Diseño del blog

O Concello de Vilasantar publica as bases e convocatoria para 2 prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar

oct 11, 2022

O CONCELLO DE VILASANTAR PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE 2 PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

FUNCIÓNS E TAREFAS:

As prazas convocadas son de auxiliar de axuda no fogar para a atención de persoas maiores con déficits de autonomía ou dependentes, persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores en que se observe necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo, e aquelas unidades de convivencia que tras unha valoración técnica corresponda como recurso idóneo de atención. As tarefas a desenvolver polas auxiliares serán as de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, doméstico e atencións psicosociais e educativas a desenvolver nos domicilios asignados.


REQUISITOS:

  • Estar en posesión da titulación de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulada no Real Decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención  sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia de profesional de servizos socioculturais e a comunidade. 
  • Celga 2: estar en posesión, ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, do CELGA 2, ou acreditación do coñecemento da lingua galega equivalente. As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 2 ou equivalente deberán superar unha proba oral que acredite a capacidade de comunicación en galego coa cidadanía.


PROCESO SELECTIVO:

Consistirá na realización dunha proba tipo test, elaborado polo tribunal en relación as funcións a desempeñar directamente no posto de traballo.


A dita proba terá como obxecto a demostración pola persoa aspirante das habilitades propias do perfil ao que se opta.


O exercicio consistirá nunha proba escrita tipo test, con 50 preguntas, con catro respostas alternativas das que só unha será a correcta. As preguntas non contestadas ou contestadas incorrectamente non restarán.


TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978. Título I. Dos dereitos e deberes fundamentais.
  2. O municipio de Vilasantar: Poboación e termo municipal. Organización municipal específica no Concello de Vilasantar: Pleno, Alcalde e Xunta de Goberno Local, Tenente/s de Alcalde, concelleiros e outros órganos complementarios
  3. A mobilización, administración de alimentación e tratamentos, necesidades de atención hixiénico- sanitarias e mantemento, limpeza e organización do domicilio do persoal usuario do servizo de axuda no fogar.
  4. Ordenanza Municipal reguladora do servizo de axuda no fogar de Vilasantar 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: