Diseño del blog

O Concello de Betanzos publica as bases e a convocatoria para unha bolsa de traballadores/as sociais

oct 04, 2022

O CONCELLO DE BETANZOS PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TRABALLADORES/AS SOCIAIS

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados aos que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente, ademais, consonte co disposto pola Lei 17/1993, do 23 de decembro; así como no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico del Empregado Público, tamén poderán acceder á praza os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias, do título de diplomatura universitaria ou grao en traballo social. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega, Celga 4. De non acreditarse o coñecemento do galego por esta vía, realizarase unha proba de galego que determinará o tribunal cualificador, esta proba terá carácter obrigatorio e eliminatorio. Este exercicio será cualificado como APTO ou NON APTO (artigo 51 da Lei de emprego público de Galicia 2/2015 de 29 de abril).
  • Non padecer enfermidade nin eiva física o psíquica que impida o dificulte o desempeño das correspondentes funcións.  
  • Non atoparse separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas e dos órganos constitucionais ou estatutarios das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  •  Contar coa capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que aspira, sen que se padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas
  • Non estar afectado ou afectada por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas
  • Estar en posesión do/s permiso/s/licencias de condución B
  • Certificación negativa de delitos sexuais de acordo co disposto no artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código Civil e da Lei de Enxuízamento Civil


As solicitudes dirixiranse a Sra. Alcaldesa-Presidenta da Corporación Municipal, e presentaranse preferiblemente por medios electrónicos mediante a sede electrónica do Concello de Betanzos, no prazo de DEZ (10) días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria, e das presentes bases no BOP de A Coruña. Poderán presentarse en calquera das formas determinadas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, é dicir, ate o día 18/10/2022


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 60 minutos.


Este exercicio consistirá na realización por escrito dun test de 60 preguntas que comprenda a parte xeral e a parte específica


EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 30 minutos.


Tal e como establece o art. 51 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego na Administración pública de Galicia e para garantir os dereitos das administradas e administrados ao uso do galego nas relacións coa Administración pública no ámbito da comunidade autónoma, e a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, que determina o artigo 6.3º da Lei de normalización lingüística, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades locais de Galicia incluirase un exame de galego, agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente


Quedarán exentos da realización deste aqueles aspirantes que acrediten a titulación de nivel Celga 4, curso de perfeccionamento da lingua galega ou equivalente. 


Consistirá na tradución escrita (sen apoio documental, dicionario, etc.) de castelán ao galego normativo, dun texto facilitado polo Tribunal. 


TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978.
  2. O Estatuto de Autonomía de Galicia. 
  3. A Lei
  4. O acto administrativo
  5. O procedemento administrativo
  6. Finalización do procedemento
  7. Os recursos administrativos.
  8. O municipio.
  9. A organización municipal.
  10. O RDLex. 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto básico do empregado público. 
  11. Dereitos e deberes do funcionariado local.
  12. O Orzamento xeral das Entidades Locais.
  13. Calidade dos datos. 
  14. A acción social.
  15. O Sistema Galego de Servizos Sociais.
  16. Estrutura do Sistema de Servizos Sociais. 
  17. O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
  18. A prestación dos servizos sociais.
  19. Mecanismos de control e garantía pública do Sistema Galego de Servizos Sociais.
  20. O Servizo de axuda no fogar. 
  21. Obxecto, definición e principios fundamentais da lei de promoción de autonomía persoal e atención á dependencia.
  22. Configuración do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia. 
  23. Prestacións e catálogo de servizos de atención do Sistema para a autonomía e atención á dependencia.
  24. Graos de dependencia e valoración.
  25. Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
  26. O papel do/a traballador/a social na atención á muller no ámbito municipal. 
  27. As persoas maiores
  28. As persoas con diversidade funcional.
  29. Migracións. 
  30. Fundamentos, principios e funcións do traballo socia
  31. Niveis de intervención en traballo social.
  32. Proceso metodolóxico
  33. Técnicas en traballo social
  34. Deontoloxía e ética profesional.
  35. As necesidades sociais.
  36. O/A traballador/a social como membro dun equipo interdisciplinar:

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: