Diseño del blog

O concello de Naron convoca unha praza na categoría de conserxe.

dic 18, 2021

O Concello de Narón convoca unha praza na categoría de Conserxe.

BASES ESPECÍFICAS PARA A PROVISION DE UNHA PRAZA DE CONSERXE

1. Clasificación: Escala de Administración Xeral. Subescala: Subalterna. Conserxe
2. Número de prazas: 1
3. Retribucións: As retribucións correspondentes ó grupo C2, nivel 14, segundo os acordos adoptados pola Corporación ó respecto.
4. Sistema de provisión: Oposición libre.
5. Titulación: ESO ou equivalente.
6. Taxas: 17.21€

REQUISITOS DOS ASPIRANTES
1. Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.
2. Estar en posesión do título da ESO ou equivalente.
3. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título a efectos profesionais.
4. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoa funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
5. No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
6. Ter cumpridos os 16 anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
7. Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

DOCUMENTOS A PRESENTAR COA INSTANCIA
1. Fotocopia compulsada do DNI
2. Fotocopia da titulación esixida
3. Xustificante de pago da taxa 

PROCESO SELECTIVO

PRIMEIRO EXERCICIO
Consistirá en desenvolver por escrito, nun tempo máximo de 1 hora, un cuestionario de 20 preguntas curtas, relacionadas co temario, elaboradas polo tribunal antes da celebración do exercicio. 
Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha puntuación de 5 puntos para superalo.

SEGUNDO EXERCICIO
Consistirá en desenvolver por escrito, no tempo máximo de 2 horas 1 tema de entre os que figuran no programa, a elixir entre 2 extraídos ó chou, inmediatamente antes da celebración do exercicio. 
Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha puntuación de 5 puntos para superalo. 

TERCEIRO EXERCICIO
 Consistirá en desenvolver 1 ou varios supostos prácticos relacionados coas tarefas da praza.
 Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha puntuación de 5 puntos, en cada un dos supostos, para superalo. 
A cualificación final deste exercicio, virá determinada pola media aritmética das puntuacións obtidas en cada un dos supostos.

CUARTO EXERCICIO
Consistirá na tradución dun ou varios textos seleccionado/s polo Tribunal, no tempo máximo de 1 hora. 
A cualificación do exercicio será de “apto” ou “non apto”.
A puntuación final obterase sumando as obtidas nos tres primeiros exercicios.
QUEDAN EXENTOS AQUELES ASPIRANTES QUE ACREDITASEN A TITULACIÓN CELGA 3.

TEMARIO

1. A Constitución española de 1978. Estrutura e principios xerais. Os dereitos fundamentais na Constitución. O modelo económico da Constitución española. O Tribunal Constitucional. A reforma da Constitución 
2. A organización do Estado na Constitución: organización institucional ou política e organización territorial. A Coroa. As Cortes Xerais: referencia ao Defensor do Pobo e ao Tribunal de Contas. O Poder Xudicial. 
3. O Goberno e a Administración. Principios de actuación da Administración pública. A Administración xeral do Estado. As comunidades autónomas: especial referencia aos estatutos de autonomía. A Administración local. A Administración institucional
4. A organización da Unión Europea. O Consello Europeo, o Consello, o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Competencias da UE. 
5. O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica. Relacións entre entes territoriais. A autonomía local. 
6. O municipio: concepto e elementos. O termo municipal. A poboación: especial referencia ao empadroamento. A organización. Competencias municipais 
7. A provincia. Organización provincial. Competencias. 
8. Outras entidades locais. Mancomunidades, comarcas ou outras entidades que agrupen varios municipios. As áreas metropolitanas. As entidades de ámbito territorial inferior ao municipal. 
9. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos dos actos administrativos: motivación, notificación e publicación. Eficacia dos actos administrativos. Validez dos actos administrativos. Revisión dos actos administrativos: de oficio e en vía de recurso administrativo. 
10. O procedemento administrativo: consideracións xerais. As fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Dimensión temporal do procedemento. Referencia aos procedementos especiais. 
11. O persoal ao servizo das entidades locais: concepto e clases. Dereitos, deberes e incompatibilidades.
12. Introdución á comunicación. A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación. Diferenza entre información e comunicación. Tipos de comunicación: oral e telefónica. A comunicación non verbal. 
13. Os servizos de información administrativa. A Administración ao servizo do cidadá. Atención ao público. Acollida e información ao cidadá. Discapacidade. 
14. Políticas de igualdade de xénero. A Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes: obxecto e ámbito da lei. Principio de igualdade e tutela contra a discriminación. Principios das políticas públicas para a igualdade. 
15. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e o seu regulamento de desenvolvemento. Obxecto e réxime xurídico. Principios da protección de datos: Calidade dos datos, dereito de información na recollida de datos, consentimento do afectado, datos especialmente protexidos, deber de segredo. Dereitos dos cidadáns: acceso, rectificación, oposición, cancelación. Ficheiros de titularidade pública: creación, modificación ou supresión. 
16. Control de acceso, identificación, información, atención e recepción de persoal visitante. 
17. Recepción, distribución e entrega de paquetería e documentación. 
18. Manexo de máquinas reproductoras e outras análogas. 
19. Franqueo, depósito e distribución de correspondencia. 
20. Realización de recados oficiais fóra e dentro do centro. Información de anomalías ou incidencias no centro de traballo 
21. Coñecementos básicos de mantemento dos edificios e os seus recintos: Instalacións eléctricas, aparatos eléctricos e luminarias. Mantemento de instalacións de fontanería: aparatos sanitarios, desaugues, calefacción e caldeiras. Mantemento de carpintería metálica e carpintería de madeira, persianas e acristalamentos. Posta en marcha e paro de instalacións de protección contra incendios e anti-intrusión


16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: