Diseño del blog

O Concello de Ames publica as bases e convocatoria para 1 praza de técnico/a Secretaría

dic 14, 2022

O CONCELLO DE AMES PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE TÉCNICO/A SECRETARÍA

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española. 
  • Tamén poderán participar, como persoal funcionario, en igualdade de condicións que os españois, con excepción daqueles empregos públicos que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou na salvagarda dos intereses xerais do Estado e das Administracións públicas: 
  • Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea.
  • O cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os descendentes menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que sexan dependentes.
  • As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Os estranxeiros mencionados así como os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. 
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. En caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
  • Título universitario oficial de Graduado/a Licenciado/a Arquitecto/a Enxeñeiro/a ou equivalentes
  • Celga 4 ou equivalente (Se non se acredita o coñecemento da lingua galega, o aspirante deberá superar unha proba que poña de manifesto o coñecemento de galego no nivel esixido)


O plazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.


As taxas de examen ascenden a 26.91€


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Tempo: 150 minutos


Contestación dun cuestionario tipo test no que cada pregunta disporá de tres respostas alternativas das que unicamente unha será valida. As respostas en branco e as respostas erróneas non descontarán.


Consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test de 100 preguntas.


TEMARIO:

  1. Os interesados no procedemento. A capacidade de obrar e o concepto de interesado. Identificación e firma dos interesados no procedemento administrativo
  2. Da actividade das Administracións Públicas. Normas xerais de actuación. Termos e prazos. Obrigatoriedade de termos e prazos. Cómputo de prazos. Ampliación. Tramitación de urxencia.
  3. Os actos administrativos. Requisitos dos actos administrativos. Produción e contido. Motivación. Forma.
  4. Eficacia dos actos. Inderogabilidade singular. Executividade. Efectos.
  5. Notificación. Condicións xerais para a práctica das notificacións. Práctica das notificacións en papel. Práctica das notificacións a través de medios electrónicos. Notificación infrutuosa. Publicación. Indicación de notificacións e publicacións
  6. Nulidade e anulabilidade. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidade. Límites á extensión da nulidade ou anulabilidade dos actos. Conversión de actos viciados. Conservación de actos e trámites. Convalidación.
  7. Garantías do procedemento. Dereitos do interesado no procedemento administrativo.
  8. Iniciación do procedemento. Clases de iniciación. Información e actuacións previas. Medidas provisionais. Acumulación. Iniciación do procedemento de oficio pola administración. Inicio do procedemento a solicitude do interesado.
  9. Ordenación do procedemento. Expediente Administrativo. Impulso. Concentración de trámites. Cumprimento de trámites. Cuestións incidentais.
  10. Instrución do procedemento. Actos de instrución. Alegacións. Proba. Medios e período de proba. Práctica de proba. 
  11. Informes. Petición. Emisión de informes. Solicitude de informes e ditames nos procedementos de responsabilidade patrimonial. Participación dos interesados. Trámite de audiencia. Información pública.
  12. Finalización do procedemento. Resolución. Actuacións complementarias. Desistencia e renuncia. Caducidade
  13. Tramitación simplificada do procedemento administrativo común. Execución.
  14. Revisión dos actos en vía administrativa. Revisión de oficio. Revisión de disposicións e actos nulos. Recursos administrativos
  15. Principios da potestade sancionadora. Principio de legalidade. Irretroactividade. Principio de tipicidade. Responsabilidade. Principio de proporcionalidade. Prescrición. Concorrencia de sancións.
  16. Responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas. Principios da responsabilidade. Responsabilidade concorrente das Administracións Públicas. Indemnización. Responsabilidade de Dereito Privado.
  17. O municipio. Territorio e poboación. Organización. Competencias
  18. Os bens das entidades locais. Concepto e clasificación dos bens. Patrimonio das Entidades locais. Conservación e tutela de bens. Inventario e rexistro dos bens Administración
  19. Prerrogativas das Entidades locais respecto a os seus bens. A potestade de investigación. A potestade de deslinde. A potestade de recuperación de oficio. A potestade de desafiuzamento administrativo.
  20. Goce e aproveitamento dos bens. Utilización dos bens de dominio público. Utilización dos bens patrimoniais. Aproveitamento e goce dos bens comunais. Alleamento
  21. Lei do Solo de Galicia: Intervención na edificación e uso do chan. Títulos habilitantes de natureza urbanística. Licenzas urbanísticas e comunicacións previas. 
  22. Procedemento de outorgamento de licenzas. Prelación de licenzas e outros títulos administrativos. Caducidade das licenzas
  23. Protección da legalidade urbanística. Obras e usos sen título habilitante en curso de execución. Obras terminadas sen título habilitante. Suspensión e revisión de licenzas. Protección da legalidade en zonas verdes, espazos libres, viarios, dotacións e equipamentos públicos. Protección da legalidade no chan rústico.
  24. Contratos do sector público. Delimitación dos tipos contractuais. Contrato de obras. Contrato de concesión de obras. Contrato de concesión de servizos. Contrato de subministración. Contrato de servizos. Contratos mixtos.
  25. A xurisdición contencioso administrativa. Obxecto do recurso contencioso-administrativo. Actividade administrativa impugnable. Pretensións das partes. Acumulación. Contía do recurso
  26. Persoal ao servizo das Administracións Públicas. Clases de persoal. Concepto e clases de empregados públicos. Funcionarios de carreira. Funcionarios interinos. Persoal laboral. Persoal eventual. Persoal directivo
  27. Acceso ao emprego público e adquisición da relación de servizo Principios reitores. Órganos de selección. Sistemas selectivos. Adquisición da condición de funcionario de carreira.
  28. Causas de perda da condición de funcionario de carreira. Renuncia. Perda da nacionalidade. Pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargo público. Xubilación. Rehabilitación da condición de funcionario.
  29. Situacións administrativas do persoal ao servizo das Administracións Públicas. Situacións administrativas dos funcionarios de carreira. Servizo activo. Servizos especiais. Servizo noutras Administracións Públicas. Excedencia. Suspensión de funcións. Reingreso ao servizo activo. Situacións do persoal laboral.
  30. Planificación de recursos humanos. Obxectivos e instrumentos da planificación. Oferta de emprego público. Rexistros de persoal e Xestión integrada de recursos humanos.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: