Diseño del blog

O Concello de Fisterra publica as bases e convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de Auxiliar de Axuda no Fogar

ago 04, 2022

O CONCELLO DE FISTERRA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter nacionalidade española
  • Tamén poderán participar os nacionais doutros Estados nos termos do art. 52 da Lei 2/2015, de 9 de abril, de emprego público de Galicia
  • Non padecer nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima da xubilación forzosa
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial paraempregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso aos corpos ou escalas de funcionario e para exercer funcións similares as que desenvolvan no caso do persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado
    • No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
  • Non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
  • Carne de conducir B1 e dispor de medio de transporte para poder desprazarse dentro do termo municipa
  • Titulación: Título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto
  • Coñecemento de galego: Celga 3, Curso de iniciación ou equivalente
As instancias estarán dirixidas ao Sr. Alcalde do Concello de Fisterra, podendo presentarse no Rexistro xeral en horario  de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou na sede electrónica do Concello de Fisterra en calquera día e hora dentro do  prazo de presentación de solicitudes. Ademais, poderán cursarse polos procedementos previstos no artigo 16.4 da LPACAP.

Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de edictos do Concello de Fisterra e na súa páxina web.

O prazo de presentación de instancias son DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte a publicación das bases   no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, ate o 18/08/2022

PROCESO SELECTIVO:
Cun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos

Proba única teórico- práctica
  1. Primeira parte: Tipo test de 20 preguntas con respostas alternativas no que só unha é correcta sobre calquera das  materias do programa.
  2. Segunda parte: Proba práctica, que consistirá en resolver dous casos prácticos relacionados co posto de traballo a  escoller entre tres
Proba de coñecementos da lingua galega:

Os aspirantes que non acrediten o coñecemento da lingua galega mediante a presentación do título CELGA 3 ou superior deberán someterse a un exame de galego.

A proba terá carácter escrito é consistirá na tradución dun texto en castelán. A proba terá unha duración máxima de  20  minutos

FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE TRABALLO:

Todas as persoas que superen o proceso de selección serán incluídas nunha bolsa de traballo, ordenadas segundo  a puntuación obtida, para as futuras contratacións que resulten necesarias a fin de cubrir vacantes temporalmente debidas  a vacacións, baixas do persoal municipal do servizo de axuda no fogar. 

Esta bolsa de emprego terá unha vixencia mínima  de 2 anos e máxima de 3 anos.

TEMARIO:
  1. A Constitución Española e conceptos básicos de dereito administrativo
  2. Conceptos básicos de réxime local
  3. Hixiene e atención sanitaria domiciliaria
  4. Atención e apoio psicosocial domiciliario
  5. Apoio domiciliario e alimentación familiar

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: