Diseño del blog

O Concello de Fene publica as bases e convocatoria para 3 prazas de Auxiliar Administrativo/a

jul 15, 2022

O CONCELLO DE FENE PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 3 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A (OPOSICIÓN LIBRE)

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, e restante normativa concordante, permita o acceso á praza convocada.
  • Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes.
    • As persoas con discapacidade compatible coas tarefas e funcións correspondentes á praza convocada poderán concorrer en igualdade de condicións que o resto das/os aspirantes, coas adecuacións no seu caso necesarias para o desenvolvemento do proceso selectivo; aplicarase, a tal efecto, o establecido na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, publicada no BOE do 13 de xuño de 2006, polo que se establecen os criterios para adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade. Para estes efectos, os tribunais poderán requirir informe ou colaboración doutros órganos administrativos ou da administración sanitaria
  • Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtela antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria (Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación), graduado/a en educación secundaria (Lei 1/1990, de 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo), graduado/a escolar ou técnico/a auxiliar (Lei 14/1970, de 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa) ou bacharelato elemental (plan 1957), ou equivalentes
  • Non estar separada ou separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargo público por resolución xudicial (cando se trate de acceder ao corpo ou escala de funcionarios/as do que a persoa tivera sido separada ou inhabilitada)
    • No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público e/ou a esta praza obxecto de convocatoria.
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, do CELGA 3 ou acreditación do coñecemento de lingua galega equivalente.
    • En todo caso, e con arranxo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do Emprego Público de Galicia, os/as aspirantes que non acrediten o dito coñecemento da Lingua Galega (CELGA 3 u equivalente), ou estar en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de solicitudes, deberán realizar unha proba específica de coñecemento de lingua galega, de conformidade ao previsto na base sétima, e que cualificará ao/á aspirante como apto/a ou non apto/a.
As interesadas e interesados en participar na convocatoria e proceso selectivo deberán presentar, segundo modelo tipo que figura como Anexo I das bases, instancia dirixida á Alcaldía no Rexistro Xeral do Concello ou na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas  (coa excepción establecida na súa Disposición final sétima)

O prazo de presentación de instancias/solicitudes de participación será de vinte días naturais contados dende o  seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A non presentación en tempo e forma  suporá a non admisión da persoa aspirante no proceso selectivo.

A presentación de documentación no concello deberá axustarse ás instrucións de cita previa que en cada momento  estean vixentes na corporación

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 90 minutos

Cuestionario tipo test de 80 preguntas  (e 6 de reserva), con 3 respostas alternativas das que só unha será a correcta, e que gardarán relación coas materias   comprendidas no temario

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos

Consistirá en desenvolver unha proba informática de tipo práctico, relacionada co  contido funcional e tarefas propios da vacante convocada e que se corresponderá, á súa vez, coas materias comprendidas no Temario  na que se plantearán, por parte do tribunal, un ou varios supostos, a realizar nos ordenadores facilitados para o dito efecto, dirixidos a avaliar os coñecementos e capacidades das  persoas aspirantes en relación coa ofimática no entorno libre office. 

EXERCICIO 3 . Unicamente obrigatorio para as persoas aspirantes que non teñan acreditado estar en posesión,  ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias, do nivel de coñecemento de galego  CELGA 3 ou equivalente, cun tempo máximo de 30 minutos 

Consistirá en traducir do castelán ao galego, sen axuda de dicionario, un texto facilitado polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba, que resultará acorde ás características  funcionais da vacante convocada e na que se deberá demostrar unha competencia similar á esixida para obter o certificado  de lingua galega requirido na convocatoria (CELGA 3).

BOLSA DE EMPREGO:
Xunto coa resolución de nomeamento do/a aspirante seleccionado/a ao abeiro desta convocatoria, tamén se procederá á aprobación dunha bolsa de emprego, que estará conformada polos/as aspirantes finalmente non seleccionados/ as para prover á/s vacante/s convocada/s, pero que tivesen superado todas as probas/exercicios obrigatorios da fase  oposición. A bolsa de emprego estará configurada por orde descendente das puntuacións acadas no proceso selectivo (nos  supostos de empate, aplicarase o criterio de desempate fixado na base sétima das bases xerais).

Esta bolsa terá por obxecto habilitar unha listaxe de aspirantes á que se acudirá, nos supostos legais procedentes e  con arranxo ás modalidades de emprego (funcionariais/laborais) correspondentes, para futuras e xustificadas incorporacións de persoal temporal con equivalente condición profesional á do seleccionado neste convocatoria e proceso selectivo 

TEMARIO:
  1. A constitución española de 1978
  2. Organización territorial do Estado na Constitución
  3. Réxime local español
  4. A organización municipal.
  5. A potestade regulamentaria local.
  6. A administración electrónica
  7. A Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. A transparencia  da actividade pública. Dereito de acceso a información pública
  8. A protección de datos de carácter persoal
  9. Seguridade e hixiene no traballo
  10. Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
  11. Real decreto lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con discapacidade e a súa inclusión social
  12. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
  13. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  14. O procedemento administrativo
  15. O acto administrativo
  16. As facendas locais.
  17. Os orzamentos das Entidades Locais
  18. Réxime xurídico dos contratos das administracións públicas
  19. O emprego público
  20. Manexo de ferramentas ofimáticas en entorno libre office
  21. Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais
  22. Normas e criterios básicos da atención ao público

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: