O Concello de Boimorto publica as Bases e Convocatoria para unha bolsa de traballo de conductor/a de servizos sociais
5 de agosto de 2022
O CONCELLO DE BOIMORTO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA UNHA BOLSA DE TRABALLO DE CONDUCTOR/A DE VEHÍCULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE ADAPTADO EN SERVIZOS SOCIAIS

FUNCIÓNS DO POSTO:
- Condución e tarefas propias de utilización de vehículos
- Recollida e traslado de persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia
- Mantemento e limpeza dos vehículos e accesorios
- En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que lle sexan encomendadas e relacionadas coa condución,transporte e mantemento de vehículos municipais e sempre que estean incluídos no exercicio da súa profesión e preparación técnica.
REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.
- Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea. Tamén reunirán este requisito a ou o cónxuxe de española ou español ou de persoa nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores desa idade dependentes, e as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras e traballadores nos termos establecidos na normativa vixente.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas atribuídas ao posto de traballo.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No suposto de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
- Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
- Estar en posesión do certificado de lingua galega 2 (CELGA 2) ou equivalente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente o aspirante deberá superar a proba de coñecemento do idioma galego.
- Requisito de titulación: certificado de escolaridade, certificado de estudos primarios ou equivalente.
- Estar en posesión do permiso de circulación clase D
- Estar en posesión do certificado de aptitude profesional ( CAP) en vigor dentro do prazo de presentación de instancias.
As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida á Alcaldía do Concello seguindo o
modelo que figura como ANEXO I das bases e incluirá unha
manifestación de que se reúnen todos e cada un dos requisitos da presente
convocatoria na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados
a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín
Oficial da Provincia, é dicir, ate o día 24/08/2022
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO ÚNICO TEÓRICO-PRÁCTICO
cun tempo máximo de 15 minutos
Consistirá nunha proba teórico - práctica proposta polo Tribunal, que versará
sobre os temas relacionados no Anexo II das bases.
Durante a realización da proba práctica o Tribunal cualificador poderá formular
as preguntas que considere oportunas para unha mellor valoración das
capacidades do aspirante.
O exercicio cualificarase sobre un total de 10 puntos. Para considerar
superado o exercicio será preciso obter un mínimo de 5 puntos sobre o total de
10 puntos.
Concluída a realización do exercicio da oposición o Tribunal cualificador
fará pública a relación de aspirantes que o superasen, coa indicación da
puntuación ou cualificación obtida, na páxina web do concello, sen prexuízo da
súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello.
Os opositores non
incluídos na lista terán a consideración de <<non aptos>> e, polo tanto,
quedarán eliminados do proceso selectivo
PROBA DE GALEGO:
Para o caso de non acreditar estar en posesión do certificado de lingua
galega 2 (Celga 2) ou equivalente, os participantes deberán superar unha proba
de coñecemento da lingua galega dirixida á comprobación, por parte do
tribunal, de que comprenden, falan e escriben o galego, cualificándose esta
proba de <<apto>> ou <<non apto>>.
Esta proba constará de 10 preguntas, das que 5 consistirán na tradución
do castelán ao galego dun texto composto por un número máximo de 40
palabras cada unha delas, e as outras 5 preguntas consistirán na contestación a
un cuestionario tipo test con 4 respostas alternativas das que só unha será
a correcta.
FORMACIÓN DA BOLSA DE TRABALLO. PROCEDEMENTO DE
CHAMAMENTO E RENUNCIA.
Todas as persoas que superen o proceso de selección serán incluídas nunha bolsa de traballo para os futuros nomeamentos que resulten necesarios
e urxentes.
Por decreto da Alcaldía ou concelleira/o delegado con competencias na materia, a proposta do Tribunal cualificador, aprobarase a bolsa de traballo cos
aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de maior a menor
puntuación, indicando a que obtivo cada un deles. Dita aprobación publicarase
no Taboleiro de Edictos do Concello e na páxina web do Concello.
O chamamento do persoal efectuarase seguindo a orde de puntuación establecida na bolsa de traballo, de xeito que cando se deba proceder á
cobertura temporal ofertaráselle o posto de traballo ao primeiro aspirante da
lista.
Así, no caso de producirse a necesidade de prover unha ou varias prazas, coas características sinaladas, requirirase á ou ás persoas incluídas na listaxe coas
maiores puntuacións, para os efectos de que, nun prazo fixado polo órgano
competente competente en función da urxencia na provisión do posto, se
incorpore ao mesmo.
Dito requirimento será realizado de forma telefónica, efectuando un máximo de dous intentos no mesmo día e a distinta hora en xornada de mañá, con
posibilidade de practicar un terceiro chamamento ao día seguinte cando así o
dispoña o órgano competente, deixando informe desta actuación un traballador
funcionario ou laboral fixo do Concello.
De non ser localizado o primeiro integrante da lista, procederase a chamar aos seguintes aspirantes.
A falta de contestación telefónica dun candidato da lista para a súa incorporación non será considerada como rechazo, conservando o seu posto na
mesma para as próximas incorporacións.
En todo caso, a bolsa de emprego terá unha vixencia de 3 anos a contar
desde a súa publicación no Taboleiro de Edictos do Concello do acordo de
constitución da mesma ou en caso de chegar o vencemento da vixencia da
mesma, poderá ser obxecto de prórroga ata a constitución dunha nova bolsa de
emprego da mesma categoría profesional.
TEMARIO:
- A Constitución Española de 1978.
- O réxime local español
- Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais
- O persoal ao servizo da Administración local.
- O Concello de Boimorto
- Normas básicas de Seguridade e Saúde
- Mecánica básica do automóbil, chasis e carrocería, motores e funcionamento, electricidade, batería, dispositivos eléctricos e pneumáticos.
- Requisitos de mantemento e limpeza dos vehículos de transporte adaptado en servizos sociais do Concello de Boimorto.
- Condución profesional en vehículos adaptados.
- Tipoloxías de discapacidades de mobilidade.
Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación
Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.