O Concello de Lugo convoca 7 prazas de Administrativo (C1). Promoción Interna

21 de junio de 2022

O CONCELLO DE LUGO CONVOCA 7 PRAZAS DE ADMINISTRATIVO (C1) POLO SISTEMA SELECTIVO DE CONCURSO-OPOSICIÓN. PROMOCIÓN INTERNA

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Título de bacharel ou Técnico ou FP de 2º grao ou equivalente. 
    • De conformidade co establecido na Disposición adicional vixésimo segunda da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, o persoal funcionario que non posúa a titulación requirida  poderá participar nas presentes probas selectivas sempre que acredite unha antigüidade de 10 anos nun Corpo ou Categoría Profesional do Subgrupo/Nivel C2, ou de 5 anos e a superación dun curso especifico de formación que ao que se accederá por motivos obxectivos
  • Ser empregado público do Concello de Lugo con praza en propiedade, pertencente ó grupo inmediatamente inferior, e pertencer á escala de administración xeral e unha antigüidade mínima de dous anos no grupo dende o que se promociona.

Os interesados e interesadas en participar nos correspondentes procesos selectivos deberán presentar instancia  dirixida á Excma. Sra Alcaldesa no Rexistro Xeral do Concello de Lugo; así mesmo, poderán remitirse na forma  establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das  Administracións Públicas (coa excepción establecida na disposición final séptima da mesma).

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados dende o seguinte á publicación do 
anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, é dicir, ate o día 11/07/2022

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obligatorio e eliminatorio co tempo máximo de 60 minutos

Cuestionario de 40 preguntas tipo test, máis 3 preguntas de reserva, correspondente ao conxunto do programa, con 3 respostas alternativas propostas  polo Tribunal, das cales só 1 delas será correcta.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 90 minutos

Consistirá na realización de 1 ou varios supostos prácticos que formulará o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio,  e que estará relacionado cos contidos do programa e coas funcións propias dos titulares destas prazas.

EXERCICIO 3. Proba de Galego

Na realización deste exercicio e na súa valoración estarase ó disposto na base décimo sétima letra C, das bases  aprobadas pola Xunta de Goberno o 2 de xuño de 2010 modificadas polo citado órgano o 22 de decembro de  2010, 15 de outubro de 2014 e 5 de decembro de 2018 que rexerán nos procesos para o acceso en propiedade 
a prazas pertencentes ó cadro de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda de promoción 
interna

TEMARIO:
  1. O acto administrativo
  2. Clases de interesados no procedemento
  3. A invalidez do acto administrativo
  4. Fases do procedemento administrativo común
  5. Os recursos administrativos
  6. A xurisdición contencioso-administrativa
  7. Os contratos do sector público
  8. Preparación e adxudicación dos contratos das Administracións Públicas
  9. O patrimonio das entidades locais
  10. As formas de acción administrativa das entidades locais
  11. A iniciativa económica das entidades locais e a reserva de servizos en favor das Entidades Locais
  12. A Administración pública no ordenamento español
  13. A Administración electrónica
  14. Os principios da organización administrativa
  15. Os principios de actuación da Administración Pública
  16. Sometemento da Administración á Lei e ao Dereito
  17. As facendas locais
  18. Os orzamentos locais
  19. O control interno da actividade económica financeira das entidades locais e os seus entes dependentes
  20. Competencia urbanística municipal
  21. Sistemas de actuación urbanística
  22. Os empregados públicos
  23. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais
  24. Faltas e sancións dos funcionarios
  25. O termo municipal
  26. Organización do municipio
  27. Organización complementaria
  28. Funcionamento dos órganos colexiados locais
  29. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais
  30. As competencias municipais
  31. A transparencia da actividade pública
  32. Singularidades do procedemento administrativo das Entidades Locais

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora