Diseño del blog

O Concello de Meis publica as bases e convocatoria para 1 praza de Administrativo/a

ago 05, 2022

O CONCELLO DE MEIS PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA COMO FUNCIONARIO INTERINO DE ADMINISTRATIVO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española ou calquera outra á que as normas previstas no TREBEP e na LEPG atribúan iguais dereitos para o acceso á función pública {artigos 56.1.a) e 57 TREBEP e 52 LEPG}.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa {artigos 56.1.c) e 50.1.d) LEPG}.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas, non padecendo enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións {artigos 56.1.b) TREBEP e 50.1.e) LEPG}.
  • Non ter sido despedido ou separado, mediante expediente disciplicinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicical para o exercicio das funcións públicas. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesos termos o acceso ao emprego público {artigos 56.1.d) TREBEP e 50.1.c) LEPG)}.
  • Ingresar a cantidade fixada como dereitos de exame no documento que acompaña á solicitude de participación.
  • Non estar incurso/a en causas de incompatibilidade de conformidade co disposto la Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
  • Estar en posesión do Título de bacharel, técnico ou equivalente ou en condición de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións oficiais non expedidas en España deberase estar en posesión, na mesma data do remate do prazo para presentar as instancias, da correspondente convalidación ou da credencial que acredite a homologación do título, expedida polo organismo competente. Para acreditar este requisito a persoa aspirante debera achegar copia do título oficial ou, no seu defecto, copia do xustificante de ter efectuado o depósito para obtelo.
As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán remitir unha instancia  dirixida á Alcaldía-Presidencia, conforme ao modelo que consta no Anexo I das Bases.

O prazo de presentación de instancias será de 15 días hábiles a contar dende o día s eguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, ate o día 25/08/2022 

Cando no derradeiro día do prazo se produza unha incidencia técnica que imposibilite o  funcionamento da sede electrónica do Concello de Meis, o prazo afectado ampliarase  automaticamente, ata o seguinte día hábil, en beneficio de todas as persoas interesadas no  procedemento, aínda que esta ampliación só producirá efectos para a presentación de  solicitudes, escritos e comunicacións por medios electrónicos.

Para que se produza a ampliación automática do prazo segundo o previsto nesta base será  necesario e esixible que a incidencia teña unha duración continuada superior a 1 hora nas  últimas 24h ou de menos de 1 hora nas últimas 12h do prazo.

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos

Consistirá en contestar por  escrito a un test de 60 preguntas con 4 respostas alternativas por pregunta, baseado no  contido do temario que figura como anexo da convocatoria.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos.

Consistirá en desenvolver un  ou varios supostos de carácter procedimental e administrativo 

O/s suposto/s que se propoña/n deberá/n permitir avaliar a capacidade das  persoas aspirantes para desenvolver as tarefas administrativas propias do posto de traballo  ao que se opta e relacionadas coas materias que integran o temario.

Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente pola persoa aspirante ante o tribunal que  poderá realizar preguntas ou solicitar aclaracións acerca do seu contido, sendo excluídos do  proceso selectivo automaticamente as persoas que non comparezan á lectura.

Neste exercicio o tribunal valorará os coñecementos das persoas aspirantes, a orde e  claridade de ideas, a claridade da exposición escrita, a capacidade de razoamento e  síntese, a súa capacidade de análise, a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á  resolución proposta e as conclusións formuladas.

EXERCICIO 3. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos

Consistirá en realizar unha  proba sobre o c oñecemento do idioma galego, que determinará o tribunal e sen uso de  material de apoio.

Estarán exentos da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír o  título CELGA 4 ou equivalente homologado. Esta acreditación terá que realizarse durante o  prazo de presentación de solicitudes.

TEMARIO:
  1. A Constitución española de 1978
  2. A organización do Estado na Constitución
  3. As Cortes Xerais
  4. O Poder Xudicial.
  5. O Poder Executivo
  6. O Estatuto de Autonomía de Galicia
  7. A Administración pública da comunidade autónoma.
  8. O dereito administrativo
  9. O ordenamento xurídico-administrativo (I)
  10. O ordenamento xurídico-administrativo (II)
  11. O acto administrativo
  12. A eficacia dos actos administrativos
  13. A invalidez do acto administrativo
  14. Disposicións xerais sobre o procedemento administrativo
  15.  Ordenación. Instrución
  16. Terminación do procedemento
  17. Recursos administrativos
  18. A xurisdición contencioso-administrativa
  19. O Réxime local
  20. As fontes do dereito local.
  21. O municipio
  22. A organización municipal.
  23. A provincia como entidade local.
  24. Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local
  25. O orzamento xeral das entidades locais
  26. O persoal ao servizo das entidades locais
  27. O acceso aos empregos locais
  28. A relación estatutaria.
  29. Os deberes dos funcionarios locais.
  30. Os bens das entidades locais
  31. A potestade sancionadora
  32. Réxime xurídico dos contratos das administracións públicas
  33. As partes na contratación pública
  34. O procedemento de contratación
  35. A responsabilidade da Administración pública
  36. A expropiación forzosa. 
  37. Actividade subvencional das administracións públicas.
  38. Lei de protección de datos
  39. Políticas de igualdade de xénero.
  40. A Administración electrónica

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: