Diseño del blog

O Concello de Muros publica as bases e a convocatoria para 1 praza de auxiliar de axuda no fogar

dic 12, 2022

O CONCELLO DE MUROS PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza a estabilizar.
  • Non estar separada mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionariado no que estivese separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Posuír ou estar en condicións de obter as seguintes titulacións ou equivalente:
  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, equivalente ou superior. 
  • Técnico/a en atención a persoas en situación de dependencia.
  • Técnico/a de atención sociosanitaria. 
  • Técnico Superior en Integración Social
  • Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio. 
  • Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou equivalente (BOE no 274 de 16/11/2015).
  • Ter solicitado algún dos dous anteriores certificados de profesionalidade e cumprir os requisitos para obtelo. 
  • Calquera outra habilitación prevista no acordo de 19 de outubro de 2017, polo que se modifica parcialmente o Acordo do Consello territorial do Sistema para a Autonomía e Atención a Dependencia de 27 de novembro de 2008, sobre criterios comúns de acreditación para garantir a calidade dos centros e servizos do Sistema para a Autonomía e Atención a Dependencia, modificado polo Acordo de 7 de outubro de 2015. (Resolución de 2 de decembro de 2008, da Secretaría de Estado de Política Social, Familias e Atención a Dependencia e a Discapacidade e Resolución de 3 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade)
  • Estar en posesión do CELGA 1. As persoas aspirantes que non estean en posesión do correspondente título deberan realizar unha proba eliminatoria acreditativa do coñecemento da lingua galega de acordo coa base terceira das bases xerais


As persoas que desexen tomar parte no proceso de estabilización de emprego temporal de do Concello do Concello de Muros, deberán achegar a súa solicitude debidamente cuberta durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE


PROCESO SELECTIVO

EJERCICIO ÚNICO

NON eliminatorio

Tempo: 1 hora


Proba de coñecementos referidas ao temario anexo á convocatoria das bases específicas.


A proba consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test de 20 preguntas, máis 5 preguntas de reserva, con 3 alternativas de resposta, sendo só unha delas correcta, en relación ao contido total do temario anexo á convocatoria das bases específicas. As respostas erróneas ou en branco non penalizan


TEMARIO:

  1. Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar. A Ordenanza Municipal reguladora do servizo de axuda no fogar de Muros. 
  2. Características e necesidades de atención hixiénico-sanitarias das persoas dependentes. Administración de alimentación e tratamentos a persoas dependentes en domicilio. 
  3. Mellora das capacidades físicas e primeiros auxilios para persoas dependentes en domicilio. Mantemento e rehabilitación psicosocial das persoas dependentes en domicilio. 
  4. Interrelación, comunicación e observación coas persoas dependentes e o seu entorno. 
  5. Apoio as xestións cotiás das persoas dependentes. Xestión, aprovisionamento e cociña nas unidades familiares de persoas dependentes. Mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas dependentes. 
  6.  A mobilización dos enfermos: Pautas xerais. Movementos a realizar.
  7. A prevención de accidentes: Caídas. Queimaduras. Intoxicacións. Electrocución. Atragoarse. Pequenas feridas.
  8. Toponimia do Concello de Muros

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: