O Concello de Caldas de Reis publica as bases e convocatoria para cubrir 1 praza de Aux. Administrativo/a

3 de octubre de 2022

O CONCELLO DE CALDAS DE REIS PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA CUBRIR 1 PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea, nos termos previstos nos arts. 56 e 57 do TREBEP e 50 e seguintes da LFPG. Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea poderán acceder, como persoal funcionario, en igualdade de condiciones que os españois aos empregos públicos, así como as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, nos termos establecidos no apartado 1 do artigo 57 do TREBEP
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar as/os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes
  • Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade de xubilación prevista na normativa vixente.
  • Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado/a para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
  • Estar en posesión ou en condición de obter, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, o titulo de graduado en ESO, FP1 ou equivalente. As equivalencias deberán de acreditarse polos aspirantes
  • Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do titulo, mediante certificado expedido polo organismo competente para establecelas. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea



A solicitude de participación no procedemento selectivo realizarase, de forma preferente, por medios electrónicos, a través do formulario dispoñible na sede electrónica do concello de Caldas de Reis
O prazo de presentación de solicitudes é de cinco (5) días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, é dicir, ate o día 10/10/2022
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1.
Consistirá na resolución escrita de dous supostos prácticos propostos polo tribunal, relacionados co temario, tendente a acreditar os coñecementos do aspirante en relación coas funcións e habilidades propias da categoría de AUXILIAR ADMINISTRATIVO
PROBA DE LINGUA GALEGA:
Os aspirantes que non acrediten estar en posesión do titulo CELGA III ou equivalente, deberán facer unha proba eliminatoria que se valorará co resultado de apto ou non apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para acadar o resultado de apto
A proba consistirá na tradución directa ou inversa dun texto, en castelán ou galego, nun tempo máximo de 30 minutos
TEMARIO :

  1. A Constitución Española de 1978
  2. A organización municipal
  3. O persoal o servizo das Entidades Locais
  4. Os actos Administrativos
  5. O  procedemento administrativo
  6. O rexistro de documentos
  7. O procedemento electrónico
  8. A contratación pública
  9. A protección de datos de carácter persoal
  10. A transparencia e o acceso á información nas Entidades Locais 

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora