Diseño del blog

O Concello de Lalín Publica as bases e convocatoria para 1 praza de traballador/a social como funcionario interino

jul 13, 2022

UNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL, MEDIANTE O PROGRAMA LALÍN ACTIVA, COMO FUNCIONARIO/ A INTERINO/A (SUBGRUPO A2) DO CONCELLO DE LALÍN

FUNCIÓNS DO POSTO:
  • Información, orientación e asesoramento a toda a poboación lalinense sobre este programa.
  • Detección e valoración de posibles persoas usuarias así como tramitación de todos os recursos necesarios para a participación da persoa no programa
  • Derivación e alta no programa de persoas usuarias
  • Seguimento da participación e aproveitamento do programa por parte das persoas usuarias
  • Valoración de derivación, de ser o caso, cara a outro/s recurso/s máis idóneo para as persoas usuarias do programa
  • Realizar a avaliación da execución do programa.
  • Realizar actividades de difusión do programa.
  • De ser o caso, coordinación coa/s empresa/s externa/s que executen o programa Lalín Activa dando as instrucións e ordes necesarias para o correcto desenvolvemento do mesmo.
  • Todas aquelas que sexan inherentes a este posto de traballo en orde a prestar un servizo de calidade á poboación lalinense.
REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES E SOLICITUDES:
  1. Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ó que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  2. Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadada a idade de xubilación
  3. Non padecer enfermidade, nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das funcións propias da praza obxecto desta convocatoria.
  4. Non estar separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ao Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin estar sometido a sanción disciplinaria sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.
  5. Non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.
  6. Estar en posesión do título de Grao universitario en Traballo Social/ Diplomado en traballo social.
  7. Ter unha experiencia laboral mínima de 6 meses, como Traballador/a Social, desenvolvendo funcións relacionadas co posto a ocupar. Esta experiencia laboral deberá acreditarse mediante informe de vida laboral xunto con: contratos de traballo e/ou certificados de empresa.
  8. Nos supostos de discapacidade física ou psíquica, esta deberá acreditarse mediante a achega coa solicitude de participación no proceso de selección de certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% expedido polo órgano competente da Administración autonómica, xunto con certificado de compatibilidade co posto de traballo asociado á praza de traballador/a social antes relacionada Igualmente coas solicitudes de participación nos procesos de selección deberán aportarse as solicitudes de adaptación de tempos e medios ás que os/as aspirantes con discapacidade teñan dereito, para o desenvolvemento do proceso selectivo con plena garantía do dereito de acceso ao emprego público en condicións de igualdade, consonte ao disposto no Real Decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, así como á normativa vixente en materia de función pública de concordante aplicación, para os efectos tanto do seu estudio e resolución polo órgano de selección, como da adecuada disposición dos medios técnicos e humanos necesarios ao efecto con antelación á celebración das probas selectivas. O órgano de selección poderá requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia para efectuar de xeito adecuado as ditas adaptacións
As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante  instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Lalín. A instancia conterá, polo menos, nome e  apelidos do/a solicitante, enderezo, denominación do posto ao que opta, lugar e data e deberá  estar asinada. 

No Rexistro Xeral do Concello de Lalín facilitaráselles as persoas interesadas o modelo de  solicitude, que tamén se pode descargar na páxina web municipal (www.lalin.gal)

O prazo para presentar as solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do  día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de  Pontevedra (BOPPO), é dicir, ate o día 26/07/2022

A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Lalín, en  horario de 8.00 a 15.00 horas, por sede electrónica (http://lalin.sedelectronica.gal) , ou en  calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de  Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE núm. 236, de  02/10/2015). As solicitudes que se presenten a través da oficina de Correos, en virtude do  establecido no artigo 14 da Lei 43/2010, de 30 de decembro, do Servizo Postal Universal, dos  Dereitos dos Usuarios e do Mercado Postal (BOE núm. 318, de 31 de decembro de 2010)  deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo persoal funcionario de  Correos.

No caso de presentar a solicitude nun lugar distinto ao Rexistro Xeral do Concello de Lalín, ou  administración electrónica, o/a aspirante deberá remitir ao correo electrónico  emprego@lalin.gal unha copia da instancia co selo do Rexistro onde se presentou antes da  finalización do prazo de presentación de instancias.

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos

Cuestionario tipo test de 30 preguntas, con 4 respostas alternativas, sendo  só 1  delas correcta. Das 30 preguntas, 20 preguntas serán de carácter teórico  sobre as materias comprendidas no temario  e  as 10 preguntas restantes serán de carácter práctico sobre os contidos das  materias comprendidas na parte específica do temario. Tamén haberá que  responder a 5 preguntas de reserva. 

O cuestionario será determinado polo Tribunal  cualificador inmediatamente antes de celebrarse a proba.

EXERCICIO 2. Eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos

Consistirá na tradución directa ou inversa dun ou varios textos, en  castelán ou galego, 

Os textos serán elixidos  polo tribunal inmediatamente antes da realización da proba. Este exercicio será  cualificado como apto ou non apto, correspóndelle ao Tribunal a fixación do nivel de  coñecemento esixido para superar a proba.

Estarán exentas de  realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten dentro do prazo de  presentación de solicitudes estar en posesión do Celga 4 ou título equivalente  debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do  16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos  niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo),  modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro)

TEMARIO:
  1. A Constitución Española de 1978
  2. Código Civil
  3. Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil
  4. Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía para Galicia
  5. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local
  6. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das  Administracións Públicas.
  7. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
  8. Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
  9. Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. 
  10. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
  11. Regulamento U.E. 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación de estes datos e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. 
  12. Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
  13. Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de de Axuizamento Civil
  14. Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre os dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.
  15. Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia. Decreto 15/2010, do 4 de febreiro polo que Mse regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia,o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro. 
  16. Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia e Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que regulan os servizos sociais comunitarios básicos e o seu financiamento.
  17. Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia e Decreto 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia
  18. Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido de Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa inclusión social
  19. Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
  20. Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
  21. Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar
  22. Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Lalín
  23. O traballo social.
  24. O proceso de planificación no traballo social.
  25. O traballo social familiar
  26. A entrevista no traballo social
  27. O traballo social con casos.
  28. Colectivos específicos
  29. Colectivos específicos II

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: