Diseño del blog

Temos novo borrador para Administrativo C2 da Xunta de Galicia!

jun 17, 2022

Proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2  OPOSICIÓN LIBRE

REQUISITOS:
  1. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
  2. Nacionalidade
    1.  Ter a nacionalidade español
    2.  Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
    3. Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola 
    4. Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras
    5. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes
  3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
  4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
  5. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitad.
  6. Ademais dos requisitos anteriores, as persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade, terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, na data de publicación da presente convocatoria
  7. Non poderán participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria
SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado  accesible no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos  selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a  presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de  identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o  sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e deberán pagar a  taxa que estea vixente no momento de presentala que esixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia,  de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán  rexistrar os seus datos de identidade e contacto que se empregarán para as súas  solicitudes.

Unha vez completados os datos dos solicitante poderase iniciar o proceso de inscrición

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, no apartado de "Idioma do exame",  si o texto do exercicio deberá de se entregar en idioma galego ou en idioma castelán. Unha  vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá  modificar a opción

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles , que se contarán a  partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG)

PAGAMENTO DA TAXA:
Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Pagamento electrónico-con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. 

Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (número de rexistro completo) correspondente. Unha vez completados os datos validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC»

A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de 2 meses a partir do día seguinte ao da publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos no DOG.

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1 : Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para a súa realización de 90 minutos

Cuestionario de contido teórico de 80  preguntas tipo test, relacionado co programa, d isporá de 6 preguntas de reserva.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para a súa realización de 80 minutos

Un cuestionario de 40 preguntas tipo test, en  que as persoas aspirantes poñan de manifesto o coñecemento e manexo dos paquetes  ofimáticos na contorna de LibreOffice disporá de 5 preguntas de reserva

EXERCICIO 3 . Proba de galego cun tempo máximo de 60 minutos
Dividirase en 2 partes:

PRIMEIRA PARTE: Tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo  de entre dous textos propostos polo tribunal

SEGUNDA PARTE : Tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por  sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de  10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución  pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posuían o día  da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), o Celga 3 ou o título  equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde  do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis  de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do  10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro)

TEMARIO:
  1. A Constitución española de 1978
  2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia
  3. A Unión Europea, o dereito derivado
  4. As institucións da Unión Europea
  5. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais
  6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
  7. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  8. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
  9. Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia
  10. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
  11. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
  12. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
  13. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social
  14. A xestión de documentos na Administración da Xunta de Galicia.
  15. Informática básica
  16. Sistemas operativos
  17. Sistemas ofimáticos
*Para as preguntas sobre coñecemento e manexo do paquete ofimático LibreOffice.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: