A Xunta de Galicia abre periodo de inscripción para as 90 prazas de Corpo de Xestión (A2)
A XUNTA DE GALICIA ABRE PERIODO DE INSCRIPCIÓN PARA AS 90 PRAZAS DE CORPO DE XESTIÓN (A2) OPOSICIÓN LIBRE

- Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
 - Nacionalidade:
 - Ter a nacionalidade española.
 - Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
 - Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.
 - Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes
 - Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de grao
 - Tamén poderán acceder a este corpo as persoas que estean en posesión das titulacións de enxeñaría técnica
 - Considerase equivalente ao título de diplomado universitario ter superados tres cursos completos de licenciatura
 - As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.
 - Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas
 - Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
 - Ademais dos requisitos anteriores, as persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, na data de publicación da presente convocatoria.
 - Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence ao mesmo corpo e grupo obxecto desta convocatoria
 
- Constitución española do 27 de decembro de 1978.
 - Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional
 - Lei orgánica 3/1981, do Defensor do Pobo
 - Lei 50/1997, do 27 de novembro, de organización, competencia e funcionamento do Goberno
 - Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia
 - Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia
 - Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia
 - Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Defensor do Pobo de Galicia
 - Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia.
 - Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo
 - Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega
 - Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
 - Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
 - Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia
 - Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia
 - Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia
 - Lei 9/2017, de contratos do sector público
 - Real decreto 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público
 - Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
 - Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas
 - Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
 - Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social
 - Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
 - As fontes do dereito administrativo
 - O regulamento
 - O ordenamento xurídico de Galicia
 - A relación xurídico-administrativa
 - O principio de legalidade da Administración: a súa construción técnica. As potestades administrativas
 - O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos
 - A atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia
 - A protección de datos de carácter persoal
 - Actos administrativos en particular
 - O servizo público
 - A expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Lexislación vixenteAs propiedades administrativas en xeral.
 - O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia
 - A Unión Europea tras o Tratado de Lisboa
 - A organización da Unión Europea (I)
 - A organización da Unión Europea (II)
 - O orzamento comunitario
 - As fontes do dereito da Unión Europea
 - A Administración xeral do Estado
 - O Goberno.
 - O poder xudicial
 - A Administración institucional.
 - A autonomía política
 - A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía
 - Organización política das comunidades autónomas
 - A interpretación do Estatuto
 - As competencias da Xunta de Galicia
 - As competencias exclusivas
 - A concorrencia normativa entre o Estado e a Comunidade Autónoma. Normativa básica e normativa de desenvolvemento
 - A execución autonómica da lexislación do Estado
 - A colaboración entre o Estado e a Comunidade Autónoma
 - Conflitos constitucionais entre órganos do Estado
 - O municipio.
 - O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia
 - A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
 - Xestión dos gastos de persoal
 - Xestión dos gastos contractuais
 - Xestión dos gastos de transferencias
 - O sistema tributario español
 - Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia
 - Seguridade e hixiene no traballo
 - O dereito do traballo
 - O contrato de traballo.
 - Modalidades do contrato de traballo
 - Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo
 - Réxime de representación de persoal.
 - Concepto e principios da Seguridade Social.
 
Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación
Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.











