Diseño del blog

O Concello de Punxín publica convocatoria e bases para 1 praza de traballador/a social

jul 15, 2022

O CONCELLO DE PUNXÍN PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL E CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española, ou algunha outra que, consonte co disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, permita o acceso ao emprego público
  • Acreditar estar en posesión do título de Diplomatura ou Grao Universitario en Traballo Social, ou equivalente
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa fose separada ou inhabilitada
    • No caso do persoal laboral, non ser despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía.
    • No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas
  • Acreditar coñecementos en lingua galega ( Celga 4 ou equivalente ). En caso contrario deberá someterse á proba de coñecemento do galego.
  • Permiso de conducir clase B.
As solicitudesrequirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso, nas que os aspirantes farán constar  que reúnen as condicións esixidas nas bases xerais  para a praza que se opte, dirixiranse ao alcalde-presidente do  concello, presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste  concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei  39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo  común das administracións públicas, no prazo de vinte días  hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do  anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Comunidade  Autónoma, é dicir, ate o día 12/08/2022

Así mesmo, as bases da convocatoria publicaranse no Boletín  Oficial da Provincia e na sede electrónica deste concello  [http://punxin.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios.

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 50 minutos

Consistirá no desenvolvemento dun  exame tipo test de entre os temas incluídos nas  bases, de 40 preguntas con 3 respostas alternativas, das que  unicamente unha é correcta

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio para aqueles aspirantes que no acrediten antes da súa realización estar en posesión do título de  Celga 4 ou equivalente, cun tempo máximo de 30 minutos.

Tradución directa dun  texto elixido polo tribunal do castelán ao galego, sen axuda de  dicionario, 

CONSTITUCIÓN DE BOLSA DE TRABALLO:

Constituirase unha bolsa de traballo coas persoas que superen o proceso de selección e non resulten contratadas, co fin de que poida ser utilizada en futuros chamamentos que puidesen resultar necesarios para cubrir vacantes temporalmente, debidas a baixas por enfermidade, maternidade, vacacións, etc. A bolsa será ordenada segundo a puntuación obtida.

TEMARIO:
  1. A Constitución Española
  2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (I)
  3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (II)
  4. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (III)
  5. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (IV)
  6. O municipio
  7. A organización municipa
  8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de  datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
  9. Prevención de riscos laborais
  10. Marco legal dos servizos sociais
  11. Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia
  12. O traballo social nos servizos sociais comunitarios básicos. Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
  13. Convenio programa para o desenvolvemento para as prestacións básicas de servizos sociais nas corporacións locais.
  14. A entrevista en traballo social
  15. Os servizos sociais especializados.
  16. O servizo de axuda no fogar.
  17. Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia. 
  18. Regulación do procedemento para o recoñecemento da dependencia e do dereito ás prestacións do sistema de dependencia e procedemento de elaboración do PIA da Comunidade Autónoma Galega
  19. Configuración do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia
  20. Decreto 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á Historia Social Única Electrónica.
  21. Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e Decreto 14/2019 de desenvolvemento da Lei de inclusión social de Galicia
  22. A renda de inclusión social de Galicia (RISGA)
  23. Sistema español de Seguridade Social

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: