Diseño del blog

O Concello de A Coruña publica as bases e convocatoria para 1 praza de técnico/a en organización

sept 05, 2022

O CONCELLO DE A CORUÑA PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA UNHA PRAZA DE TÉCNICO/A MEDIO EN ORGANIZACIÓN

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Posuír ou estar en condicións de obter a titulación universitaria de grao, diplomatura ou enxeñería técnica na rama da enxeñería e arquitectura ou equivalente. 

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello da Coruña (https://sede.coruna.gal/sede/es/tramites-y-servicios-electronicos/guia-de-procedimientos-y-servicios/ detalle-de-procedimientos/participacion-en-pruebas-selectivas/contenido/1453753399919?argIdioma=es) mediante o procedemento específico “Participación en probas selectivas”. Poderán tamén presentarse en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas
Para seren admitidas nas probas selectivas correspondentes as persoas aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que remate o prazo de presentación.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.  
As persoas aspirantes deberán cubrir con exactitude o modelo específico de solicitude de admisión a probas selectivas dispoñible no seguinte enlace https://sede.coruna.gal/descarga/1453753402297/mod095_Solicitud_pruebas_ selectivas.pdf , na páxina web www.coruna.gal ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello da Coruña.
As persoas aspirantes deberán aboar unha taxa de 19,31 € por dereitos de exame de acordo coa Ordenanza fiscal núm. 1 reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.
O ingreso do importe da taxa poderá realizarase mediante autoliquidación da taxa na Oficina Virtual do Contribuínte (OVC) e posterior pago da autoliquidación en Autoliquidacións (coruna.gal), en calquera banco, caixa de aforros ou cooperativa de crédito das que actúan como entidades colaboradoras na recadación tributaria, así como na oficina de recadación municipal situada na Rúa Franja, 20-22.
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 100 minutos
Consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test de 100 preguntas máis 10 preguntas de reserva  con catro alternativas de resposta, sendo só unha delas correcta, en relación ao contido total do temario
EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 150 minutos
Resolución de un suposto práctico, a elixir entre dous propostos polo tribunal.
Neste exercicio, valorarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos obxecto do suposto. Estimarase especialmente a sistemática na proposta realizada polos aspirantes, a formulación de conclusións, coñecemento e axeitada aplicación da normativa vixente e pragmatismo na resolución dos supostos. A ponderación de cada un destes criterios en cada un dos supostos será posto en coñecemento dos aspirantes con carácter previo á realización do exercicio. Así mesmo, no caso de poñerse varios supostos prácticos polo tribunal con distinta puntuación cada un deles, deberá indicarse no exercicio entregado a/o opositor/a, a puntuación de cada un deles e o desenvolvemento dos criterios de cualificación xerais determinados, de selo caso.
EXERCICIO 3 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos
Consistirá en desenvolver por escrito dous temas, a elixir entre catro propostos polo tribunal.
EXERCICIO 4. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten dentro do prazo de presentación de solicitudes estar en posesión do Celga 4 ou título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). 
O exercicio consistirá na tradución directa ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego.

ELABORACIÓN DE LISTAXES DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO Elaborarase unha listaxe de agarda coas persoas aspirantes que, superando algún dos exercicios da fase de oposición, non obtivesen praza, para a cobertura temporal de prazas por persoal funcionario interino nas circunstancias reguladas no artigo 10.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
TEMARIO:
  1. A Constitución Española.
  2. O Goberno
  3. O Estatuto de autonomía de Galicia
  4. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas I
  5. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas II
  6. O réxime local
  7. O persoal ao servizo das Administracións Públicas
  8. Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais. Recursos das facendas locais
  9. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime xurídico do sector público.
  10. Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
  11. Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
  12. Contratos do Sector Público
  13. Xestión por proxectos
  14. Aprobación e definición do proxecto.
  15. Criterios de estimación e control de custos dun proxecto
  16. Planificación do proxecto orientada a obxectivos.
  17. Organización do proxecto.
  18. Execución do proxecto.
  19. A toma de decisións I
  20. A toma de decisións II
  21. Peche e avaliación do proxecto
  22. Definición de mecanismos de mellora continua nos procesos
  23. Sistemas de intelixencia empresarial (BI).
  24. Cadros de mando.
  25. Xestión do coñecemento nas administracións públicas.
  26. Comunicación nas Administracións públicas e aproximación aos cidadáns. 
  27. Transparencia administrativa. 
  28. Gobernanza dos datos na administración dixital.
  29. Administración baseada na relación cos clientes (sistemas CRM).
  30. A xestión por procesos. 
  31. Automatización de procesos. 
  32. Reenxeñería de procesos. 
  33. Análise funcional.
  34. Sistemas de seguimento de expedientes ou workflows. 
  35. A racionalización de estruturas e procesos para a orientación a resultados en apoio á mellora continúa. 
  36. Definición e análise de problemas.
  37. Administración Electrónica I
  38. Administración Electrónica II
  39. Administración Electrónica III
  40. Ferramentas de intercambio e arquivo definitivo de expedientes
  41. Servizos comúns á cidadanía
  42. A interoperabilidade.
  43. Infraestruturas, servizos comúns e compartidos para a interoperabilidade entre Administracións públicas
  44. Ferramentas e plataformas de intermediación I
  45. Ferramentas e plataformas de intermediación II
  46. Esquema Nacional de Interoperabilidade.
  47. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.  I
  48. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.  II
  49. Esquema Nacional de Seguridade. 
  50. Certificados e firmas electrónicas. 
  51. Rexistro electrónico
  52. Xestión do coñecemento nas organizacións
  53. Sistemas de comunicación interna I
  54. Sistemas de comunicación interna II
  55. Sistemas de comunicación externa
  56. As redes sociais dixitais na xestión e as políticas públicas.
  57. Accesibilidade e usabilidade nos servizos dixitais.
  58. Bases de Datos.
  59. Estrutura e contidos da Sede electrónica do Concello da Coruña.
  60. O papel do Software Libre na Administración Pública.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: