
  16. Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento
  17. Resolución do 21 de xuño de 2017 (DOG do 30 de xuño) pola que se ordena a publicación da normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster
  18. Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios.
  19. Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación: título II. Recursos humanos dedicados á investigación, capítulos I e III
  20. Regulamento da sede electrónica da Universidade de Vigo, Resolución do 2 de maio de 2019 (DOG do 13 de maio): título II. A sede electrónica, título III. A identificación e a autenticación electrónicas
  21. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulo III. Dereitos e obrigacións, e capítulo IV. Servizos de prevención.
  22. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar; título II: capítulos. I, II, IV e V; título IV: capítulos I e II
  23. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: títulos I, II, III.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: