Diseño del blog

O Concello de Arteixo Publica as bases e convocatoria para 1 praza de capataz/a do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos

jul 11, 2022

O CONCELLO DE ARTEIXO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE CAPATAZ/A DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS (RSU) MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN (Persoal indefinido fixo)

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES E SOLICITUDES:
  • Ser español/a ou nacional doutros Estados nos termos previstos nos art. 57, do RDL 5/2015 de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión do título de Graduado en ESO ou titulación equivalente, correspondente ao grupo profesional IV do Convenio de persoal laboral do Concello de Arteixo
  • Estar en posesión do carné de conducir C e certificado de aptitude profesional (CAP)
  • Título de Celga III ou equivalente aos efectos de exención de realización do exame de lingua galega
  • Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións propias do posto referidas na Base primeira das presentes. Acreditarase mediante declaración xurada (ou na declaración da Instancia adxunta as presentes Bases) . As persoas con minusvalías deberán aportar certificación do correspondente organismo, facéndoo constar asemade na instancia, sinalando si precisan adaptacións para realización das probas e especificando tales adaptacións
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desenvolvemento de funcións públicas por sentenza firme. Acreditarase mediante declaración xurada (ou na declaración da Instancia adxunta as presentes Bases)
As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo dirixiranse á Sr. Alcalde-Presidente do Concello, presentándose no REXISTRO XERAL do mesmo ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 2  de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 20 días naturais contados  dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, é dicir ate o día 31/07/2022 toda vez se teñan publicados a convocatoria e  Bases reguladoras no BOP de A Coruña, anuncio de convocatoria no DOGA e demais publicacións complementarias (web  municipal, sede electrónica)

As taxas de dereitos de exame establécense en 14,34 €. O pago de taxa de dereitos  de exame, poderá realizarse presencial ou telematicamente a través da web municipal (www.arteixo.org//servicios económicos//Cidadanía//Oficina virtual tributaria/realizar pago on line/Taxas. Para o pago telemático precisará un número de  recibo que deberá ser facilitado polo Dpto de Rendas). En calquera caso, para instrucións de pago de taxas, recoméndase  remitir email ao Dpto. de Rendas municipal (rendas@arteixo.org ou poñerse en contacto telefonicamente co mesmo (981- 600009. extensión 4029, 4030 e 4031).

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e NON eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 60 minutos

Exame tipo test, de 50 preguntas (mais 10 preguntas de reserva) con 4 respostas alternativas, preparadas con carácter previo polo Tribunal e relacionadas co temario.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio 

Realización dunha proba de capacitación relacionada coas funcións e nivel de dificultade propias da  praza convocada e/ou co anexo das bases reguladoras. 
Neste exercicio os/as aspirantes desenvolverán unha  ou varias probas de capacitación expostas polo Tribunal (podendo incluso realizarse en varias xornadas). 
A duración do  exercicio non superará as 3 horas no suposto dunha única proba de capacitación nunha xornada e, de 6 horas en total,  no suposto de realización de dúas probas na mesma ou distinta xornada

EXERCICIO 3. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos

Tradución escrita dun texto en lingua castelá á lingua galega, 
O texto a traducir terá un máximo de 100 palabras e considerarase non apto a quen cometa 10 erros (de tradución, de gramática e/ou de acentuación). Non se permitirá preparación previa nin apoio  documental ou bibliográfico.
Deberan realizar esta proba aqueles/as aspirantes que non presenten o certificado no prazo de presentaciónde instancias e referido á data de remate, de ter superados os estudos conducentes á obtención do nivel do coñecemento do galego  CELGA III esixido, expedido por organismo oficial para tal efecto, ou título acreditativo expedido por entidade académica  para tal fin (iniciación ou equivalente). Os/as aspirantes que acrediten a posesión do referido título estarán exentos da   realización desta proba, considerándose neste caso directamente como APTO

TEMARIO:
  1.  CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
  2. O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
  3. O RÉXIME LOCAL
  4. ESTRUTURA E PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN E EXECUCIÓN DO ORZAMENTO MUNICIPAL
  5. RDLEX 5/2015 DO TEXTO REFUNDIDO DO ESTATUTO DO EMPREGADO PÚBLICO
  6. ACORDO PLENARIO DE APROBACIÓN DO PLAN MUNICIPAL DE XESTIÓN DE RESIDUOS DO CONCELLO DE ARTEIXO
  7. LEI 22/2011 de 28 de XULLO DE RESIDUOS
  8. ORDENANZA MUNICIPAL Nº 46 DE XESTIÓN DE RESIDUOS DOMÉSTICOS DO CONCELLO DE ARTEIXO
  9. NORMAS E PROCEDEMENTOS DE SEGURIDADE LABORAL NO EMPREGO DE VEHÍCULOS DE OBRAS PÚBLICAS
  10. CARACTERÍSTICAS DO SISTEMA DE RECOLLIDA SELECTIVA DE 5 FRACCIÓNS DO MODELO DO CONCELLO DE  ARTEIXO
  11. SEGURIDADE NA CONDUCIÓN
  12.  O MOTOR DIESEL
  13. ELEMENTOS MECÁNICOS E HIDRÁULICOS ESPECIFICOS DUNHA CAIXA COMPACTADORA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS.
  14. REQUISITOS DE MANTEMENTO E LIMPEZA DOS VEHÍCULOS DE RECOLLIDA DE RESIDUOS.
  15. PARROQUIAS MUNICIPAIS, NÚCLEOS RURAIS E RUEIRO DO CONCELLO DE ARTEIXO

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: