Diseño del blog

O Concello de As Nogais publica as bases e convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de Auxiliar de Axuda no Fogar

oct 18, 2022

O CONCELLO DE AS NOGAIS PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real DecretoLexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. 
  • As persoas que posúan nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea.
  • As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito. 
  • As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.
  • As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a librecirculación de traballadore
  • Ter capacidade para ser contratado/a conforme ao disposto no Estatuto dos Traballadores. 
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que impida ou sexa compatible co normal desempeño das funcións correspondentes ás prazas obxecto da convocatoria. 
  • Non ter sido despedido/a ou separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a asanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. 
  • Non atoparse incurso/a nas causas de incompatibilidade ou incapacidade que determine a lexislación vixente.
  • Estar en posesión de carné de conducir B e dispoñibilidade de vehículo ou compromiso de posibilidade de desprazarse ao centro de traballo. As persoas candidatas ao proceso de selección deberán dispor de medios propios para desprazarse aos diferentes lugares do termo municipal onde se deban desenvolver as tarefas relacionadas co traballo por entender que garda relación obxectiva e proporcionada coas funcións asumidas e as tarefas a desempeñar segundo a natureza do posto de traballo (art. 56.3 do EBEP).
  • Terán preferencia as persoas que estean en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade dafamilia profesional de servizos socioculturais e á comunidade, ou aqueles outros títulos que acrediten a cualificación profesional do persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar segundo a normativa vixente.


As persoas interesadas en formar parte deste proceso selectivo presentarán a súa instancia no modelo que aparece no Anexo I das bases, facendo constar que reúnen todos os requisitos sinalados nestas bases e dirixiranse á Alcaldía do Concello de As Nogais. Presentaranse debidamente cubertas, no Rexistro Xeral do Concello de As Nogais ou mediante algunha das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas no prazo de cinco días hábiles dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día fose sábado, domingo ou festivo o prazo rematará o día hábil seguinte é dicir, ate o día 24/10/2022


PROCESO SELECTIVO:

Tempo: 30 minutos


Consistirá nun exercicio de 10 preguntas tipo test, que versará sobre aspectos de coñecementos xerais sobre o funcionamento dun concello, procedemento administrativo así como sobre coñecementos específicos en relación as funcións a desenvolver no posto de traballo, segundo o temario 


TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978. Principios xerais e valores que a inspiran. Principais institucións políticas. Dereitos e deberes fundamentais.
  2. O réxime local español. O municipio. Organización básica municipal. Competencias dos municipios. 
  3. Dereitos e deberes dos empregados públicos. 
  4. Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia. Obxecto. Sistema galego de Servizos Sociais.
  5. Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o Servizo de Axuda no Fogar.
  6. Ordenanza municipal do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de As Nogais.
  7. Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atenciónas persoas en situación de dependencia. Concepto de dependencia, graos e niveis.
  8. Termo municipal de As Nogais: parroquias, lugares e vías de comunicación. Servizos existentes no municipio, en especial de carácter sanitario.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: