Diseño del blog

O concello de Lugo convoca 1 praza de Director/a de gardería

jun 21, 2022

O CONCELLO DE LUGO CONVOCA 1 PRAZA PARA DIRECTOR/A DE GARDERÍA MUNICIPAL POLO SISTEMA SELECTIVO CONCURSO-OPOSICIÓN POLO TURNO DE PROMOCIÓN INTERNA

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Título de Diplomado en Educación Infantil ou Título universitario de grao equivalente
  • Ser empregada/o público do Concello de Lugo con praza en propiedade, da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica pertencente ao grupo inmediatamente inferior, e ter unha antigüidade mínima de dous anos no grupo dende o que se promove, entendéndose o de acceso á praza no grupo de orixe (C1).

As solicitudes para participar no correspondente proceso selectivo haberán de axustarse ao modelo aprobado polo  Excmo. Concello de Lugo e as e os aspirantes manifestarán nelas, de xeito expreso, que reúnen todas e cada unha  das condicións de admisión previstas nestas bases específicas e nas xerais aprobadas pola Xunta de Goberno nas  sesións do 2 de xuño de 2010, 22 de decembro de 2010, 15 de outubro de 2014 e 5 de decembro de 2018 para  o acceso en propiedade a prazas pertencentes ao cadro de funcionarias/os do Concello de Lugo en quenda de  promoción interna.

As interesadas e interesados en participar nos correspondentes procesos selectivos deberán presentar instancia  dirixida á Excma. Sra. Alcaldesa no Rexistro Xeral do Concello de Lugo; así mesmo, poderán remitirse na forma  establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das  administracións públicas (coa excepción establecida na súa disposición final sétima).

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados, dende o seguinte á publicación do  anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, é dicir, ate o día 20/07/2022

PROBAS SELECTIVAS:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 100 minutos

Contestar un cuestionario de 80 preguntas tipo test, máis 3  preguntas de reserva, correspondente ao conxunto do programa

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos

Realización de 1 ou  varios supostos prácticos que formulará o tribunal e que estará relacionado cos contidos do programa e coas funcións  propias das e dos titulares destas prazas

EXERCICIO 3 . Coñecemento da lingua galega.

Acreditarase o coñecemento da lingua galega de acordo co establecido no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril,  de emprego público de Galicia. Realizarase unha proba de coñecemento da lingua galega que fixará oórgano de  selección atendendo á categoría e ás funcións da praza. Este exercicio puntuarase como apto ou non apto.

Estarán exentos da realización deste exercicio aquelas persoas aspirantes que acheguen, no prazo regulamentario  de presentación de solicitudes, o título CELGA 4 ou equivalentemente debidamente homologado, correspondente  ao nivel de estudios esixidos para participar nas probas selectivas, segundo a Orde de 16 de xullo de 2007, pola  que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, modificada pola  Orde do 10 de febreiro de 2014.

TEMARIO :
  1. Os contratos do sector público
  2. Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión. Garantías.  Preparación dos contratos: especial incidencia nos pregos de prescricións técnicas
  3. Criterios de adxudicación dos contratos
  4. O dereito á educación na Constitución
  5. Os contidos educativos do primeiro ciclo da Educación Infantil e requisitos básicos que deben cumprir os centros que o impartan na Comunidade Autónoma de Galicia.
  6. A Escola Infantil
  7. Financiamento das Escolas Infantís Municipais en Galicia
  8. A atención á infancia ao longo da historia
  9. Lexislación estatal en materia de protección da infancia
  10. Malos tratos infantís
  11. Características xerais do neno e a nena ata os 3 anos
  12. Atención á diversidade
  13. Desenvolvemento biolóxico dos nenos e nenas ata os 3 anos
  14. Desenvolvemento psicomotor nos nenos e nenas ata os 3 anos
  15. O desenvolvemento da personalidade
  16. O proceso de socialización nos nenos e nenas de 0 a 3 anos
  17. Principais correntes pedagóxicas e psicolóxicas en educación infantil
  18. A familia como axente de socialización
  19. O período de adaptación á Escola Infantil.
  20. Atención na Escola Infantil a aspectos importantes para a vida do neno
  21. Hábitos de autonomía persoal relacionados con actividades da vida cotiá
  22. Educación para a saúde. Actitudes e hábitos referidos ao descanso
  23. Alimentación, nutrición e dietética
  24. A educación sexual na etapa infantil
  25. Desenvolvemento lingüístico nos nenos e nenas de 0 a 3 anos
  26. A literatura infantil
  27. A educación musical en educación infantil
  28. Evolución da expresión plástica nos nenos e nenas
  29. A expresión corporal
  30. A influencia da imaxe no neno/a
  31. Formación de capacidades relacionadas co desenvolvemento lóxico-matemático.
  32. Principais alteracións do comportamento infantil
  33. O xogo infantil como principio psicopedagóxico
  34. A Proposta Pedagóxica
  35. A programación educativa no primeiro ciclo da educación infantil.
  36. Relacións da Escola Infantil coa súa contorna
  37. Principios de intervención educativa en educación infantil
  38. Currículo do Primeiro Ciclo da Educación Infantil en Galicia
  39. A organización dos espazos e do tempo
  40. Equipamento, recursos didácticos e materiais curriculares en educación infantil.
  41. A avaliación en Educación Infantil.
  42. A Dirección dunha Escola Infantil
  43. O traballo en equipo nunha Escola Infantil.
  44. Resolución de conflitos
  45. A intelixencia emocional aplicada á dirección
  46. Habilidades directivas
  47. A prevención de riscos laborais no ámbito da educación
  48. Calidade e innovación

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: