Diseño del blog

O Concello de Laracha publica as bases e convocatoria para 1 técnico para atención dos centros de interpretación dos muiños da auga da costa da morte 2022

jul 20, 2022

O Concello de Laracha publica as bases e convocatoria para a provisión de 1 praza (persoal laboral temporal) de Técnico para atención dos centros de interpretación dos muiños de auga na Costa da Morte 2022

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter nacionalidade española ou ser nacional de outros Estados conforme aos artigos 56 e 57 do Estatuto Básico do Empregado Público
  • Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas
  • Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade para o exercicio de funcións públicas de conformidade coa Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas. 
  • Segundo o artigo 51 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, para darlle cumprimento á normalización do idioma galego na administración pública, incluirase un exame de galego, agás para aqueles aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente, mediante a presentación do certificado Celga 4 ou Iniciación e perfeccionamento á lingua galega como mínimo. (Requisito que deberá acreditar coa presentación da copia do mesmo).
  • Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das correspondentes funcións.
As solicitudes para tomar parte no proceso dirixiranse a Sr. alcalde deste Concello, e presentaranse na sede electrónica do Concello https://sede.alaracha.gal ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,  do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 5 días hábiles, contados a partir   do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As instancias, xunto coa  documentación precisa tamén poderán remitirse na forma prevista no artigo 16 de la Lei 39/2015, de 1 de outubro, do  Procedemento Administrativo Común, así como a través da Sede electrónica do Concello da Laracha (sede.alaracha.es). No  caso de non ser presentado no rexistro municipal, os aspirantes deberán remitir un fax (981606331) ou un e-mail ao seguinte: rexistro@alaracha.gal coa copia da solicitude debidamente rexistrada dentro do prazo de presentación. Na solicitude  realizarase unha declaración responsable de que son certos os datos obrantes nela e, de ser necesario, se compromete  a probar documentalmente tódolos datos que figuran nesta solicitude. No caso de detectarse falsidade documental, será  motivo de exclusión do proceso.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS ATE O 27/07/2022

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Cun tempo máximo de 50 minutos

Cuestionario tipo test de 40 preguntas, relativas ao bloque de temas

EXERCICIO 2 . Cun tempo máximo de 1 hora

Proba práctica escrita, que poderá ser a resolución dun caso práctico ou o desenvolvemento práctico dun tema  dos adxuntos

EXERCICIO 3 . Cun tempo máximo de 30 minutos

Traducción directa dun texto elixido polo tribunal do castelán para o galego sen axuda de diccionario

BOLSA DE TRABALLO E CHAMAMENTO DOS ASPIRANTES
Constituirase unha bolsa de emprego coas persoas que superen o proceso selectivo e non resulten seleccionadas, a fin  de que poida ser utilizada en futuros chamamentos que puidesen resultar necesarios para cubrir vacantes temporalmente  debidas a renuncias ou situacións de incapacidade temporal, maternidade ou paternidade do persoal municipal, entre  outras tanto para persoal funcionario interino ou laboral temporal.
 
A bolsa será ordenada segundo a puntuación obtida. O nomeamento dos aspirantes efectuarase atendendo á súa  clasificación na bolsa de traballo, por orde decrecente de puntuación.

Os chamamentos realizaranse por vía telefónica efectuándose, como mínimo, dúas chamadas.  Coa finalidade de posibilitar a mellor tramitación do procedemento, os interesados son responsables de comunicarlle   ao Concello calquera alteración do seu número de contacto. 

O empregado público que efectúe as chamadas fará constar mediante dilixencia a disposición do interesado a cubrir  temporalmente a praza que corresponda. De non atender as chamadas, entenderase que o aspirante desiste de cubrir a  praza.

TEMARIO:
  1. Lei 5/2016, do 4 de maio do Patrimonio Cultural de Galicia
  2. Lei 7/2022, de 17 de febrero, de museos e outros centros museísticos de Galicia.
  3. Lei 7/2011 de turismo de Galicia. 
  4. O termo municipal de A Laracha
  5. Xeografía de Galicia.
  6. Festas declaradas de interese turístico
  7. Tipoloxia dá oferta turistica na costa dá norte
  8. A Constitución Española de 1978.
  9. Lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento Administrativo Común.
  10.  Lei 7/1985 de 2 de abril de Bases do Réxime Local

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: