Diseño del blog

O Concello do Páramo publica as bases e convocatoria para 1 praza de traballador/a social

ago 03, 2022

O CONCELLO DE O PÁRAMO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL

FUNCIÓNS DOS ASPIRANTES:
  • Coordinación do traballo da unidade.
  • Detección preventiva, atención directa, planificación, mediación e supervisión, avaliación e coordinación, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio, a través da observación, atención da demanda e a investigación.
  • Planificación e programación dos recursos e servizos necesarios para atender os problemas e necesidades detectados.
  • Avaliación de problemas e derivación para a atención dos mesmos cara os distintos servicios existentes cando así o requira o caso.
  • Axuda á integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social, evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social.
  • Información, asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflito a nivel individual e colectivo
  • Xestión e tramitación administrativa de recursos e prestacións
  • Tramitación de programas sociais financiados pola Xunta e Deputación e outros.
  • Supervisión e coordinación do servizo de axuda a domicilio.
  • Responsable das aplicacións informáticas do servizo
  • Visitas domiciliarias.
  • Elaboración de informes sociais dos casos.
  • Colaboración en actividades que permitan a conciliación laboral e a integración social.
  • Calquera outra, relacionada co posto de traballo, que lle encomende o superior xerárquico.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos

Contestar por escrito varias preguntas cortas propostas polo tribunal da  parte xeral e da parte específica

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos

Consistirá en desenvolver por escrito un tema proposto polo tribunal da parte específica 
do temario. 

O exercicio será lido ante o Tribunal, que formulará preguntas ao aspirante sobre o enfoque do  tema obxecto da exposición, dispoñendo o Tribunal dun tempo máximo de 20 minutos para formular ditas  cuestións relacionadas coa materia obxecto do exercicio. 

Valorarase o contido, a claridade de ideas e a  capacidade de expresión.

EXERCICIO 3 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos

Consistirá na realización dun caso práctico a desenvolver por escrito  sobre labores propios do traballo e tendo en conta o temario

EXERCICIO 4. 
A proba de coñecemento do idioma galego unicamente será obrigatoria para o persoal aspirante que non  acredite o título de perfeccionamento de galego ou a validación correspondente, ou estar en posesión do Celga 4

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en materia de persoal.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. So por lei  poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, noque fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado membro da Comunidade Europea, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
  • Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determinen a lexislación vixente.
  • Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico incompatible co normal desenrolo das súas funcións.
  • Posuír a titulación de Diplomatura/Grao en Traballo social.
  • Posuír o certificado de Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente na materia de política lingüística da Xunta de Galicia, ou obter a calificación de apto na proba de galego que forma parte da fase de oposición.
As instancias solicitando participar no proceso selectivo axustaranse ao modelo oficial que figura no ANEXO  III da convocatoria e que será facilitado ós interesados nas oficinas xerais do concello, e dirixiranse ao Sr.  Alcalde do Concello de O Páramo (directamente ou a través dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei  39/2015, do 1 de outubro). 

O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais contados dende o  seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Se o último día fora inhábil, 
prorrogarase ao día seguinte. Dito anuncio publicarase tamén no DOGA.

No caso de presentarse instancias nas oficinas de correos deberase comunicar no mesmo día da presentación ao  mail concello.oparamo@eidolocal.es, con copia da instancia presentada.

As bases íntegras serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, na sede electrónica do Concello de O  Páramo e no taboleiro de anuncios.

Na instancia haberá de manifestarse que se reúnen todos e cada un dos requisitos que se esixen na base  terceira, referidos á data en que termine o prazo de presentación de instancias.

TEMARIO:
  1. A Constitución Española do 1978
  2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois
  3. A Coroa.
  4. Organización territorial do Estado.
  5. Dereito Administrativo
  6. A Administración e a norma xurídica
  7. O Municipio I
  8. O Municipio II
  9. A provincia
  10. O acto administrativo.
  11. A eficacia dos actos administrativos
  12. A notificación
  13. A executividade dos actos administrativos
  14. A invalidez do acto administrativo.
  15. A acción de nulidade
  16. Disposicións xerais sobre os procedementos administrativos e normas reguladoras dos distintos procedementos.
  17. Recursos administrativos
  18. O persoal ao servizo das Entidades Locais.
  19. O orzamento das Entidades Locais.
  20. Calidade dos datos
  21. A acción social.
  22. O Sistema Galego de Servizos Sociais.
  23. Estrutura do sistema de servizos sociais.
  24. Servizos sociais comunitarios básicos.
  25. Servizos sociais comunitarios específicos.
  26. Servizos sociais especializados
  27. O Regulamento dos servizos sociais comunitarios e o seu Financiamento.
  28. O Plan Concertado.
  29. A prestación dos servizos sociais.
  30. A inspección dos servizos sociais
  31. O modelo de Informe social unificado para área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  32. O Servizo de axuda no fogar
  33. Normativa municipal do Concello de O Páramo reguladora do servizo de axuda no fogar.
  34. O Servizo de Teleasistencia. Modalidades
  35. O Programa Xantar na Casa
  36. Obxecto, definición e principios fundamentais da lei de promoción de autonomía persoal e atención á dependencia.
  37. Configuración do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia. 
  38. Prestacións e catálogo de servizos de atención do Sistema para a autonomía e atención á dependencia.
  39. Graos de dependencia e valoración.
  40. Lei 10/2013, 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
  41. Axudas Inclusión Social (AIS).
  42. A Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA).
  43. O emprego como factor social de inclusión
  44. A Familia e os menores
  45. Menores en conflicto social
  46. O acollemento familiar na Lei de apoio á familia e a convivencia en Galicia.
  47. O papel do/a traballador/a social na atención á muller no ámbito municipal.
  48. Necesidades e recursos das persoas con discapacidade
  49. Necesidades sociais dos maiores.
  50. Inmigración e retorno.
  51. A integración social das persoas inmigrantes e emigrantes retornado
  52. As necesidades sociais
  53. Proceso metodolóxico
  54. Técnicas e Instrumentos de traballo social
  55. Os sistemas de información nos servizos sociais comunitarios básicos
  56. Fundamentos, principios e funcións do traballo social.
  57. Niveis de intervención en traballo social
  58. O/A traballador/a social como membro dun equipo interdisciplinar
  59. Deontoloxía e ética profesional
  60. Asociacionismo e Voluntariado social.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: