Diseño del blog

O Concello de Noia aprobou as bases e convocatoriapara o procedemento de selección dun posto de traballo de limpeza de edificios

oct 03, 2022

O CONCELLO DE NOIA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE LIMPADOR/A DE EDIFICIOS

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter cumpridos os dezaseis (16) anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.
  • Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.
  • Tamén reunirán este requisito a ou o cónxuxe de española ou español ou de persoa nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores desa idade dependentes, e as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras e traballadores nos termos establecidos na normativa vixente.
  • Non haber sido condenado por sentencia firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. A tal efecto, deberá acreditarse esta circunstancia mediante a presentación dunha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais.
  • star en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Certificado de escolaridade, Certificado de estudos primarios, Graduado Escolar, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), titulación superior, ou equivalente.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas atribuídas ao posto de traballo. 
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No suposto de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. 
  • Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
  • Estar en posesión do certificado de lingua galega 2 (CELGA 2), curso de iniciación á lingua galega, ou do curso de aptitude equivalente ou ben a validación correspondente

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo no Boletín Oficial do Estado. Se o prazo expirase en día inhábil, entenderase prorrogado o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.
A non presentación da solicitude en tempo e forma suporá a inadmisión do aspirante ao proceso selectivo.
PROCESO SELECTIVO EXERCICIO 1.-  Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 45 miutos
Consistirá na realización dun exercicio tipo test, cun máximo de 20 preguntas, con 3 respostas alternativas, das que só unha delas será a correcta. 
EXERCICIO 2.-  Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 15 minutos
Esta proba constará de 10 preguntas, que consistirán na contestación a un cuestionario tipo test con 4 respostas alternativas das que só unha será a correcta
Quedarán exentos aqueles aspirantes que arediten estar en posesión da titulación CELGA II ou equivalente
FORMACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO Todas as persoas que superen o proceso selectivo serán incluídas nunha bolsa de emprego para as futuras contratacións en razón ás necesidades de servizo que poidan xurdir.
A/s relación/s xurídica/s serán formalizadas na modalidade de contrato laboral temporal de substitución 
Por decreto do órgano competente, a proposta do Tribunal cualificador, aprobarase a constitución da bolsa de emprego coas persoas concursantes que superaron o proceso selectivo, clasificadas por orde de maior a menor puntuación. 
Con carácter previo ao chamamento, o órgano competente, mediando previo informe da existencia de crédito emitido pola Intervención Municipal, fixará o número de persoas ás que se lles realizará a oferta da contratación, con expresión das principais características da futura relación laborial, principalmente a tipoloxía, duración e porcentaxe da xornada. 
O chamamento para a contratación como persoal laboral temporal efectuarase seguindo a orde de puntuación establecida na bolsa de emprego, de xeito que, cando concorran as circunstancias que o fagan necesaria para a cobertura dun servizo, ofertaráselle o posto de emprego á/ao primeira/o aspirante da lista.
No caso de que algunha das persoas que integran a lista dispoña transitoriamente dun contrato de traballo, poderá, de ser do seu interese, comunicar esta circunstancia por escrito (a través da sede electrónica ou o Rexistro municipal) ao Concello de Noia, pasando á situación de reserva na bolsa e debendo comunicar ao Concello pola mesma vía no seu caso a reincorporación á lista. Respectarase en todo caso o lugar na lista que lle corresponda á persoa candidata. Mentres se manteña nesta situación de reserva, e non presente solicitude de reincorporación á lista, non se lle farán chamamentos por parte do Concello de Noia.
TEMARIO :
  1. Organización do traballo. 
  2. Conceptos xerais sobre sistemas de limpeza.
  3. Utensilios de limpeza. I
  4. Utensilios de limpeza. II
  5. Produtos de limpeza
  6. A limpeza das dependencias
  7. A seguridade e hixiene no traballo.
  8. Primeiros auxilios en caso de accidentes de traballo

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: