Diseño del blog

O Concello de A Pontenova publica as bases e convocatoria para unha praza de vixiante conserxe.

jul 11, 2022

O CONCELLO DE A PONTENOVA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE VIXIANTE CONSERXE POLO SISTEMA SELECTIVO DE CONCURSO-OPOSICIÓN

FUNCIÓNS DO POSTO:
  • Vixilancia da entrada e saídas de persoas no colexio.
  • Informar e atender ao público así como atender ao teléfono.
  • Recollida e entrega diaria do correo. Distribución da correspondencia, documentación e obxectos entre as distintas dependencias.
  • Recibir, clasificar e distribuír documentos ou obxectos que a tales efectos lle sexan encomendados.
  • Poñer e retirar anuncios, carteis, etc
  • Realización de traballos e montaxe de material, mobiliario e enseres que foran necesarios
  • Realizar os encargos, relacionados co servizo, que se lle encomenden, dentro ou fora das dependencias do colexio tales como pequenas compras, trámites sinxelos en entidades bancarias, tendas, oficinas...etc.
  • Manexo de máquinas fotocopiadoras, encadernadoras, plastificadoras e outras análogas así como fax. Traballos de oficina.
  • Preparación de reunións. Preparación de medios materiais.
  • Apertura e peche das instalacións do centro, efectuando os controis oportunos en cada caso en relación coa iluminación, calefacción, portas, ventás, medidas de seguridade ou alarma, presencia de persoas, etc. Posta en marcha e parada de instalacións.
  • Reparacións básicas do mobiliario das instalacións así como efectuar traslados de material, mobiliario e enseres.
  • Manter o bo estado do inmoble, realizando as labores necesarias para o seu funcionamento, e se fora necesario, pequenas reparacións, comunicando aos servizos municipais todas aquelas que pola súa natureza non puideran ser efectuadas, así como os desperfectos observados no edificio ou nalgunha das súas instalacións.
  • Atender, no seu caso, o botiquín, controlar os consumibles hixiénicos e encargarse da súa reposición
  • Control para a reposición de material didáctico e escolar de uso común (folios, tizas, bolígrafos, grapas, etc)
  • Coidado de todo o mobiliario, maquinaria e instalacións no interior e exterior do edificio e do seu entorno.
  • Limpeza do edificio incluíndo suelos, teitos, paredes, mobiliario, cristaleiras, portas e recinto escolar.
  • Prestar axuda en todos aqueles actos extraordinarios a celebrar ou calquera outra actividade semellante de colaboración ou axuda para a boa marcha das actividades que se desenvolvan
  • Todas aquelas propias da súa categoría que, previamente instruído, no seu caso, se lle encomenden polo responsable municipal, ou no seu caso, o persoal directivo.
REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES:
  • Ter a nacionalidade española, ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego Público de Galicia, permita o acceso ao emprego público, sen prexuízo do establecido no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Estar en posesión da titulación esixida ou estar en condicións de obtela antes do remate de presentación de instancias, neste caso Nivel de formación equivalente a Educación Primaria ou Certificado de Escolaridade. 
    • As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencia que acredite, de ser o caso, a homologación do título
  • Non haber sido ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso de persoal laboral, en que fora sido separado ou inhabilitado. No caso do persoal laboral, non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía. No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores
  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
  • Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
  • Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico incompatible co normal desenrolo das súas funcións, que se acreditará con informe ou certificado médico.
  • Estar en posesión do Celga 2 ou equivalente ou estar en condición de obtelo antes do remate de presentación de instancias, ou obter a cualificación de ―apto‖ na proba de galego que forma parte da oposición.
PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:
As solicitudes dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente deste Concello, e presentaranse no Rexistro Xeral deste  Concello en horario de 09:00 a 15:00 horas ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1  de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 20 días hábiles  contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado., e dicir, ate o día 08/08/2022

No caso de presentase as solicitudes en lugar distinto do Rexistro Xeral deste Concello, deberá remitirse ao   Concello copia da instancia conforme ao modelo  na cal conste o selo coa data de presentación, dentro  do citado prazo de presentación de solicitudes a través de fax ao número 982 34 20 51 ou por correo   electrónico ao enderezo: administrativo.emprego@concellodapontenova.gal indicando como asunto:   ORDENANZA VIXILANTE CONSERXE.

De non cumprirse o requisito da devandita comunicación, a instancia para tomar parte no proceso selectivo non  será admitida así como no caso de que se reciba con posterioridade á data da terminación do prazo sinalado  nestas bases.

As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar na súa instancia, se ben os erros de feito  que poidan advertirse poderán corrixirse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben a instancia de  parte.

O Concello porá a disposición das persoas interesadas un modelo de solicitude (Anexo I) nas oficinas do   Rexistro municipal e a través da páxina web http://concellodapontenova.org/?lang=es

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio, cun tempo máximo para realizalo de 45 minutos.

Resolución por escrito dun  cuestionario tipo test composto por 20 preguntas, máis 5 de reserva, con 4 respostas alternativas,  sendo só 1 delas a correcta, relacionado co contido funcional do posto e coas materias contidas no temario.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 30 minutos

Realización de 1 a 3 probas de  carácter práctico relacionado co contido funcional do posto e coas materias contidas no temario

EXERCICIO 3. Proba de coñecemento de galego.

A proba obrigatoria para quen non o acredite, consistirá en  traducir 1 texto facilitado polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba e sen axuda de dicionario,  do castelán ao galego. 

Esta proba terá unha duración máxima de 30 minutos e cualificará as persoas aspirantes  como ―apta‖ ou ―non apta‖, correspondéndolle ao Tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para  acadar o resultado de apta.

Estarán exentas da realización desta proba, as persoas aspirantes que estean en posesión do Celga 2 ou  equivalente, debidamente homologado polo órgano competente, en materia de política lingüística da Xunta de  Galicia de acordo coa Disposición Adicional Segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os  certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo),  modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).  A non superación deste exercicio suporá a non superación da fase de oposición.


CONSTITUCIÓN DA BOLSA DE TRABALLO:
Constituirase unha bolsa de traballo coas persoas que superen o proceso de selección e non resulten  contratadas, a fin de que poida ser utilizada en futuros chamamentos que puidesen resultar necesarios para  cubrir vacantes temporalmente debidas a baixas por enfermidade, paternidade, maternidade…etc.

A bolsa será ordenada segundo a puntuación obtida.

A orde de chamamento dos aspirantes inscritos na bolsa neste Concello será por: Chamamento ao primeiro  aspirante da lista.

A renuncia inicial a unha oferta de traballo, ou a renuncia durante a vixencia do contrato, non darán lugar á  exclusión da Bolsa de Traballo, pero ocasionará un cambio de lugar do posto, dentro da mesma, pasando a 
ocupar o último posto como integrante da Bolsa.

Os chamamento realizaranse por vía telefónica ao número que sexa facilitado polos participantes na instancia  para participar no proceso selectivo. Así, e en aras dunha adecuada eficacia deste procedemento, as persoas  interesadas deberán comunicar ao Concello, baixo a súa responsabilidade, calquera alteración destes datos de  contacto, a efectos de chamamento, que se puidera ter producido.

Realizaranse un máximo de tres chamadas telefónicas durante unha mesma xornada laboral (entendida dende  as 09:00 horas ata as 14:00 horas), a distintas horas e cun intervalo mínimo dunha hora. No caso de non terse  producido resposta ás ditas chamadas realizarase unha chamada final e no caso de non conseguir falar con esa  persoa, procederase no día seguinte a poñerse en contacto co seguinte candidato que conste na bolsa de  empreso, e así sucesivamente.

A persoa integrante da Bolsa de Traballo que reciba proposta de oferta de emprego, nos termos descritos  anteriormente, deberá proceder á aceptación ou rexeitamento da mesma, nun período máximo de 24 horas,  salvo por circunstancias excepcionais ou de forza maior.

Esta bolsa de emprego terá unha vixencia de 2 anos dende a publicación da lista de aprobados.

TEMARIO:
  1. A Constitución Española de 1978. 
  2. O Estatuto de Autonomía de Galicia
  3. O municipio
  4. Os concellos
  5. Funcións e tarefas dos conserxes.
  6. Información e atención ao público.
  7. Control de accesos.
  8. Apertura e peche de edificios e locais
  9. Depósito, entrega, recollida e distribución de correspondencia e obxectos
  10. Almacenamento e traslado de materiais e enseres
  11. Manexo de máquinas fotocopiadoras
  12. Preparación de reunións
  13. Revisión e reposición de materiais
  14. Descrición, funcionamento e mantemento básico de aparatos eléctricos
  15. Prevención de riscos laborais

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: