Diseño del blog

O Concello de Ponteareas convoca unha praza de Auxiliar de Axuda a Domicilio

may 23, 2022

Aprobación das bases e convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza vacante de persoal laboral auxiliar de axuda a domicilio, mediante sistema concurso-oposición, quenda libre:

TITULACIÓN E REQUISITOS: 

Estar en posesión, dalgunhas das seguintes titulacións habilitantes ou equivalentes (segundo o establecido na ORDE do 19 de Novembro de 2018 pola que se regula o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia): 
  1. Título de técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería.
  2. Título de técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
  3. Título de técnico/a superior en Integración Social.
  4. Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.
  5. Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio.
  6. Certificado de profesionalidade da ocupación de axuda a domicilio.
  7. Correspondiente habilitación para o exercicio na categoría de auxiliar de axuda a domicilio, expedido por Administracións Públicas competentes en Servizos Sociais ou por aquel organismo público determinado pola Comunidade Autónoma
Carnet de conducir tipo B visto que Ponteareas é un concello onde a maior parte da poboación dependente se atopa fóra do núcleo urbano, facéndose necesario que os/as auxiliares de axuda no fogar se despracen ao longo das 24 parroquias que comprende o termo municipal de Ponteareas, así como os núcleos de poboación diseminados para poder realizar o seu traballo 

Celga 2 ou equivalente. 

INSTANCIAS: 

As taxas de examen serán de 20 euros que se deberán ter abonados dentro do prazo de presentación de instancias, polos dereitos de participación no proceso selectivo.
As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo convocado deberán facelo constar mediante a instancia que se atopa no Anexo I das bases debidamente cumplimentado e asinado.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no BOE.
A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral do Concello de Ponteareas en horario de 9 a 13 horas ou ben en calquera das formas establecidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, se as solicitudes se presentan a través da oficina de Correos ou nun rexistro diferente ao do Concello de Ponteareas será necesario remitir unha copia da solicitude rexistrada no correo electrónico recursoshumanos@ponteareas.es nun prazo máximo de 3 días hábiles 

PROCESO SELECTIVO: 

EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio 
Cuestionario de 25 preguntas tipo test das cales 3 serán de reserva 

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio
Desenvolver unha ou varias cuestión prácticas ou realizar a tarefa ou tarefas que propoña o tribunal relacionadas coas materias do temario no prazo de tempo que estableza o tribunal en función da natureza da probra. 
No caso de desenvolverse de forma escrita, o exercicio deberá ser lido obligatoriamente ante o tribunal en sesión pública na data que se determinee, o tribunal podrá facer alguna pregunta ao opositor sobre a exposición ou solicitar alguna aclaración 

EXERCICIO 3. Obligatorio e non eliminatorio para aqueles aspirantes que non acrediten estar en posesesión do nivel Celga 2 de galego ou equivalente
Consiste na traducción directa dun texto do castelán ao galego sen axuda do diccionario

TEMARIO: 
Tema 1: A Constitución Española de 1978: Principios xerais, estructura e contido esencial. 
Tema 2: Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, de Estatuto de Autonomía para Galicia: Título Preliminar. 
Tema 3: Normativa que regula o servizo de axuda no fogar. Ordenanza municipal reguladora do servizo. 
Tema 4: Obxectivos do servizo de axuda no fogar. 
Tema 5: Dereitos e deberes das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar. 
Tema 6: A mobilización das/os enfermas/os: pautas xerais e movementos a realizar. 
Tema 7: A prevención de accidentes domésticos: intoxicacións, atragantamentos, caídas, queimaduras, electrocución. Seguridade persoal da/o asistida/o. 
Tema 8: Intervención da/o auxiliar de axuda a domicilio na nutrición, hixiene e aseo persoal da/o asistida/o. 
Tema 9: Aspectos xerais do envellecemento. Necesidades sociais e humanas no envellecemento. 
Tema 10: Os malos tratos ás persoas maiores e ás persoas enfermas

¿Tienes más dudas sobre esta convocatoria o necesitas información sobre nuestra formación?

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: