Diseño del blog

O Concello de Campo Lameiro publica as bases e convocatoria para 2 prazas de auxiliar administrativo/a e creación de bolsa de emprego

oct 13, 2022

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 2 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A (Interinidade) E CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ao emprego público, conforme aos artigos 56 e 57 do TREBEP e ao art.52 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia. 
  • Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais e funcións correspondentes ao posto de traballo para o que se opta, que deberán acreditarse mediante a presentación de certificado médico ou informe médico.
  • Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa (requisito que deberá acreditarse coa presentación de copia do Documento Nacional de Identidade). 
  • Declaración de non haber sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración Pública, nin atoparse en inhabilitación para o exercicio da función pública por sentenza firme. 
  • Declaración de non estar incurso en causas de incompatibilidades de conformidade có disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas
  • Titulación: o requisito mínimo de auxiliar administrativo, será ter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente (artigo 42 da Lei 2/2015, do 29deabril,de emprego público en Galicia. Dito requisito deberá acreditarse mediante a presentación da copia do título
  • Segundo o artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para darlle cumprimento á normalización do idioma galego na administración pública, incluirase un exame de galego, agás para aqueles aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme á normativa vixente, mediante a presentación do certificado Celga 3 ou equivalente, como mínimo. (Requisito que deberá acreditar coa presentación da copia do mesmo)


As instancias, xunto co resto da documentación mínima que os aspirantes deben presentar solicitando participar no proceso selectivo presentarase no modelo ANEXO II das bases, dirixiranse ao alcalde da corporación, e se presentaran no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, ate o día 20/10/2022


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Obligatorio e eliminatorio


Consistira na resolución dun cuestionario tipo test, de 40 preguntas (mais 5 de reserva) con respostas alternativas, onde de 4 opcións soamente 1 será correcta. 


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 30 minutos


Consistirá no desenvolvemento por escrito de 2 cuestións plantexadas, onde se valorará o coñecemento do mesmo, así como a claridade e estrutura.


EXERCICIO 3.

Obrigatorio e eliminatorio


Consistirá na resolución dun caso práctico durante unha proba oral de forma individual, onde se valorará a capacidade de atención á veciñanza e o coñecemento da organización municipal.


EXERCICIO 4.


Consistirá na realización dunha proba de coñecemento de galego


Os aspirantes que acrediten o coñecemento de galego a través do Celga 3 ou superior estarán exentos da súa realización, obtendo a máxima puntuación


FORMACIÓN E FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE INTERINOS:

Terá vixencia ata que se derogue expresamente. 


As persoas integrantes da lista de reserva non perderán a orde de prelación que en cada momento lles corresponda, de tal maneira que, se son nomeados/as, unha vez rematada a cobertura, retornará ao posto que lle correspondía na lista. 


O chamamento farase por vía telefónica. En aras de garantir este procedemento, os/as interesados/as deberán comunicar ao Concello calquera alteración dos seus datos de contacto. Como mínimo realizaranse dúas chamadas. O/a empregado/a público/a que realice o chamamento o fará constar mediante dilixencia indicando a disposición ou non do/a aspirante a cubrir interinamente a praza que corresponda, ou ben da imposibilidade de contactar con el/ela se se dera o caso, con independencia de que se intente a comunicación por outro medio. De non atender ao chamamento entenderase que o/a aspirante non ten disposición de cubrir interinamente a praza


Unha vez feito o chamamento o/a aspirante contará cun prazo de dous días hábiles para contestar e aceptar, debendo presentar nese prazo unha declaración xurada de non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme, así como fotocopia da cartilla de S.S., certificado de n..º de conta bancaria (IBAN), e informe médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que ten a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas de auxiliar administrativo/a. 


De non aceptar o nomeamento deberá manifestalo por escrito, e pasarase a chamar ó/á seguinte aspirante da bolsa. Se se negara a manifestalo por escrito, bastará coa dilixencia do/a funcionario/a que fixera a chamada telefónica. 


O/a aspirante que rexeite o nomeamento pasará a ocupar o último lugar da lista de aspirantes, salvo que poida acreditar causa xustificada, en cuxo caso retornará ao posto que lle corresponda na bolsa creada. A segunda vez que o rexeitara sen causa xustificada será excluído/a desta lista de reserva mediante resolución da Alcaldía.



TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978: estrutura e contido. 
  2. A organización territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autónomas: sistema de distribución de competencias. A Administración Local na Constitución. 
  3. O Estatuto de Autonomía de Galicia: características e contido.
  4. O acto administrativo. Concepto, clases e elementos. A eficacia dos actos administrativos. O principio de autotutela declarativa. A notificación: contido, prazo e práctica. A publicación.
  5. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Os interesados no procedemento administrativo. O procedemento administrativo: concepto e clases. Os principios xerais do procedemento administrativo. As normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días hábiles e cómputo de prazos. A recepción e rexistro de documentos. 
  6. Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo. Os recursos administrativos: concepto e clases. A executoriedade dos actos administrativos. A execución forzosa. Medios de execución forzosa.
  7. A invalidez do acto administrativo. Actos supostos de nulidade de pleno dereito e de anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposicións pola propia Administración. A acción de nulidade, procedemento, límites. Efectos. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais e de feito.
  8. Os órganos administrativos. Competencias. Funcionamento dos órganos colexiados. Abstención e recusación. Funcionamento electrónico do sector público
  9. O municipio: concepto, elementos e competencias. O termo municipal. A poboación municipal. O Padrón de habitantes. O estatuto dos veciños. 
  10. Competencias propias, compartidas e delegadas. Os servizos mínimos. A reserva de servizos
  11. A organización municipal. Órganos necesarios e órganos complementarios. O Pleno. O Alcalde. Os tenentes de Alcalde. A Xunta de Goberno Local. Competencias de cada un deles. A participación dos veciños na xestión municipal. Réximes especiais.
  12. A potestade regulamentaria local. Ordenanzas e Regulamentos. Definición. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Ordenanzas e Regulamentos do concello da Campo Lameiro.
  13. Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. O Rexistro de documentos. 
  14. Os contratos do sector público. Delimitación dos tipos contractuais. Os contratos menores. Remisión de información a efectos estatísticos e de fiscalización. Órganos de contratación nas Entidades Locais. O perfil de contratante. Preparación dos contratos. Selección do contratista e adxudicación dos contratos. Efectos, cumprimento e extinción dos contratos administrativos. Os Rexistros oficiais de licitadores de empresas clasificadas. O Rexistro de Contratos do Sector Público.
  15. Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público.
  16. O orzamento das entidades locais. Elaboración e aprobación. Principios orzamentarios. 
  17. As facendas locais: Recursos. impostos, taxas e contribucións especiais. Outros ingresos. Ordenanzas fiscais do Concello da Campo Lameiro
  18. A actividade en materia de subvencións das Entidades Locais: Regulación. Procedementos de concesión de subvencións. Beneficiarios de subvencións. Xustificación de subvencións. Infraccións e sancións en materia de subvencións.
  19. O persoal ao servizo das Corporacións Locais: Clases e réxime xurídico. A xestión dos recursos humanos. Selección, formación e avaliación de recursos humanos no ámbito local Instrumentos da planificación de recursos humanos. 
  20. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Retribucións. Licencias e permisos. Dereitos sindicais e de representación. Responsabilidade. Incompatibilidade. Réxime disciplinario
  21. Os Servizos Sociais Municipais. Competencia, Regulacións e Funcionamento.
  22. Títulos habilitantes de natureza urbanística: licencias e comunicacións previas. Procedemento para o outorgamento de licencias. Procedemento de tramitación das comunicacións previas. Protección da legalidade urbanística. 
  23. Regulamento de actuación e funcionamento do Sector Público por medios electrónicos

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: