Diseño del blog

O Concello de Ferrol convoca 60 prazas de socorrista.

may 19, 2022

“Bases para ao nomeamento como persoal funcionario interino por execución de programa de carácter temporal de 60 socorristas para a prestación das labores de vixilancia e salvamento nas praias do Concello de Ferrol durante a tempada de verán 2022 dentro da campaña denominada “Vixilancia e salvamento nas praias de Ferrol 2022”

¿Tienes dudas o quieres más información? Contacta con nosotros.

REQUISITOS: 

Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia, ou no seu defecto, ter presentada a citada solicitude no citado Rexistro Profesional e que non transcorrera o prazo de 3 meses de que dispón a Academia Galega de Seguridade Pública para ditar resolución expresa. Neste último caso, deberase achegar, xunto coa solicitude de participación no proceso selectivo, copia da solicitude de inscrición no Rexistro profesional e copia da declaración responsable segundo o modelo normalizado. Todo isto de conformidade co Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia e o Decreto 35/2017, do 30 de marzo, que modifica o anterior

FASE DE OPOSICIÓN: 
1. Proba de piscina – 200 metros. Proba combinada con aletas
A posición de partida poderá ser de pé no borde do vaso da piscina con entrada libre , ou dentro da auga agarrado ao bordo da Piscina. Toda a proba realizarase con aletas. Despois do sinal, realizaranse 100 metros estilo libre (permitíndose viraxes), a continuación realizarase una apnea de 10 metros recollendo un obxecto do fondo da piscina e remolcarase 90 metros en posición dorsal ou lateral, mantendo en todo momento o obxecto fóra da auga. Ao chegar ao borde do vaso da piscina colocarase o obxecto fóra da auga no lugar apropiado para iso. Os candidatos deberán contar co material necesario para a realización da proba, e optará polas aletas que considere oportunas, cun máximo de 65 cm de lonxitude dende o nocello, e una anchura máxima de 30 cm

Probas específicas para as persoas aspirantes a coordinador/a de praias e coordinador/as de caseta
Esta proba, de carácter voluntaria, será realizada exclusivamente por aqueles/as aspirantes que, superado o proceso selectivo para socorrista anteriormente descrito, aspiren a desempeñar o posto de traballo de coordinador de praias

A proba constará de 20 preguntas tipo test con tres respostas posible e só unha correcta, e de catro supostos prácticos. Sendo a distribución da puntuación do 20% para o tipo test e do 80% para a parte práctica.
Proporase como coordinador/a de praias ao candidato con mellor puntuación nesta proba (específica de coordinador/a de praia) e, no caso de empate, a determinación do candidato determinarase por entrevista persoal.

Coordinadores/as de casetas
Esta proba, de carácter voluntaria, será realizada exclusivamente por aqueles/as aspirantes que, superado o proceso selectivo para socorrista anteriormente descrito, aspiren a desempeñar os posto de traballo de coordinadores/as de caseta
Citarase aos aspirantes que opten ao posto para realizar unha proba teórico-práctica e escrita relacionada coas funcións propias do posto de coordinador/a de casetas
• Mando e responsabilidade nos rescates e no traballo diario
• Organización diario do persoal de caseta en colaboración co coordinador de praias
• Revisión, distribución e proposta de reposición de material de rescate, EPI.s ...
• Elaboración de informes e traslado ao coordinador de praias e/ou ao departamento de seguridade do Concello …

A proba constará de vinte (20) preguntas tipo test con tres respostas posible e só unha correcta, e de catro supostos prácticos. Sendo a distribución da puntuación do 20% para o tipo test e do 80% para a parte práctica.
Proporanse como coordinadores/as de caseta aos candidatos con mellor puntuación nesta proba (específica de coordinador/a de praia) e, no caso de empate, a determinación do/s candidato/s determinarase por entrevista persoal.
A asignación de coordinador a cada caseta realizarase por estrito orde de puntuación nesta proba.

TEMARIO 
Os contidos da proba corresponderán a os módulos formativos 
MF1082_2 - PREVENCIÓN DE ACCIDENTES EN ESPACIOS ACUÁTICOS NATURAIS 
MF1083_2 - RESCATE DE ACCIDENTADOS EN ESPACIOS ACUÁTICOS NATURAIS, establecidos no CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE AFDP0209_SOCORRISMO EN ESPACIOS ACUÁTICOS NATURAIS (R.D. 711/2011, de 20 de maio, modificado polo RD 611/2013, de 2 de agosto). E dentro deles os seguintes: 

1. Socorrismo acuático básico. 
2. Lexislación específica relacionada co socorrismo en espazos acuáticos naturais. 
3. Vixilancia e prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais. 
4. Comunicacións aplicadas a prevención de riscos. 
5. Factores ambientais, influencia na intervención do socorrista en espazos acuáticos naturais. 
6. Aplicación das técnicas de entrada na auga e aproximación a os accidentados. 
7. Acondicionamento físico do socorrista. 
8. Intervención no socorrismo acuático. 
9. Técnicas de rescate en espazos acuáticos naturais. 
10. Manobras, tarefas e técnicas específicas nos diferentes espazos acuáticos naturais. 
11. Estratexias de conduta, aspectos psicolóxicos na fase crítica do rescate. 
12. Comunicación aplicada a situacións de rescate de accidentados e de emerxencia

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: