Diseño del blog

O Concello de Fene publica as bases e convocatoria para 2 prazas de conserxe polo turno de promoción interna

jul 20, 2022

O Concello de Fene publica as bases e convocatoria para 2 prazas de conserxe polo turno de promoción interna

FUNCIÓNS DO POSTO
  1. Realizar as tarefas propias do servizo de conserxería, dentro da súa capacitación profesional, e no marco das competencias asumidas pola unidade.
  2. Realizar tarefas materiais de auxilio á función administrativa: Reprografía, encadernación, traslado de documentación e similares
  3. Xestionar o taboleiro de anuncios
  4. Recepcionar, clasificar e repartir o correo e demais correspondencia
  5. Asumir a apertura, peche e control do acceso ás dependencias
  6. Realizar labores de atención e información ao cidadáns, derivándoos, no caso necesario, aos departamentos ou servizos oportunos.
  7. Realizar as tarefas propias do almacenaxe e loxística.
  8. Recepción, distribución e inventario de produtos e pedidos
  9. Calquera outra, propia da súa capacitación profesional e vinculada co eido competencial no que se integra. 
REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES:
  • Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público, de acordo cos artigos 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia (LEPG) e 56 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP).
  • Estar en posesión, ou en condicións de obter, na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, o certificado de estudos primarios (Lei do 17 de xullo de 1945, de educación primaria; Lei 169/1965, do 21 de decembro, sobre reforma do ensino primario; Decreto 193/1967, do 2 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido da lei do ensino primario) ou equivalente/s
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa tivese sido separada ou inhabilitada. No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público e/ou á praza obxecto da convocatoria.
  • Ter cumpridos os 18 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas. As persoas con discapacidade compatible coas funcións da praza convocada poderán concorrer en igualdade de condicións que o resto de persoas aspirantes, coas adecuacións, no seu caso, necesarias para o desenvolvemento do proceso selectivo, de acordo co Real Decreto 2271/2004, do 3 de decembro e a Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño. Para estes efectos, o tribunal poderá requirir informe ou colaboración doutros órganos administrativos ou da administración sanitaria
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, do CELGA 1 ou acreditación do coñecemento da lingua galega equivalente ou ben, alternativamente, ter superado a proba de coñecemento da lingua galega no proceso selectivo no que se accedeu como persoal funcionario de carreira do Concello de Fene. 
    • A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase de conformidade co previsto na normativa de aplicación; con suxeición ao Sistema de Certificación da lingua galega (CELGA) actualmente vixente (ou as súas certificacións equivalentes), debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (nos termos do previsto na Orde do 16 de xullo de 2007, e Orde do 10 de febreiro de 2014, que modifica a anterior, con respecto dos certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega).
    • En todo caso e, con arranxo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do emprego público de Galicia, os/as aspirantes que non acrediten o coñecemento da lingua galega esixido (CELGA 1 ou equivalente) ou estar en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de solicitudes, así como aquelas persoas que non acrediten ter superada a proba de coñecemento da lingua galega no proceso selectivo no que accederon como persoal funcionario de carreira do Concello de Fene, deberán realizar unha proba específica de coñecemento de lingua galega, de conformidade co previsto na base oitava das presentes bases, na que se cualificará ao/á aspirante como apto/a ou non apto/a
  • Ser persoal ao servizo do Concello de Fene coa condición actual de funcionario/a de carreira ocupante dunha praza pertencente a outro corpo ou escala, distinto do que se pretende acceder, dentro do grupo de Agrupacións profesionais. 
  • Ter prestado servizos efectivos na condición de persoal funcionario de carreira durante cando menos dous anos no grupo de clasificación profesional sinalado no apartado anterior e dende o que se habilita a promoción. 
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias, do permiso de conducir clase B en vigor
As persoas interesadas en participar na convocatoria e proceso selectivo deberán presentar unha solicitude/instancia de participación dirixida á Alcaldía, segundo modelo-tipo que figura como Anexo I das bases, no Rexistro Xeral do  concello ou na forma establecida no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común  das administracións públicas

As persoas que desexen facer valer a súa condición legal de discapacidade deberán expresalo na solicitude, indicando se precisan adaptacións para realizar as probas.

Os/as aspirantes que teñan a condición legal de discapacitados/as, con grao igual ou superior ao 33 por cento, terán  que presentar certificación dos órganos competentes que acrediten tal condición, xunto con acreditación da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes

O prazo de presentación das instancias/solicitudes de participación será de vinte días naturais contados dende o  seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A non presentación en tempo e forma  suporá a non admisión da persoa aspirante no proceso selectivo.

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e elilminatorio cun tempo de 45 minutos.

Cuestionario tipo test de 20 preguntas   (e 3 de reserva), con 3 respostas alternativas e das que só unha será a correcta, que gardarán relación coas materias  comprendidas no temario

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 60 minutos

Desenvolver unha proba de tipo práctico, relacionada co contido funcional  e tarefas propios da vacante convocada e que se corresponderá, á súa vez, coas materias comprendidas no temario ; e na que se prantearán, por parte do tribunal, un ou varios supostos que impliquen  un desenvolvemento material das habilidades operativas, destrezas e/ou coñecementos requiridos.

EXERCICIO 3. obrigatorio para as persoas aspirantes que non teñan acreditado estar en posesión,  ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias, do nivel de coñecemento de galego  requirido (CELGA 1 ou equivalente) ou ter superado a proba de coñecemento da lingua galega  no proceso selectivo no que accederon como persoal funcionario de carreira do Concello de Fene, cun tempo máximo de 30 minutos

Proba de carácter oral de coñecemento  e competencia da lingua galega, determinada polo Tribunal inmediatamente antes da súa realización, e acorde ás características funcionais das vacantes convocadas, na que se deberá demostrar unha competencia similar á esixida para obter  o certificado de lingua galega requirido na convocatoria

TEMARIO:
  1. O exercicio da conserxería nas entidades municipais
  2. Apertura e peche de edificios e locais municipais
  3. Normas e criterios básicos da atención ao público.
  4. Características e utilización de máquinas e materiais de oficina habituais
  5. A comunicación e documentación escrita
  6. Xestión da publicidade dos actos e acordos municipais
  7. Correspondencia e paquetería
  8. Enmarcado de orixinais
  9. Operacións de mantemento e conservación das instalacións públicas
  10. Seguridade e hixiene no traballo
  11. Coñecemento do termo municipal de Fene.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
12 sept, 2024
Grupo MEF ofrece cursos de inglés online 24/7 con becas disponibles
12 sept, 2024
Grupo MEF inaugura el curso 2024-2025 con su Escuela de Idiomas avalada por Cambridge English: ¡Plazos abiertos hasta el 10 de octubre!
03 sept, 2024
Descubre cómo preparar oposiciones para el SERGAS con nuestra guía para principiantes. En GRUPO MEF ofrecemos formación en todas las modalidades, con acceso a contenido actualizado las 24 horas del día. Consulta las convocatorias recientes en nuestra web y empieza a preparar tu futuro hoy mismo.
03 sept, 2024
Descubre cómo preparar oposiciones para la Xunta de Galicia desde cero con nuestra guía paso a paso. En GRUPO MEF te ofrecemos formación en todas las modalidades, con acceso a contenidos disponibles 24/7. Si prefieres estudiar por tu cuenta, prueba nuestro 'Método Estudio Fácil'. ¡Consigue tu plaza y asegúrate un futuro estable! Entra ahora en nuestro blog y empieza a prepararte para las oposiciones de la Xunta de Galicia.
22 jul, 2024
El Ayuntamiento de Manzanares Anuncia Concurso-Oposición para 15 Plazas de Auxiliar de Ayuda a Domicilio
15 jul, 2024
El Ayuntamiento de Eivissa Convoca 20 Plazas de Auxiliar Administrativo/a
11 jul, 2024
¡Gran Sorteo de Grupo MEF: Gana Entradas Dobles para el Parque Warner de Madrid!
10 jul, 2024
En un esfuerzo por atender las crecientes necesidades de personal de la Administración Pública, el Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública ha anunciado la convocatoria de procesos selectivos para el ingreso y acceso en diversos cuerpos de la Administración General del Estado. La resolución, publicada el 9 de julio de 2024, destaca especialmente la oferta de plazas para los cuerpos de Auxiliar Administrativo y Administrativo.
08 jul, 2024
De las 25 plazas convocadas, 22 están destinadas al cupo general y 3 al cupo reservado para personas con discapacidad de grado igual o superior al 33%. En caso de que las plazas reservadas no se cubran, se sumarán al cupo general de acceso libre. Las plazas convocadas se distribuirán entre las localidades de Santiago de Compostela y Lugo.
05 jul, 2024
El Gobierno aprueba la oferta de empleo público para 2024 con 20.840 plazas de ingreso libre
Más entradas
Share by: