Diseño del blog

O Concello de Boborás publica as bases e a convocatoria para unha praza para realizar tarefas de orientación laboral

sept 22, 2022

O CONCELLO DE BOBORÁS PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA UNHA PRAZA DE PERSOAL TÉCNICO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE ORIENTACIÓN LABORAL

FUNCIÓNS DO POSTO:
  • Diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional da persoa demandante de emprego: comprenderá a atención específica a esta co obxecto de identificar, coa participación e compromiso da persoa demandante, os seus recursos para o emprego, compostos polas súas habilidades, competencias, formación e experiencia, os seus intereses, as súas circunstancias persoais en relación co acceso ao emprego e coas posibles oportunidades profesionais, así como outras variables relevantes para a elaboración do seu perfil e a súa clasificación en función da súa dispoñibilidade, da súa ocupabilidade e da súa empregabilidade e da evolución ao longo da súa búsqueda activa de emprego. 
  • Deseño do itinerario personalizado para o emprego: consistirá na elaboración, coa participación e o compromiso da persoa demandante, conforme as metodoloxías e coas ferramentas que en cada momento se determinen desde a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, do proceso que se considere máis axeitado para o seu acceso ao emprego de acordo co seu perfil, situación do mercado laboral no seu ámbito de busca, necesidades e expectativas, a través de criterios técnicos e estatísticos, atendendo a aspectos cuantitativos e cualitativos de relevancia obxectiva, incluíndo as principais actuacións acordadas e o calendario de realización pactado coa persoa demandante, que deberá asumir un papel de protagonismo fundamental en todo o proceso, así como os elementos de verificación e seguimento.
  • Acompañamento personalizado no desenvolvemento do itinerario e no cumprimento do compromiso de actividade: consistirá no seguimento individual e personalizado por parte dun/ha titor/a ou orientador/a das actuacións que a persoa usuaria vaia levando a cabo na execución do seu itinerario, a revisión e actualización deste e a fixación e supervisión do cumprimento de fitos, etapas e obrigas. Para isto poderá planificarse, de acordo coa persoa orientada e co seu perfil competencial, o uso de medios telemáticos de entre os postos á disposición pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, para unha interacción mellor e maior, así como máis rápida e continuada coa persoa demandante durante o desenvolvemento do proceso, como complemento das sesións presenciais acordadas
  • Deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación laboral que poidan ser de interese, en función dos perfís das persoas orientadas, tanto para mellorar a eficiencia do servizo como para fomentar a interrelación e o intercambio de experiencias entre elas.
  • Asesoramento e axuda técnica
  • Información e asesoramento 
  • Apoio á xestión da mobilidade laboral.
  • Coordinación e colaboración co resto de persoal de orientación laboral e coa rede de técnicos de emprego de Galicia para o intercambio de información e boas prácticas no eido do emprego, do emprendemento e da análise e prospección do mercado labora
  • Mellora continuada das súas propias competencias e recursos profesionais para a orientación laboral a través da participación nas accións de formación e capacitación específicas que se determinen desde a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral. 

REQUISITOS DOS ASPIRANTES E SOLICITUDES:
  • Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado en que en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderá participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún estado en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España cando sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
  • Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo para o que se opta, para o cal se realizará o oportuno recoñemento médico. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas. 
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • T ítulo de licenciada/o universitaria/o, arquitecto/a enxeñeiro/a ou grao titulación universitaria de enxeñeiro/a técnico, diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a ou grao

O prazo de presentación de solicitudes e documentación, será de 5 días hábiles contados dende o día seguinte da publicación destas bases e anuncio da convocatoria na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello, é dicir, ate o día 29/09/2022
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá na realización dun exercicio de coñecementos, que consistirá en responder un cuestionario test, de 30 preguntas, con tres respostas alternativas das que so unha será correcta.
PROBA DE GALEGO. Cun tempo máximo de realización de 30 minutos
As persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega con carácter previo (anexo I, 4 da Orde do 16 xullo 2007, DOG do 30 xullo 2007, CELGA 4 ou equivalente se lles dará por superada esta proba coa cualificación de apto.
A proba estará dirixida a comprobar o coñecemento do idioma galego, polas persoas aspirantes da mesma, de xeito tanto oral como escrito, e que consistirá na realización dunha tradución dun texto, castelán- galego o proposto polo Tribunal. 
TEMARIO :
  1. A Constitución española de 1978
  2. O Estatuto de Autonomía de Galicia
  3. O municipio.
  4. O Pleno, a Xunta de Goberno Local e as comisións informativas
  5. O procedemento administrativo
  6. Orientación profesional presencial e telemática
  7. A intermediación laboral.
  8. As axencias de colocación
  9. Axudas á contratación de mozas.
  10. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
  11. O Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.
  12. Programación e execución da oferta formativa.
  13. Os certificados de profesionalidade
  14. A protección por desemprego.
  15. Mercado de traballo.
  16. Os perfís profesionais da oferta de emprego
  17. Os itinerarios personalizados de inserción
  18. Procesos individuais de orientación laboral
  19. Técnicas e ferramentas de emprego
  20. A avaliación nos procesos de orientación laboral
  21. Fomento de cultura emprendedora.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: