Diseño del blog

O Concello de Curtis publica as bases e convocatoria para unha bolsa de emprego de Auxiliar Administrativo/a

sept 22, 2022

O CONCELLO DE CURTIS PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE LISTAXE DE CONTRATACIÓN PARA AUXILIAR ADMINISTRATIVO

Instrución do procedemento común.REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ao emprego público, conforme aos artigos 56 e 57 do TREBEP e ao art. 52 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia
  • Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais e funcións correspondentes ao posto de traballo para o que se opta, que deberán acreditarse mediante a presentación de certificado médico ou informe médico
  • Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa (requisito que deberá acreditarse coa presentación de copia do Documento Nacional de Identidade).
  • Declaración de non haber sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración Pública, nin atoparse en inhabilitación para o exercicio da función pública por sentenza firme
  • Declaración de non estar incurso en causas de incompatibilidades de conformidade có disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente. No caso de equivalencia ou homologación de titulacións deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas.
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, do CELGA 3 ou acreditación do coñecemento de lingua galega equivalente.A dita acreditación do coñecemento de lingua galega realizarase de conformidade ao previsto na normativa de aplicación; con arranxo ao Sistema de Certificación de Lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (nos termos do previsto na Orde de 16 de xullo de 2007, e Orde de 10 de febreiro de 2014, que modifica a anterior, ao respecto dos certificados oficiais acreditativos dos niveles de coñecemento de lingua galega)

As instancias, xunto co resto da documentación mínima que os aspirantes deben presentar solicitando participar no proceso selectivo presentarase no modelo ANEXO II das bases, dirixiranse ao alcalde da corporación, e se presentaran no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, é dicir ate o 05/10/2022. As bases serán expostas no taboleiro municipal e serán publicadas na páxina web do Concello e na sede electrónica
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Consistirá na realización dun test de 50 preguntas mais 6 de reserva con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta
EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Consistirá en contestar por escrito  á/ás pregunta/s teóricas e/ou exercicio/s prácticos plantexados polo tribunal sobre o contido do programa e as funcións propias de administrativo de administración xeral.
Neste exercicio avaliarase a formación xeral e académica, a claridade, a orde das ideas, a facilidade de exposición escrita, a capacidade de síntese e a linguaxe administrativa
EXERCICIO 3. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos
En aplicación do previsto no artigo 51.2 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia respecto da acreditación do galego, aquelas persoas que non acrediten coñecementos en lingua galega (CELGA 3 ou equivalente) terán unha proba de galego que consistirá na tradución sen dicionario dun texto proposto previamente polo tribunal, de castelán ó galego
Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que acrediten, coa presentación da instancia, estar en posesión do CELGA 3 ou equivalente
TEMARIO :
  1. A Constitución Española de 1978. 
  2. A organización territorial do Estado.
  3. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas
  4. Dereitos das persoas nas súas relacións coas Administracións Públicas.
  5. Obrigación de resolver. Suspensión do prazo máximo para resolver. Ampliación do prazo máximo para resolver e notificar. Silencio administrativo nos procedementos iniciados a solicitude do interesado. Falta de resolución expresa nos procedementos iniciados de oficio.
  6. Obrigatoriedade de termos e prazos. 
  7. Requisitos dos actos administrativos
  8. Dereitos do interesado non procedemento administrativo común e nos procedementos administrativos de natureza sancionadora
  9.  Clases de iniciación do procedemento.
  10. Ordenación do procedemento.
  11. Instrución do procedemento común.
  12. Especialidades nos procedementos de natureza sancionadora e de responsabilidade patrimonial
  13.  Execución. Título. Executoriedade. Execución forzosa. Medios de execución forzosa. 
  14. Revisión de oficio. Revisión de disposicións e actos nulos. Declaración de lesividade de actos anulables. Suspensión. Revogación de actos e rectificación de erros. Límites dá revisión.
  15. Recursos administrativos
  16. Interposición de recurso
  17. Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime xurídico do sector público.
  18.  Órganos administrativos.
  19. Responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas
  20.  Regulación dos convenios administrativos.
  21. O municipio
  22. As competencias municipais
  23.  A potestade regulamentaria das entidades locais. 
  24. As autorizacións administrativas
  25. O orzamento xeral das entidades locais
  26. A estrutura orzamentaria.
  27. A liquidación do orzamento
  28. Os recursos das facendas locais.
  29. O imposto sobre bens inmobles.
  30. Actividade subvencional das Administracións públicas
  31.  Contratación pública.
  32. Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. 
  33. A tesouraría das entidades locais. 
  34. A planificación financeira. 
  35. A contabilidade das entidades locais e os seus organismos autónomos
  36. A conta xeral das entidades locais
  37. O control interno da actividade económico-financeira das entidades locais e os seus entes dependentes.
  38. Os controis financeiro, de eficacia e de eficiencia
  39. O persoal ao servizo das Corporacións Locais
  40. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: