Diseño del blog

O Concello de Boimorto publica as bases e convocatoria para 1 praza de Auxiliar de Xeriatría-Xerocultor/a

dic 16, 2022

O CONCELLO DE BOIMORTO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AUXILIAR DE XERIATRÍA-XEROCULTOR/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais e funcións da praza á que aspira.
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administración Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Titulación: De acordo coa Resolución do 28 de xullo de 2022, da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, sobre criterios comúns de acreditación e calidade dos centros e servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Autonomía (BOE núm.192 do 11/08/2022) que dispón o seguinte:
  • El título de Técnico en Cuidados Auxiliares de Enfermería establecido por el Real Decreto 546/1995, de 7 de abril, o los títulos equivalentes de Técnico Auxiliar de Clínica, Técnico Auxiliar Psiquiatría y Técnico Auxiliar de Enfermería que se establecen el Real Decreto 777/1998, de 30 de abril, o en su caso cualquier otro título que se publique con los mismos efectos profesionales.
  • El título de Técnico en Atención a Personas en Situación de Dependencia, regulado por el Real Decreto 1593/2011, de 4 de noviembre, o el título equivalente de Técnico de Atención Sociosanitaria, establecido por el entonces Real Decreto 496/2003, de 2 de mayo, o en su caso, cualquier otro título o certificado que se publique con los mismos efectos profesionales. 
  • El certificado de Profesionalidad de Atención Sociosanitaria a Personas Dependientes en Instituciones Sociales, regulado por el Real Decreto 1379/2008, de 1 de agosto, o en su caso, cualquier otro certificado que se publique con los mismos efectos profesionales.
  • Los que acrediten habilitación excepcional en las categorías de cuidadores, cuidadoras, gerocultores y gerocultoras.” 
  • En todo caso, e con arranxo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do Emprego Público de Galicia, os/as aspirantes que non acrediten o dito coñecemento da Lingua Galega, ou estar en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de solicitudes, deberán realizar unha proba específica de coñecemento da lingua galega.
  • Esta proba constará de 10 preguntas, das que 5 consistirán na tradución do castelán ao galego dun texto composto por un número máximo de corenta palabras cada unha delas, e as outras 5 preguntas consistirán na contestación a un cuestionario tipo test con catro respostas alternativas das que só unha será a correcta.
  • Tempo máximo de 30 minutos
  • Nivel de galego esixido: Celga 2 ou equivalente


O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOE 


FUNCIÓNS:

  • Hixiene persoal do usuario.
  • Limpeza e mantemento dos utensilios do residente, facer as camas, recoller a roupa, levala á lavandería e colaborar no mantemento das habitacións.
  • Lavado e pasada do ferro da roupa dos usuarios.
  • Limpeza en xeral das instalacións.
  • Dar de comer a aqueles usuarios que non poidan facelo por sí mesmos.
  • Ocuparse da recepción e distribución das comidas ós usuarios.
  • Realizar os cambios de postura e aqueles servizos auxiliares de acordo coa súa preparación técnica e lle sexan encomendados
  • Comunicar as incidencias que se produzan sobre a saúde dos usuarios.
  • Limpar e preparar o mobiliario, materiais e aparatos da caixa de primeiros auxilios.
  • Acompañar ó usuario nas saídas, paseos, xestións, excursións, xogos e tempo libre en xeral
  • Colaborar co equipo de profesionais mediante a realización de tarefas elementais que complementen os servizos especializados de aqueles, en orde a proporcionar a autonomía persoal do residente e a súa inserción na vida social
  • En todas as relacións ou actividades co residente, procurar complementar o traballo asistencial, educativo e formativo que reciban dos profesionais respectivos.
  • Actuar en coordinación e baixo a responsabilidade dos profesionais dos cales dependan directamente.
  • Gardará absoluto silencio sobre os procesos patolóxicos que sufran os residentes, así como os asuntos referentes á súa intimidade.
  • En xeral, todas aquelas actividades que lle sexan encomendadas, que estean incluídas no exercicio da súa profesión e preparación técnica, e que teñan relación co sinalado anteriormente.
  • Encomendar que a tarefa de administración da medicación sexa realizada polo persoal xerocultor, en ausencia do/a ATS, seguindo as pautas informadas por escrito polo/a ATS.
  • A ATS deixará preparada para cada usuario a medicación que debe ser administrada segundo a folla de medicación activa e pautas médicas que constan no expediente de cada usuario.
  • En ningún caso, o persoal xerocultor, poderá separarse das pautas do/a ATS.
  • A ATS farase responsable de seguir as pautas médicas.


PROCESO SELECTIVO

EXERCICIO ÚNICO

Tempo: 30  minutos


Contestación de 20 preguntas tipo test máis 5 de reserva


Por pregunta catro respostas con só unha resposta válida.


A resposta errónea desconta 1/4 dunha resposta válida.


A Resposta en branco non penaliza.


TEMARIO:

  1. A Constitución Española. Características. Os principios constitucionais e valores superiores. Os dereitos e deberes fundamentais. A protección de dereitos.
  2. Elementos do municipio. Territorio e poboación. Organización municipal. Competencias municipais. Atribucións do Alcalde. Atribucións do Pleno do Concello. Xunta de goberno local, composición e atribucións
  3. O Estatuto Básico do Empregado Público. Réxime Xurídico do persoal ao servizo das Administracións Públicas. O Persoal funcionario e o persoal laboral
  4. Normativa estatal e autonómica sobre Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.
  5. Regulamento de funcionamento da Residencia e Centro de día municipal de Boimorto ( publicado no BOP NÚM. 37 do 25/02/2021) 
  6. O envellecemento. Calidade de vida na vellez.
  7. Medicamentos en xeriatría. Vías e técnicas de administración. 
  8. Signos vitais. Posicións anatómicas. Primeiros auxilios.
  9. Alimentación e nutrición no ancián. Coidados en situacións de deshidritación, diarrea e estrinximento.
  10. Aseo e hixiene no ancián. Limpeza, desinfección e esterilización. Prevención de caída.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: