Diseño del blog

O Concello de Boimorto publica as bases e convocatoria para 1 praza de ATS

dic 15, 2022

O CONCELLO DE BOIMORTO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE ATS

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais e funcións da praza á que aspira.
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administración Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Diplomatura universitaria ou Grao de enfermería.
  • En todo caso, e con arranxo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do Emprego Público de Galicia, os/as aspirantes que non acrediten o dito coñecemento da Lingua Galega, ou estar en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de solicitudes, deberán realizar unha proba específica de coñecemento da lingua galega.
  • Esta proba constará de 10 preguntas, das que 5 consistirán na tradución do castelán ao galego dun texto composto por un número máximo de corenta palabras cada unha delas, e as outras 5 preguntas consistirán na contestación a un cuestionario tipo test con catro respostas alternativas das que só unha será a correcta.
  • Tempo máximo de 30 minutos
  • Nivel de galego esixido: Celga 4 ou equivalente
  • Carnet de conducir B1.


O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOE 


PROCESO SELECTIVO

EXERCICIO ÚNICO

Tempo: 50 minutos


Contestación de 30 preguntas tipo test máis 5 de reserva


Por pregunta catro respostas con só unha resposta válida.


A resposta errónea desconta 1/4 dunha resposta válida.


A Resposta en branco non penaliza.


TEMARIO:

  1. A Constitución Española. Características. Os principios constitucionais e valores superiores. Dereitos e deberes fundamentais. A protección dos dereitos.
  2. A Organización do Estado na constitución: organización institucional ou política e organización territorial. A coroa. As cortes xerais. O defensor do pobo e o tribunal de contas.
  3. Elementos do municipio. Territorio e poboación. Organización municipal. Competencias municipais. Atribucións do alcalde. Atribucións do pleno do concello. Xunta de goberno local, composición e atribucións.
  4. O Estatuto Básico do Empregado Público. Réxime xurídico do persoal ao servizo da Administración Pública. O persoal funcionario e o persoal laboral
  5. Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.
  6. Regulamento de funcionamento da Residencia e Centro de día municipal de Boimorto ( publicado no BOP NÚM. 37 do 25/02/2021). 
  7. O envellecemento. Calidade da vida na vellez.
  8. Primeiros auxilios, actuacións básicas en primeiros auxilios. Masaxe cardiaco externo.
  9. Síndrome xeriátricos específicos. Definición e coidados básicos.
  10. Comunicación verbal e non verbal coas persoas residentes. Barreiras e obstáculos na comunicación. A comunicación coas persoas maiores con limitacións sensorais. Comunicación con persoas con demencia ou alteracións cognitivas.
  11. Aseo, hixiene e vestido das persoas maiores dependentes. Técnicas para a limpeza de boca, cabelo e ollos. Coidados básicos de pés e uñas
  12. A atención a persoas con enfermidade terminal.
  13. Técnicas de prevención de riscos laborais no posto de traballo. Tipo de riscos . Medidas preventivas. Equipos de protección individual
  14. Úlceras por presión, mecanismos e factores de riscos. Coidado da pel.
  15. Continencia/ Incontinencia urinaria, definicións e tipos. Coidados e rehabilitación. Dispositivos materiais. Coidados do enfermo con sondaxe vertical.
  16. Nutrición e alimentación nas persoas maiores, indicadores de risco de desnutrición. Dietas específicas básicas. A alimentación por vía oral e sonda nasográstica. Técnicas de alimentación da persoa maior encamada.
  17. A administración de medicamentos en colaboración co facultativo. A administración de medicamentos por vía oral, rectal, vía ocular, óptica, tópica, intramuscular e venosa
  18. Observación e control das constantes vitais: temperatura, frecuencia cardiaca, frecuencia respiratoria, tensión arterial, etc
  19. Demencias e enfermidade de Alzheimer. Fases e coidados básicos en persoas con demencia.
  20. A contención física ou inmovilización das persoas con demencia, utilización e regularización, requisitos e aspectos legais
  21. Materiais físicos e tecnóloxicos, espazos seguros sen suxeccións.
  22. Coidados nas alteracións máis frecuentes da conduta do ancián. Transtornos na conduta sexual, duelo, ansiedade, axitación, agresividade, delirio e transtornos do sono
  23. Aspectos clave na atención ás familias
  24. Movilizacións, transferencias e dispositivos de axuda. Cambios posturais. Requisitos e pautas.
  25. Pauta médica. Folla de medicación activa
  26. Estratexias de actuación ante a negatividade aos coidados. 
  27. Saúde mental en residencias.
  28. Aspectos éticos básicos. Información clínica e confidencialidade.
  29. Manexo de brotes en residencias sociosanitarias: sarna, gastroenterite, covid.
  30. Prevención de lesións lumbares no manexo de cargas. Normas de protección ante as exposicións causais de sangue ou fluídos. 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: