O Concello de Vigo publica as bases e a convocatoria para 1 praza de Técnica/o superior de arquivos
21 de septiembre de 2022
O CONCELLO DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE TÉCNICA/O SUPERIOR DE ARQUIVOS

SISTEMA SELECTIVO:
Oposición libre
REQUISITOS : As/os aspirantes deberán estar en posesión do título académico oficial de grao na Rama Ciencias Sociais e xurídicas ou equivalente ou Grao na Rama Arte e Humanidades ou Equivalente, con formación específica en Biblioteconomía e Arquivo.
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 2 horas.
Consistirá en desenvolver por escrito un tema de composición determinado polo órgano de selección no momento de realizar a proba, que garde relación directa con un dos temas do programa, elixido por sorteo numérico.
Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición
Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle á/ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna
EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 3 horas.
Consistirá en desenvolver por escrito 4 temas elixidos ao chou.
EXERCICIO 3. Obrigatorio e eliminatorio nun tempo máximo de 3 horas.
Consistirá na resolución por escrito de dous supostos teórico-prácticos de carácter procedemental e administrativo que determinará o órgano de selección inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos as tarefas propias da praza.
Durante o desenvolvemento desta proba as/os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o que poderá, ao final da exposición, solicitarlle á/ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido.
EXERCICIO 4 . Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá nunha proba de carácter práctico, dirixida a avaliar as competencias dixitais a nivel usuaria/o de entornos e ferramentas dixitais, aplicacións de carácter básico, contornos operativos Windows, Linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (Open Office ou similar) e de utilidades básicas de internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos
EXERCICIO 5. Obrigatorio e NON eliminatorio,
Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
Estarán exentas/os da realización deste exercicio as/os aspirantes que acrediten no prazo de presentación de instancias, posuír o título CELGA 4 ou equivalente homologado, segundo o establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (CELGA), en relación co seu anexo I, punto 5, aos que se lle asignarán 2 puntos
TEMARIO :

- A Constitución española de 1978
- A Unión Europea
- O Estatuto de Autonomía de Galicia
- O municipio.
- Organización municipal
- Funcionamento dos órganos colexiados locais.
- Función pública local
- Funcionamento electrónico do sector público
- Contratos do sector público
- A adxudicación dos contratos das Administracións Públicas.
- A Administración do Estado, a administración autonómica e a administración local
- Eficacia dos actos administrativos.
- O recursos administrativos
- O procedemento administrativo común
- Aspectos xerais sobre as formas de acción administrativa
- O servizo público
- A función recadadora nas facendas locais.
- A igualdade de xénero.
- Concepto de Arquivística
- Historia da Arquivística e dos arquivos
- Principais ciencias e técnicas auxiliares da Arquivística
- Paleografía
- A Diplomática
- Os principios xerais da Arquivística
- Concepto e definición de Arquivo.
- Concepto e definición de documento de arquivo.
- A produción documental das administracións públicas.
- Sistemas ordinarios e extraordinarios de ingreso de documentos nos arquivos.
- A identificación de series e funcións.
- As agrupacións documentais dos arquivos
- Valoración, selección e eliminación de documentos
- A descrición arquivística. Instrumentos de descrición. Descrición arquivística normalizada e codificada (EAD)
- A norma ISAD (G)
- O concepto de autoridade arquivística e a norma ISAAR (CPF) sobre encabezamentos autorizados arquivísticos para Entidades, Persoas e Familias e a súa relación coas EAC-CPF. Importancia da información de contexto na descrición arquivística
- O modelo conceptual para a descrición arquivística en España. A Comisión de Normas Españolas de Descrición Arquivística (CNEDA)
- A Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA)
- Linguaxes documentais
- A ordenación de documentos
- A Xestión de Calidade nos arquivos
- Tendencias na Arquivística actual
- A transformación dixital, e-administración e xestión documental nas novas leis de Procedemento Administrativo e Réxime Xurídico do Sector Público.
- Os documentos electrónicos
- Os expedientes electrónicos
- O arquivo electrónico. Referencias lexislativas e a súa xestión. A conservación e a preservación a longo prazo dos documentos electrónicos. O modelo OAIS
- A dixitalización. Aspectos técnicos. O plan de dixitalización
- Os soportes documentais tradicionais. O pergameo: fabricación e características. O papel tradicional
- Tipos e causas de alteración dos materiais documentais.
- A restauración de documentos
- Os fondos fotográficos nos arquivos.
- Documentos audiovisuais e sonoros.
- O edificio, os depósitos e outras instalacións do arquivo. Zonas do arquivo. Os depósitos
- Reprografía, microfilmación e dixitalización de documentos nos arquivos.
- O dereito de acceso dos cidadáns á información pública.
- A transparencia activa
- Os arquivos como sistemas de información. Os portais de difusión da información arquivística
- A acción e dinamización cultural e educativa nos arquivos.
- A cooperación arquivística nacional e internacional.
- A profesión de arquiveira/o
- Lexislación estatal en materia de arquivos e patrimonio documental.
- Lexislación galega en materia de arquivos e patrimonio documental
- Os sistema español de arquivos
- O sistema galego de arquivos.
- O Consello de Avaliación Documental de Galicia
- O Arquivo do Reino de Galicia e os arquivos históricos provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra.
- O sistema de arquivos de Defensa.
- O sistema de arquivos xudiciais
- Os arquivos dos órganos lexislativos do Estado e das comunidades autónomas.
- Os arquivos privados e familiares. Os arquivos de empresa. Especial referencia a Galici
- Os arquivos eclesiásticos.
- Os arquivos universitarios.
- Os arquivos de organizacións políticas e sindicais.
- Os arquivos notariais
- Os arquivos da administración local
- Os arquivos municipais.
- O arquivo municipal do Concello de Vigo.
- As administracións locais na Idade Media e no Antigo Réxime.
- As administracións locais na Idade Contemporánea
- Fontes documentais e bibliografía para o estudo da Administración central, do século XVI ao XX
- Fontes documentais e bibliografía para o estudo das administracións territoriais e locais. Especial referencia a Galicia
- Fontes documentais e bibliografía para o estudo da nobreza e a fidalguía en Galicia desde a Idade Media ata o século XX
- Fontes documentais e bibliografía para o estudo da Historia de Vigo.
- Vigo na Prehistoria e Historia Antiga.
- Vigo na Idade Media.
- Vigo na Idade Moderna.
- Vigo na Idade Contemporánea.
- Museos da cidade de Vigo: historia, características, coleccións.
- Coleccións fotográficas de Vigo. O Arquivo Pacheco
- Casa das Artes. Historia e contidos.
- Casa Galega da Cultura. A Fundación Penzol. Colección Fernández del Rieg
- Rede de Bibliotecas de Vigo. Biblioteca Central
Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación
Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.