Diseño del blog

O Concello de Oleiros, convoca unha praza de Técnico/a Superior

dic 17, 2021
Convo catoria e bases de selección dun/ha técnico/a de administración especial (funcionario/a de carreira) Convocatoria e publicación das bases para cubrir unha praza de técnico/a de administración especial polo sistema selectivo de concurso-oposición libre, aprobada por resolución da segunda tenente de alcalde delegada de Persoal, nº2021005200, do 3 de novembro de 2021, ditada en uso das competencias atribuídas polo Decreto da alcaldía nº 2019002619, do 20 de xuño

Esta convocatoria específica constitúe o desenvolvemento das bases da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña nº 98, do 26 de maio de 2017, e nº 57, do 23 de marzo de 2018, para a provisión de prazas vacantes convocadas por esta Corporación para o ano 2018 e seguintes.

CARACTERÍSTICAS DAS PLAZAS E RETRIBUCIÓN
1. Número de prazas: 1
2. Denominación: Técnico/a de administración especial
3. Oferta de emprego público: Ano 2021
4. Escala: Administración especial
5. Subescala: Técnica
6. Clase: Técnico Superior
7. Subgrupo: A1

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES
1. Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.
2. Estar en posesión do título universitario de grao ou equivalente.
3. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título a efectos profesionais.
4. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoa funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
5. No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
6. Ter cumpridos os 16 anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
7. Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do rexistro na sede electrónica do Concello de Oleiros (Sede electrónica -> Servizos xerais -> Rexistro electrónico -> Inscrición nos procesos de selección de persoal).
Tamén se poden presentar por vía telemática nas oficinas de Correos, mediante ORVE ao código dixital de destino “L01150584”.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica do Concello de Oleiros.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
A participación neste proceso de selección é voluntaria, e implica que se presta consentimento para realizar as probas, aceptando que o resultado desas probas sexa empregado como factor de valoración, de conformidade co previsto nestas bases.

TAXAS
As taxas por dereitos de exame fíxanse nun importe de 22,02€ para cada un dos postos obxecto desta convocatoria, de acordo coa ordenanza fiscal reguladora en vigor. 
Deberá satisfacerse unha taxa por cada un dos procedementos selectivos en que se participe.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
1. DNI ou NIE da persoa solicitante 
2. DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso
3. A instancia normalizada, que figura na sede electrónica do Concello de Oleiros (Sede electrónica -> Servizos xerais -> Rexistro electrónico -> Inscrición nos procesos de selección de persoal). Tamén poderase atopar na páxina web municipal (Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Recursos Humanos).
4. Título universitario de Grao ou equivalente
5. Certificado de CELGA 4 no seu caso ou equivalente
6. Xustificante do ingreso da TAXA, co selo da entidade bancaria con indicación da data, ou xustificante electrónico 
7. No caso de bonificación, título de familia numerosa
8. A relación de méritos alegados para a fase de concurso e os seus documentos acreditativos.
Esta documentación presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do rexistro na sede electrónica do Concello de Oleiros
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente nesta Administración. 
Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. 
Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximo establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica do Concello de Oleiros, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica do Concello de Oleiros.

PROCESO SELECTIVO
A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase pola letra que resulte do sorteo ao que se refire o Regulamento de selección do persoal ao servizo da Comunidade autónoma de Galicia, vixente no momento da realización do exercicio que implique chamamento público.
O tribunal, unha vez rematado cada exercicio, establecerá por orde decrecente de puntuación o número de aspirantes que deberán desenvolver o resto das probas, por quendas consecutivas, de resultar necesario.
As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.
En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

FASE DE CONCURSO: 
Non terá carácter eliminatoria e a puntuación nesta fase non poderá exceder de 40 puntos.
Por cada mes completo de servizos prestados (ata un máximo de 20 puntos)
A puntuación da experiencia profesional á que fai referencia este apartado está referida a xornada completa, sendo que no suposto de xornada parcial, outorgarase a puntuación proporcional correspondente. Para estes efectos, non se computarán os servizos prestados simultaneamente con outros igualmente alegados, e reduciranse proporcionalmente os prestados a tempo parcial. Non se computarán servizos inferiores a 1 mes, considerándose os meses de 30 días
Formación relacionada coa praza convocada e/ou coa Administración Pública (máximo 15 puntos): 
1. Títulos universitarios de Máster, e/ou cursos de duración lectiva igual ou superior a 1 500 horas: 7 puntos por cada un
2. Cursos de 200 a 1 499 horas: 3 puntos cada un
3. Cursos de 100 a 199 horas: 1 punto por cada un.
4. Cursos de 20 a 99 horas: 0,5 puntos por cada un.
Por cursos de ofimática e/ou Informática relacionados coas funcións da praza convocada, tramitación telemática, xestión de expedientes e similares (máximo 2 puntos)
1. Cada 15 horas acumuladas: 0,5 puntos.
Outra formación (máximo 3 puntos)
1. Título universitario de Máster ou Pos grao: 2 puntos
2. Acreditación de nivel C1 no MCER dunha lingua estranxeira ou equivalente: 1 punto
Unicamente serán valorados aqueles méritos formativos organizados por entidades públicas ou homologados por elas cuxa data de finalización estea comprendida nos 10 anos anteriores ao fin de prazo de presentación de instancias. 
No suposto de non figurar o número de horas lectivas (ou conversión de equivalencia, exemplo: créditos) e/ou non expresar con suficiente claridade o seu contido básico, os cursos non serán valorados. 
Non se valorarán os cursos pertencentes a unha carreira universitaria, os de doutoramento, os derivados de procesos selectivos nin os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios ou similares.

FASE DE OPOSICIÓN

PRIMEIRA PROBA
De carácter obrigatorio e eliminatorio. 
Consistirá en desenvolver por escrito, nun tempo máximo de 3 horas, 2 temas extraídos ao chou polo tribunal, inmediatamente antes da celebración do exercicio.
Este exercicio cualificarase de 0 a 28 puntos, sendo preciso acadar unha puntuación de 7 puntos en cada un dos temas, para superalo.
O órgano de selección poderá acordar que as persoas aspirantes lean publicamente o exercicio.
A cualificación final virá determinada pola media aritmética das puntuacións obtidas en cada un dos temas.
Valorarase de xeito especial a capacidade de relación, a claridade expositiva, a precisión técnica, a capacidade de síntese e a ordenación do contido do exercicio.

SEGUNDA PROBA
De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en desenvolver por escrito, no tempo máximo de 2 horas, 1 ou 2 supostos prácticos determinados polo órgano de selección, de entre as materias relacionadas no temario.
Cualificarase de 0 a 28 puntos, sendo preciso acadar 14 puntos para superalo.
O órgano de selección poderá acordar que as persoas aspirantes lean publicamente o exercicio.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de razoamento, a sistemática na formulación de conclusións e o coñecemento e a adecuada interpretación da normativa aplicable, no seu caso.

TERCEIRA PROBA
De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido polo órgano de selección inmediatamente antes de celebrarse a proba.
O exercicio terá unha duración máxima de 30 minutos.
Valorarase como apto/a ou non apto/a e para superalo será necesario obter o resultado de apto/a.
QUEDAN EXENTOS AQUELES ASPIRANTES QUE TEÑAN EN POSESIÓN DO CELGA 4

CUARTA PROBA: ENTREVISTA
De carácter obrigatorio e non eliminatorio para aqueles/as aspirantes que superaron os exercicios anteriores.
Consistirá na realización dunha entrevista profesional que versará sobre as tarefas a desenvolver no posto de traballo e a súa relación coa experiencia profesional para tal efecto.
Valorarase de 0 a 4 puntos.

TEMARIO
1. A Constitución Española de 1978. Estrutura. Características Xerais. Principios que informan a Constitución Española de 1978. O Título Preliminar da Constitución. Os dereitos fundamentais e as liberdades públicas.
2. As Cortes Xerais na Constitución. O Goberno e a Administración na Constitución. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais.
3. Os Principios reitores da Política Social e Económica. A economía e a facenda na Constitución. O Tribunal de Contas.
4. As fontes do Dereito Administrativo. Os Tratados Internacionais como norma de Dereito interno. As relacións entre o Ordenamento Estatal e o Autonómico.
5. A Lei. Elaboración e aprobación das Leis. Tipos de Leis na Constitución. Disposicións do Goberno con forza de Lei. O Regulamento. A potestade regulamentaria. Distinción de figuras afíns. As relacións entre a Lei e o Regulamento. Inderrogabilidade singular dos Regulamentos.
6. A Unión Europea. A Comisión. O Consello. O Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza.
7. O ordenamento xurídico da Unión Europea e as súas fontes. Libre circulación de mercadorías: a Unión Aduaneira, a libre práctica. A organización Mundial do Comercio. Organización Mundial de Aduanas
8. As fontes do Dereito Comunitario. A política rexional da Unión Europea. Os fondos estruturais. A cohesión económica e social.
9. Poder xudicial. O Consello xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional. Natureza. Organización. Funcións. composición. competencias. A xurisprudencia constitucional.
10. A Organización Territorial do Estado na Constitución. Especial referencia á xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre o Titulo VIII da Constitución. As Comunidades Autónomas. Os Estatutos de Autonomía. Relación entre o Estado e as Comunidades Autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia.
11. Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. A Administración Xeral do Estado. Estrutura. A administración Xeral do Estado no exterior. Sector público institucional.
12. Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Os convenios. 
13. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: A capacidade de obrar e o concepto de interesado. Identificación e sinatura dos interesados no procedemento administrativo. Normas xerais de actuación. Dereitos das persoas nas súas relacións coas Administracións Públicas. Dereito e obrigación de relacionarse electronicamente coas administracións públicas. Linguas dos procedementos.
14. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Rexistros. Colaboración e comparecencia das persoas. Responsabilidade da tramitación. Emisión de documentos polas Administracións Públicas. Validez e eficacia das copias realizadas polas Administracións Públicas. Documentos achegados polos interesados ao procedemento administrativo. Termos e prazos.
15. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Dos actos administrativos: Concepto e clases. Elementos. Requisitos dos actos administrativos.
16. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Eficacia dos actos. A notificación. Nulidade e anulabilidade. 
17. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Iniciación do procedemento. Disposicións xerais. Clases e especialidades de iniciación. Inicio do procedemento a solicitude do interesado. Ordenación. Instrución: Disposicións xerais. Proba. Informes. Participación dos interesados.
18. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Finalización do procedemento: Disposicións xerais. Terminación: Clases de terminación e especialidades. Tramitación simplificada do procedemento administrativo. Execución. Título. Executoriedade. Execución forzosa. Medios de execución forzosa.
19. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Da revisión dos actos en vía administrativa. Revisión de oficio. Revisión de disposicións e actos nulos. Declaración de lesividade de actos anulables. Suspensión. Revogación de actos e rectificación de erros. Límite da revisión. Competencia para a revisión de oficio das disposicións e de actos nulos e anulables na Administración Xeral do Estado.
20. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Recursos administrativos: Principios xerais. Obxecto e clases. Normas xerais dos recursos administrativos. Recurso de alzada. Recurso de reposición. Recurso extraordinario de revisión. A suspensión da execución do acto recorrido.
21. A potestade sancionadora: Concepto e significado. O dereito sancionador. Principios do exercicio da potestade sancionadora. As sancións administrativas: concepto, natureza e clases. O procedemento sancionador. 
22. Marco normativa específico de prevención de riscos laborais. A lei 31/1995 de 8 de novembro, de Prevención de riscos laborais: ámbito de aplicación. Dereito e obrigas. Órganos de representación en materia preventiva: Delegados de prevención e comité de seguridade e saúde.
23. Normativa en materia de igualdade: Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de homes e mulleres. Principais medidas contempladas polo Decreto 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. O II Plan de Igualdade do Concello de Oleiros: obxectivos e principios reitores.
24. Lei 19/2013, de 9 de decembro. De transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
25. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público obxecto e ámbito de aplicación da Lei de Contratos del Sector Público. Tipos de contratos del sector público. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Contratos administrativos e contratos privados.
26. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público. Disposicións xerais sobre la contratación del sector público: racionalidade e consistencia, liberdade de pactos e contido mínimo do contrato, perfección e forma del contrato, réxime de invalidez, recurso especial en materia de contratación.
27. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público: Preparación de los contratos: expediente de contratación. Pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. obxecto, prezo e valor estimado.
28. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público: A adxudicación dos contratos I. Anuncio de licitación. Prazos de presentación de solicitudes. Proposicións dos interesados. Criterios de adxudicación. Resolución e Formalización.
29. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público. A adxudicación dos contratos II. Procedemento aberto, simplificado e simplificado sumario.
30. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público. A adxudicación dos contratos III. Procedemento restrinxido. Procedementos con negociación. Concepto de diálogo competitivo, procedemento de asociación para a innovación e concursos de proxectos. 
31. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público: execución dos contratos. Modificación dos contratos. Suspensión e extinción dos contratos. Cesión dos contratos e subcontratación.
32. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público: Competencia e normas específicas de contratación pública nas entidades locais. Regulación dos contratos menores. Especial referencia ás interpretacións dos órganos consultivos.
33. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público: O contrato de obras. actuacións preparatorias do contrato de obras. Execución do contrato de obras. Modificación do contrato. Cumprimento e resolución.
34. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público: Contratos do sector público. O contrato de concesión de obras. Mención ás actuacións preparatorias do contrato de concesión de obras. Execución, cumprimento e extinción das concesións.
35. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público: O contrato de concesión de servizos. Mención ás actuacións preparatorias do contrato de concesión de servizos. Execución, cumprimento e extinción do contrato de concesión de servizos.
36. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público. O contrato de subministro. Execución do contrato de subministro. Cumprimento e resolución. Regulación de determinados contratos de subministro.
37. Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público: O contrato de servicios. Execución dos contratos de servicios. Resolución. Especialidades do contrato de elaboración de proxectos de obras.
38. Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP). Racionalización técnica da contratación. Acordos marco, sistemas dinámicos e centrais de contratación.
39. A expropiación forzosa: Natureza e xustificación da potestade expropiatoria. Os suxeitos da potestade expropiatoria. A causa expropiatoria.
40. O procedemento expropiatorio xeral. A declaración de utilidade pública ou interese xeral. A declaración de neceSidade de ocupación. O prezo xusto. A garantía do prezo xusto fronte ás moras e depreciación monetaria. O pagamento. A declaración de urxencia da ocupación de bens afectados pola expropiación. Garantías xurisdicionais en materia de expropiación. A reversión.
41. A responsabilidade da Administración Pública segundo a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Principios. Orzamentos. Efectividade da reparación. Especialidades nos procedementos de responsabilidade patrimonial.
42. As formas de actividade administrativa. A actividade de policía: A autorización administrativa. O fomento e os seus medios: mención xenérica ás subvencións.
43. A actividade administrativa de prestación de servizos. O servizo público: concepto. Os modos de xestión do servizo público.
44. Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. A actividade subvencional. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. 
45. Lei 9/2007 de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. Disposicións comúns ás subvencións públicas. Procedementos de concesión e xestión.
46. O dominio público: Concepto e natureza. Elementos. Clases. Afectación e mutacións demaniais. Réxime Xurídico do dominio público. Uso e utilización do dominio público. A concesión e a reserva demanial. O patrimonio privado das Administracións Públicas.
47. A protección de datos de carácter persoal: normativa reguladora, ámbito de aplicación, principios de protección de datos, dereitos das persoas, responsable e encargado do tratamento e delegado de protección de datos, e autoridades de protección de datos.
48. A administración local na Constitución de 1978. Especial análise do principio da autonomía local. A Carta Europea da autonomía local. Doutrina do Tribunal Constitucional.
49. Fontes do ordenamento xurídico local. Lexislación estatal sobre réxime local. Lexislación autonómica sobre réxime local e as súas relacións coa estatal. A Potestade Regulamentaria das Entidades Locais. Órganos titulares.
50. As Ordenanzas e Regulamentos. Elaboración e aprobación das Ordenanzas e Regulamentos. A publicación das normas locais. Os Bandos. O Regulamento orgánico do Concello de Oleiros.
51. Normativa de aplicación ás eleccións locais. Principios. O procedemento electoral. Proclamación de membros electos das Corporacións Locais. Perda da condición de membro da Corporación.
52. Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora de Bases do Réxime Local: O Municipio. Concepto e definición dos elementos. O municipio como entidade básica da organización territorial do Estado, como entidade representativa dos intereses locais e como prestadora de servizos públicos.
53. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases do réxime local O termo municipal. Creación e supresión de municipios e alteración de termos municipais na normativa autonómica. 
54. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases do réxime local A poboación municipal. O empadroamento: o padrón municipal de habitantes. Os dereitos dos veciños. Os dereitos dos estranxeiros. A participación veciñal.
55. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases do réxime local Autonomía local e competencias municipais. Cláusula xeral e servizos mínimos. As competencias locais e provinciais.
56. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases do réxime local. Municipios de réxime común: O Alcalde. Competencias. Forma de elección e cesamento. Os Tenentes de Alcalde. A Xunta de Goberno Local: composición e atribucións. O Concello Pleno. Composición e competencias. As Comisións Informativas. Mención a outros tipos de organización municipal.
57. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases do réxime local .Réxime de sesións e acordos das Corporacións Locais. Normas reguladoras. As sesións; as súas clases; requisitos e procedementos de constitución e celebración. Os acordos das Corporacións Locais. Sistema de votación e computo de maiorías.
58. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases do réxime local . Actas e Certificacións. Informes do Secretario e do Interventor. As resolucións do Presidente da Corporación. Moción de censura e cuestión de confianza.
59. Organización e funcionamento do Concello de Oleiros: Creación de Áreas de Goberno Local, Delegación de Competencias na XGL e Delegación de Competencias nos Concelleiros. 
60. Lei de administración local de Galicia. Estruturas supramunicipais. A Bisbarra. As Mancomunidades. As Áreas Metropolitanas. Os consorcios locais. 
61. Os recursos contra os actos das Entidades Locais. A revogación e a revisión de oficio. As reclamacións previas á vía xudicial e o esgotamento da vía administrativa.
62. A o Réxime de impugnación e suspensión dos actos e acordos locais en caso de conflito coa administración do Estado e da comunidade autónoma. A impugnación polas corporacións locais das disposicións e actos doutras administracións públicas que lesionen a súa autonomía.
63. Fórmulas específicas de cooperación da administración do Estado e da comunidade autónoma á xestión dos servicios das Entidades Locais. Asistencia e cooperación das deputacións provinciais cos municipios, en especial en materia de obras e servizos.
64. Os bens das entidades locais. Clases. Prerrogativas e potestades das entidades locais en relación cos seus bens. Os bens comunais. Os montes veciñais en man común. O inventario de bens.
65. O persoal ó servizo das entidades locais. Clases. Especial referencia aos funcionarios con habilitación de carácter nacional. Réxime disciplinario dos funcionarios locais.
66. A función pública. Normativa básica estatal e lexislación autonómica. Clases de persoal. Organización do emprego público e oferta de emprego público. Adquisición da condición de empregado público: principios reguladores. Requisitos de acceso. Sistemas selectivos. Adquisición da relación de servizo.
67. Dereitos e deberes dos funcionarios. Promoción profesional e avaliación do desempeño. Mobilidade do persoal funcionario. Permisos e licenzas.
68. Réxime disciplinario dos funcionarios locais. Responsabilidade civil, penal e patrimonial do persoal ao Servizo da Administración Local. As situacións administrativas dos funcionarios locais.
69. Marco constitucional do urbanismo. Competencias urbanísticas do Estados, das Comunidades autónomas e das Entidades Locais. A ordenación territorial. A Carta Europea de ordenación do territorio.
70. Réxime urbanístico da propiedade do solo. Contido do dereito da propiedade do solo: facultades, deberes e cargas. Criterios de utilización do solo na normativa básicas. Especial referencia a situación do solo rural e urbanizado: facultades e deberes en cada tipo de solo.
71. Plan urbanístico. Clases de instrumentos de ordenación. Disposicións xerais. O Plan xeral municipal. plans de desenvolvemento. elaboración e aprobación dos instrumentos do plan. Efectos da aprobación dos plans.
72. A Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Disposicións Xerais do Ordenamento Tributario. Os tributos. A aplicación dos tributos: xestión de tributos.
73. As Facendas Locais: Principios Constitucionais. Lexislación aplicable. Imposición e ordenación de tributos locais. As Ordenanzas Fiscais: contido e procedemento de elaboración.
74. Recursos das Facendas Locais. Taxas. Prezos Públicos. As contribucións especiais. Réxime Xurídico. 
75. Réxime do endebedamento a longo prazo. Réxime das operacións de tesourería. Procedemento para a concertación das operacións de endebedamento e o principio de prudencia.
76. O Imposto sobre bens inmobles. O imposto sobre actividades económicas. O Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. 
77. O Imposto sobre construcións, instalacións e obras. O imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. 
78. A xestión dos tributos locais. A recadación. A inspección. 
79. A revisión en vía administrativa dos actos de xestión ditados en materia de facendas locais. A devolución de ingresos indebidos.
80. O orzamento das entidades locais I. Estrutura. Principios orzamentarios. 
81. O orzamento das entidades locais II. Formación e aprobación do orzamento. As bases de execución. Prórroga do orzamento.
82. Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira. 
83. O crédito orzamentario. Gastos plurianuais. Os remanentes de crédito.
84. Modificacións de créditos: clases e tramitación.
85. Fases do procedemento do gasto no réxime local. Ordenación do pagamento. Clases de pagamentos: en firme, a xustificar e anticipos de caixa fixa. 
86. A liquidación do orzamento: contido e tramitación. A Conta Xeral: contido e tramitación. 
87. A intervención no ámbito local. Control e fiscalización interna. 
88. A tesourería municipal. Competencias. A planificación financeira. Control e fiscalización externo: O Tribunal de Contas. A responsabilidade contable.
89. A contabilidade dos entes locais. O sistema de información contable da administración local. As normas de valoración. O plan de contas.
90. O período medio de pago a provedores. Información a render á oficina virtual das entidades locais. Medidas preventivas, correctivas e coercitivas en caso de incumprimento da normativa de estabilidade e sustentabilidade das entidades locais.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: