Diseño del blog

O Concello de Catoira publica as bases e convocatoria para 1 praza de persoal de servizos xerais

oct 18, 2022

O CONCELLO DE CATOIRA PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS.

FUNCIÓNS:

  • Colaboración na conservación e mantemento das distintas dependencias municipais, especialmente as destinadas ás actividades sociais, culturais e deportivas
  • Colaboración na programación, organización e desenvolvemento de actividades sociais, culturais e deportivas.
  • Apertura e peche de instalacións municipais, especialmente as destinadas ás actividades sociais, culturais e deportivas
  • Colaboración na conservación e mantemento de equipos informáticos municipais e instalación de sofware.
  • Conservación e mantemento de equipamento cultural e deportivo
  • Xestión de redes sociais.
  • Xestión e actualización da web municipal.
  • Soporte técnico en espectáculos culturais no auditorio municipal.
  • Colaboración na xestión de reservas de locais públicos
  •  Colaboración na reparación e mantemento de equipos no CACTO
  • Organización de reunións / protocolo / axenda autoridades
  • Xestión e proposta de adquisición de suministros de limpeza e outras.
  • Pesaxe e envío de paquetería.
  • Elaboración de listados de destinatarios de correo
  • Xestión de patrocinios culturais
  • Colaboración e apoio loxístico na biblioteca municipal.
  • Xestión e apoio loxístico de CCTV e cámaras de seguridade.
  • Documentación e catalogación gráfica de actos públicos.
  • Xestión e resolución de incidencias no servizo telefónico.


REQUISITOS E SOLICITUDES:

  •  Ter a nacionalidade española, ou atoparse comprendido no eido do disposto nos artigos 57 do devandito Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, e 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
  • Ter cumpridos os dezaseis (16) anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión do título de Certificado de Escolaridade ou equivalente, conforme ao esixido no artigo 169.2.d) do Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas de persoal de servizos varios, non padecer ningunha enfermidade nin estar afectada por ningunha limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións
  • Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Estar en posesión, como mínimo, do permiso de conducir clase B, ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias, e estar disposto/a a conducir vehículos desa categoría do xeito que lle sexa requirido para o desempeño do seu traballo.
  • Estar en posesión do CELGA 1, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias.
  • Ter aboado os dereitos de exame por importe de 10 euros, que deberá efectuarse mediante ingreso na conta do Concello núm. ES04 2080 5109 0530 4000 1239.


As persoas que, cumprindo os requisitos sinalados, desexen tomar parte no proceso selectivo, deberán facelo constar mediante instancia/solicitude de participación que se axustará ao modelo que figura como Anexo I da convocatoria, e deberá presentarse no prazo de VINTE (20) DÍAS NATURAIS contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (en adiante, BOP), no taboleiro de anuncios do Concello de Catoira e na páxina web do concello. O anuncio da convocatoria tamén se publicará, mediante extracto, no Diario Oficial de Galicia


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 30 minutos


Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario, tipo test, de 30 preguntas, con 4 respostas alternativas, baseadas no contido do programa da convocatoria


EXERCICIO 2 .

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 10 minutos


Os/as aspirantes que non demostren o coñecemento da lingua galega a través do correspondente certificado (Celga 1 ou equivalente) terán que realizar obligatoriamente unha proba específica que demostre tal coñecemento, consistente nunha tradución do castelán ao galego, sen axuda de dicionario, dun texto elixido polo tribunal 


TEMARIO:

  1. A Constitución de 1978. Principios básicos e estrutura. Dereitos e deberes fundamentais da cidadanía española.
  2. Dereitos e Deberes fundamentais dos españois. Garantía e suspensión.
  3. O Estatuto de Autonomía de Galicia: principios xerais e análise do seu contido.
  4. O Parlamento de Galicia. O Valedor do Pobo
  5. A Xunta de Galicia e o seu Presidente. A Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia
  6. O Réxime Local español. O municipio. Concepto e elementos. Competencias e servizos mínimos obrigatorios. O termo municipal. A poboación.
  7. O/A Alcalde/sa, o Pleno e a Xunta de Goberno Local. Composición e competencias
  8. Funcionamento dos órganos colexiados locais: réxime de sesións e acordos. As resolución do Presidente da Corporación
  9. O Rexistro de entrada e saída de documentos: requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
  10. O persoal ao servizo da administración local. Clases. Réxime Xurídico.
  11. Réxime disciplinario do persoal ao servizo da administración local. Situacións administrativas. Incompatibilidades.
  12. Nocións sobre o procedemento administrativo. Fases: iniciación, ordenación, instrución e terminación. O silencio administrativo.
  13. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Motivación, notificación e publicación
  14. Nocións sobre a revisión dos actos administrativos. Revisión de oficio. Os distintos recursos administrativos.
  15. Nocións xerais sobre os Orzamentos municipais e o gasto público local.
  16. Nocións xenéricas sobre as redes sociais máis utilizadas. Uso das mesmas. Mantemento.
  17. Nocións xerais sobre ofimática. Equipos informáticos. Conservación e mantemento.
  18. Soporte técnico en actividades culturais. Equipos audiovisuais, a súa conservación e mantemento.
  19. O correo electrónico, xestión e mantemento. Xestión e actualización da páxina web municipal.
  20. A Administración Electrónica: o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. A sede electrónica

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: