Diseño del blog

O Concello de Laracha publica as bases e convocatoria para 1 praza de ORIENTADOR/A-PROSPECTOR/A LABORAL PARA A EXECUCIÓN DO PROXECTO “PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO CONCELLO DA LARACHA 2021/22”

jul 20, 2022

O CONCELLO DE LARACHA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE  ORIENTADOR/A-PROSPECTOR/A LABORAL PARA A EXECUCIÓN DO PROXECTO “PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO  CONCELLO DA LARACHA 2021/22”

FUNCIÓNS DO POSTO:
  • Levar a cabo o proceso selectivo dos participantes no Programa “Impulsa Emprego A Laracha”
  • Asumir a xestión e execución técnica, económica e administrativa do proxecto, coacoordinación e supervisión do persoal técnico asignado polo Concello
  • Desenvolver as accións de orientación e busca de emprego e o cronograma das mesmas
  • Deseñar os itinerarios personalizados para a inserción laboral dos participantes do programa: Diagnose individualizada, coordinación e supervisión da execución dos itinerarios, control do alumnado paticipante.
  • Identificación das oportunidades de formación para o distintos itinerarios de inserción definidos para cada usuario, colaboración na busca de empresas para a realización das prácticas non laborais e para a inserción laboral, derivadas dos programas formativos.
  • Planificar, impartir e guiar actuacións individuais e grupais de asesoramento e formación transversal dos/as participantes (obradoiros, dinámicas, sesións de adestramento en técnicas, habilidades e destrezas para a busca de emprego), no seu caso
  • Deseñar e desenvolver un programa de prospección do mercado laboral da contorna, captación de ofertas de emprego e de oportunidades laborais por conta allea propiciando o emparellamento entre as ofertas e os perfís dos usuarios do programa.
  • Colaborar na intermediación laboral, informando e xestionando ofertas de emprego axustadas a cada participante.
  • Fomentar e captar oportunidades de emprego por conta propia e impulsar o xurdimento de iniciativas dentro dos colectivos. Apoiar o proceso de constitución da empresa, definición do modelo de negocio, a elaboración do plan de empresa e posta en marcha
  • Contribuir á consecución dos obxectivos de inserción previstos no proxecto
  • Elaboración de informes e documentación necesaria para o desenvolvemento e xustificación das accións do programa e do expediente.
REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter nacionalidade española ou ser nacional de outros Estados conforme aos artigos 56 e 57 do Estatuto Básico do Empregado Público. Presentará copia cotexada do DNI.
  • Ter cumpridos os 16 anos de idade e non pasar daquela idade prevista para a xubilación forzosa por idade.
  • Non haber sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.
  • Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade có disposto na Lei 53/1984 de 26 de decembre, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
  • Segundo o artigo 51 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, para darlle cumprimento á normalización do idioma galego na administración pública, incluirase un exame de galego, agás para aqueles aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente, mediante a presentación do certificado Celga 4 ou Iniciación e perfeccionamento á lingua galega como mínimo. (Requisito que deberá acreditar coa presentación da copia do mesmo).
  • Titulacion academica: Estar en posesion do titulo de Ddo., Ldo., ou Grao nalgunha das seguintes: Graduado Social, Ciencias do Traballo, Dereito, Economicas Empresariais, ADE, Psicoloxia, Pedagoxia, Psicopedagoxia, Socioloxia.
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ó modelo que figura como anexo I nas bases e dirixiranse ó alcalde da corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.

As instancias, xunto coa documentación precisa tamén poderán remitirse na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015  de Procedemento Administrativo Común, así como a través da Sede electrónica do Concello da Laracha (sede.alaracha.es). 

No caso de non ser presentado no rexistro municipal, os aspirantes deberán remitir un fax (981606331) ou un e-mail ao  seguinte: rexistro@alaracha.gal coa copia da solicitude debidamente rexistrada dentro do prazo de presentación. 

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da  publicación do anuncio da convocatoria no BOP, é dicir ate o día 27/07/2022

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos

Unha primeira parte con preguntar con respostas cortas. (2 puntos por resposta correcta) (máximo 20 puntos). Por  cada resposta incorrecta restará 0,20 puntos. 
As preguntas sen resposta non restarán. O criterio que se terá en conta para  valorar será fundamentalmente a capacidade para concretar con resposta corta a pregunta.

Unha segunda parte con caso práctico.  O criterio que se terá en conta neste segundo bloque  será a capacidade para concretar e aplicar os distintos coñecementos teóricos á resolución do suposto práctico relacionado co posto de traballo

Unha vez rematado o tempo de exame, o Tribunal poderá determinar a lectura do exercicio se así o estima conveniente,  quedando capacitado para realizar canta pregunta consideren en relación aos dous bloques do exercicio.. A lectura do   exercicio en ningún caso poderá ser superior a 30 minutos para cada un/una dos/das aspirantes.

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos

Traducción escrita dun  texto facilitado polo Tribunal do castelán ao galego

Quedaran excluídos/as da obriga de realización deste exercicio, os/as aspirantes que acrediten estar en posesión do  título de língua galega correspondente ao nivel CELGA 4

FORMACIÓN DE LISTAS DE ASPIRANTES
Na acta da última sesión do tribunal de selección incluirase a lista dos/as aspirantes por orde de maior a menor  puntuación obtida da suma do concurso e da oposición.

A acta do tribunal de selección elevarase á alcaldía para que dite a resolución de aprobación das dúas listas de  aspirantes.

A bolsa de reserva terá vixencia ata o remate do período da contratación. O funcionamento das bolsas rexerase polas  seguintes normas:
  • Os chamamentos realizaranse por vía telefónica. En aras de garantir este procedemento o/a interesado/a deberá  comunicar ó concello, baixo a súa responsabilidade, calquera alteración do número de contacto, aínda que esta alteración teña carácter transitorio, e como mínimo realizaranse dúas chamadas.
  • O empregado público que realice o chamamento o fará constar mediante dilixencia indicando a disposición ou non  do aspirante a ser contratado, e sen prexuízo de que o aspirante o comunique tamén de xeito formal. De non atender ó chamamento, unha vez realizadas como mínimo dúas chamadas, entenderase que o aspirante non ten disposición de ser contratado.
Se no prazo que se sinale, o aspirante non presenta a documentación requirida, non acredita ou, no seu caso, non  supera os extremos requiridos, pasará a ocupar o último lugar da lista de aspirantes, salvo que poida acreditar un suposto  de forza maior (entenderase por forza maior, entre outros, estar desempeñando actividade laboral no sector público ou  privado debidamente acreditado).

De non manifestar a súa disposición, pasarase a chamar ó seguinte aspirante da lista

TEMARIO:
  1. Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia.
  2. Políticas activas de emprego.
  3. Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG)
  4. Orde de 7 de xullo de 2021, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para  a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia 
  5. Marco conceptual da orientación laboral no SNE e no SPEG
  6. A orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego (OPEA)
  7. A intermediación laboral.
  8. Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE).
  9. Portais de emprego e autoemprego.
  10. Axudas á contratación de mozas.
  11. Programas de fomento de emprego público para a contratación de desempregados para a execución de proxectos de interese xeral e social
  12. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
  13. O Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral
  14.  Programas de formación para desempregados
  15. Os certificados de profesionalidade
  16. Réxime de obrigacións dos beneficiarios de prestacións por desemprego
  17. Mercado de traballo.
  18. Os perfís profesionais da oferta de emprego
  19. Competencias dixitais para a orientación laboral.
  20. Os itinerarios personalizados de inserción
  21. Técnicas e ferramentas de emprego
  22. Tendencias actuais do mercado de traballo en Galicia
  23. A avaliación nos procesos de orientación laboral
  24.  A contratación laboral
  25. O plan de empresa
  26. Lei 11/2013, de 26 de julio, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego
  27. Lei 6/2016, do 4 de maio, de economía social de Galicia.
  28. O financiamento dos proxectos de autoemprego

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: