Diseño del blog

O Concello de Vigo publica 1 praza de mestre/a de pintura

sept 21, 2022

O CONCELLO DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE MESTRE/A DE PINTURA

SISTEMA SELECTIVO: Oposición libre
REQUISITOS : A s/ os aspirantes deberán estar en posesión do título académico oficial de bacharelato superior, FPII ou equivalente, de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen as equivalencias cos títulos de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1.  Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 2 horas.
Consistirá en desenvolver por escrito 4 temas elixidos ao chou.
Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición. Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle á e ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.
EXERCICIO 2.  Obrigatorio e eliminatorio nun tempo máximo de 3 horas.
Consistirá na resolución por escrito de dous supostos teórico-prácticos de carácter procedemental e administrativo que determinará o órgano de selección inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos as tarefas propias da praza.
Durante o desenvolvemento desta proba as/os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o que poderá, ao final da exposición, solicitarlle á/ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido.
EXERCICIO 3 . Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá nunha proba de carácter práctico, dirixida a avaliar as competencias dixitais a nivel usuaria/o de entornos e ferramentas dixitais, aplicacións de carácter básico, contornos operativos Windows, Linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (Open Office ou similar) e de utilidades básicas de internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos
EXERCICIO 4.  Obrigatorio e NON eliminatorio,
Consistirá na realización dunha proba oral e/ou escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
Estarán exentas/os da realización deste exercicio as/os aspirantes que acrediten no prazo de presentación de instancias, posuír o título CELGA 4 ou equivalente homologado, segundo o establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (CELGA), en relación co seu anexo I, punto 5, aos que se lle asignarán 2 puntos
TEMARIO :
  1. A Constitución de 1978
  2. A Administración do Estado, a administración autonómica e a administración local. Administración institucional e corporativa.
  3. A Administración local.
  4. O acto administrativo
  5.  O procedemento administrativo local
  6. Funcionamento electrónico do sector público
  7. Función pública local
  8. A Facenda Local
  9. Factores da linguaxe visual.
  10. Elementos formais das imaxes estáticas .
  11. A pintura como medio de expresión
  12. A perspectiva.
  13. A composición.
  14. A proporción.
  15. A proporción no corpo humano
  16. A cor I
  17. A cor II
  18. A cor III
  19. Fundamentos da cor na pintura.
  20. Representación bidimensional do volume.
  21. O pastel como técnica seca.
  22. A acuarela como técnica húmida.
  23. O acrílico.
  24. O Óleo.
  25. A técnica mixta na pintura
  26. O collage.
  27. Preparación de soportes para a pintura.
  28. Mediums e aglutinantes para a pintura.
  29. Técnicas pictóricas na antigüidade
  30. O taller de pintura e protección para a saúde.
  31. A pintura na Idade Media.
  32. A pintura no Renacemento.
  33. A pintura no século XVII.
  34. A pintura no século XVIII
  35. A pintura no século XIX
  36. A pintura simbolista. 
  37. A pintura no século XX
  38. A fotografía e o cine na pintura.
  39. Historia da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
  40. Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (PEEMAO15). 

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: