Diseño del blog

O Concello de Vilalba abre o período de inscripción para unha praza de técnico/a en turismo

dic 16, 2021

BASES PARA A SELECCIÓN TEMPORAL DUNHA PRAZA DE TÉCNICO EN TURISMO EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DE VILALBA (LUGO) VINCULADAS Ó PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN DA EXCMA. DIPUTACIÓN DE LUGO COS CONCELLOS, "PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO 2021"  Expte 3260/2021


OBXECTO
• Cobertura, mediante contrato laboral por período de nove meses cunha xornada a tempo completo dunha praza de Técnico en Turismo adscrito a Turismo e Comercio, co límite temporal ata o 31 de outubro de 2022.
• Sistema selectivo: Concurso-Oposición libre.

REQUISITOS
1. Ter nacionalidade Española
2. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
3. Ter cumpridos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa 
4. Non ser separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas
5. Non acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado
a. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/a á sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
6. Estar en posesión do título de graduado en turismo, diplomado en turismo ou similar.
7. Estar en situación de desemprego.
a. Acreditarase mediante informe de vida laboral actualizada, ou documento da Oficina Pública de Emprego onde conste tal circunstancia. 
b. Poden provir de situación de mellora de emprego. Acreditarase mediante documento da Oficina Pública de Emprego onde conste tal circunstancia (mellora de emprego)
Os requisitos establecidos nestas bases deberán posuírse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata a formalización do contrato laboral

INSTANCIAS
As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas dirixiranse a Sra. Alcaldesa-Presidenta e nelas cada aspirante deberá manifestar que reúne todas e cada unha das condicións esixidas na convocatoria, referidas sempre á data de expiración do prazo de presentación de instancias.
As solicitudes presentaranse no prazo de cinco días naturais contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria na sede electrónica do Excmo. Concello de Vilalba (tablón de anuncios e portal de transparencia) e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no Rexistro Xeneral do Excmo. Concello de Vilalba, en días laborais e en horario de oficina, ou ben en calquera dos lugares previstos no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Os solicitantes deberán unir á instancia a seguinte documentación:
1. Fotocopia do D.N.I.
2. Copia do título académico requirido
3. Copias dos documentos acreditativos dos méritos a valorar na fase de concurso
4. CELGA 4 ou equivalente. De non aportarse deberá realizarse unha proba na Fase II da oposición 

ADMISIÓN DE ASPIRRANTES
Expirado o prazo de presentación de instancias, dictarase resolución declarando aprobada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as e as causas de exclusión. 
Dita resolución publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal e no portal de transparencia do concello. vilalba.sedelectronica.es
No prazo de 3 días naturais de conformidade co previsto no art. 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Adminsitrativo Común, poderán corrixir os defectos que se aluden no referido artigo, e formular as reclamacións á lista provisional. 
De non presentar a solicitude de rectificación ou reclamación no indicado prazo, decaerá o seu dereito, sendo excluído definitivamente da lista de aspirantes
Se non se presentasen reclamacións á lista provisional, considerase esta definitiva.
No suposto de existir reclamacións, estas serán aceptadas ou rexeitadas na mesma resolución pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos e a composición do Tribunal e a data, lugar e hora de realización da fase de oposición. 
Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal e no portal de transparencia do concello (vilalba.sedelectronica.es)

PROCEDEMENTO SELECTIVO
A selección dos aspirantes realizarase a través do sistema de concurso-oposición libre. Constará, de dúas fases:
1. A fase de concurso valerá un 33,33% (1/3)
2. A fase de oposición o 66,66% (2/3).

FASE DE CONCURSO (Máximo 10 puntos)

SERÁ PREVIA Á DE OPOSICIÓN, NON TERÁ CARACTER ELIMINATORIO NIN PODERÁ TERSE EN CONTA PARA SUPERAR AS PROBAS DA FASE DE OPOSICIÓN.
• Tribunal reunirase con carácter previo á celebración do primeiro exercicio, para valorar os méritos da fase de concurso. 
• A resolución resultante desta valoración ha de conter para cada aspirante a puntuación global obtida na fase de concurso e ha de publicarse no taboleiro de anuncios da Corporación.
• Méritos a valorar:
o Experiencia profesional. Valorarase ata un máximo de 8 puntos
o Formación complementaria. Valorarase ata un máximo de 2 puntos
 Cursos de entre 30 e 60 horas : 0,10 puntos
 Cursos de entre 61 a 100 horas : 0,30 puntos
 Cursos ou títulos de entre 101 a 200 horas: 0,50 puntos
 Cursos ou títulos de máis de 200 horas: 0,75 puntos
 Máster oficial: 1 punto
 Inglés con nivel B2, equivalente ou similar: 1 punto
 Outros idiomas, con nivel B2, equivalente ou similar: 0,50 puntos
FASE DE OPOSICIÓN (Máximo 20 puntos)
Consistirá na realización dunhas probas de capacidade e aptitude eliminatorias e obrigatorias para os aspirantes
A data e lugar na que se celebrará a proba anunciarase no Taboleiro de Edictos e na páxina Web do Concello.
Os aspirantes serán convocados en chamamento único (empezando pola letra cuxo primeiro apelido comece pola letra «V», atendendo, a estos efectos, á ordenación alfabética resultante do listado de aspirantes admitidos.
Fase I de Oposición 
• Será de caracter obligatorio e eliminatorio en caso de non superala. 
• Constará de dous apartados con unha puntuación máxima de 20 puntos, debendo os/as aspirantes obter unha puntuación mínima de 10 puntos nesta fase.
APARTADO 1: Consistirá en contestar por escrito, un cuestionario de 40 preguntas tipo test con tres respostas alternativas nun tempo máximo de 50 minutos, onde só unha resposta será a correcta.
Puntuará 0.25 as respostas correctas, e non penalizará as non contestadas e as contestadas incorrectamente penalizarán menos 0,05. 
Este exercicio será cualificado de 0 a10 puntos, e terase que acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para pasar a seguinte proba.
APARTADO 2: Resolución dun suposto práctico que contará con un cuestionario de 5 preguntas sobre o mesmo. O tempo máximo destinado a esta parte da proba será de 60 minutos.
O/os enunciado/s do/s suposto/s serán propostos polo Tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio e versarán sobre os contidos das materias comprendidas no temario. 
Esta parte será cualificada de 0 a 10 puntos (2 puntos por pregunta das que integran o cuestionario), sendo necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos para superala. 
A puntuación calcularase de acordo cos seguintes criterios: 
• Cada pregunta valorarase cunha puntuación máxima de 2 puntos. 
• As respostas incorrectas ou en branco non puntúan nin descontan. 
• Nesta parte valorarase o volume e comprensión dos coñecementos, a claridade de ideas, e a capacidade de expresión
Finalizada a fase I de oposición o Tribunal Calificador fará público o resultado das calificacións dos aspirantes da fase I de oposición. Coa consideración de apto e non apto.
Fase II de Oposición
PROBA DE COÑECEMENTO DO IDIOMA GALEGO
Unicamente realizarase a aqueles aspirantes que obteñan a calificación de apto na fase I da oposición.
Consistirá nunha tradución dun texto de contido administrativo do castelán ao galego nun tempo máximo de 30 minutos. 
Terá caracter obligatorio e eliminatorio, para aqueles aspirantes que non acrediten antes da súa realización estar en posesión do titulo CELGA 4 o equivalente. 
Este exercicio será calificado de apto ou non apto.

TEMARIO
1. Constitución Española de 1978 (I): Valores superiores e principios inspiradores; Dereitos e deberes fundamentais.
2. O rexime local español: A administración local na Constitución. O principio de autonomía. Garantía institucional da autonomía local.
3. O municipio no Réxime local: Concepto, elementos . O termo municipal. A Poboación. O empadroamento. O municipio no Réxime local: Concepto, elementos . O termo municipal. A Poboación. O empadroamento.
4. Competencias Municipais. Os servizos mínimos. A reserva de servizos.
5. Organización Municipal: Órganos necesarios e complementarios: Competencia e delegacións.
6. Potestade Reglamentaria das entidades locais: Ordenanzas e Regulamentos. Definición e clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Os Bandos.
7. Bens das Entidades Locais: Clases e Réxime Xurídico. Inventario de bens.
8. O persoal ao servizo das Entidades Locais: Concepto e Clases. Acceso.
9. Potestade Sancionadora: Principios. Concurrencia de sancións. Especialidades procedimentais na potestade sancionadora.
10. A Responsabilidade Patrimonial das Administracións Públicas: Disposicións xerais. Especialidades procedimentais na responsabilidade patrimonial.
11. Administrado: Concepto, Medios electrónicos e Rexistro
12. A obrigación de resolver. Sentido do silencio
13. Cómputo de Prazos e Tramitación de Urxencia.
14. Requisitos dos Actos administrativos.
15. Eficacia dos Actos Administrativos: A notificación.
16. Anulabilidade, Nulidade e Convalidación do Acto.
17. Recursos Administrativos: Concepto e Clases.
18. Estudo do Recurso de reposición: Potestativo e Obligatorio no ámbito local
19. A xurisdicción Contencioso-Administrativa: O procedemento contencioso administrativo en primeiro ou única instancia. Medidas cautelares.
20. A xurisdicción Contencioso-Administrativa: Execución de sentenza. Recursos.
21. Contratos do Sector Público: Réxime xurídico e delimitación. A administración contratante. Contratista: Capacidade, solvencia, prohibicións e clasificación.
22. Tipos de contratos administrativos: Características básicas.
23. Contratos Privados da Administración. Concepto e Principais características.
24. A expropiación forzosa. Suxeitos, obxecto e causa. O procedimento xeral. Garantías xurisdiccionais. A reversión expropiatoria. Tramitación de urxencia. Procedementos especiai
25. Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia: Disposicións xerais. Procedemento de concesión e xustificación. 
26. Recursos Locais: Definicion e clasificación.
27. Prezos públicos e Contribucións Especiais. Taxas e Ordenanzas Fiscais
28. Prevención de riscos laborais. Disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo. Normas básicas de seguridade e saúde laboral. Equipos de protección colectiva e equipos de protección individual. Manipulación manual de cargas.
29. Políticas de igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: Disposicións xerais. A transversalidad. A erradicación do uso sexista da lingua. As condicións de emprego en igualdade na Administración pública galega. Medidas de conciliación e corresponsabilidad no emprego público. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
30. Explorador de windows. Xestión de cartafois e arquivos. Operacións de procura. O meu Pc. Accesorios. Ferramentas do sistema
31. Procesadores de texto: Word ou o equivalente en Libre Office. Principais funcións e utilidades. Creacción e estructuración do documento. Xestión, grabación, recuperación e impresión de ficheiros.
32. Follas de cálculo: Excel ou o equivalente ao Libre Office. Principais funcións e utilidades. Libros, follas e celas. Configuración. Introdución e edicción de datos. Fórmulas e funcións. Gráficos. Xestión de datos.
33. Correo electrónico e a rede internet: conceptos elementais e funcionamento. A contorna de traballo. Enviar, recibir, responder e reenviar mensaxes. Creacción de mensaxes. Libreta de direccións.
a. A rede Internet: Navegación. Favoritos, historial, procura. Os menús de Internet Explorer e as súas funcións.
34. Creacción e desenvolvemento de productos turísticos locais. Os diferentes productos turísticos locais. Públicos obxectivo para este tipo de productos.
35. A información turística. Planificación e xestión dunha oficina de información turística
36. A difusión de información. A información turística nas redes sociais. Técnicas de comunicación e de promoción turísticas
37. O turismo e a súa incidencia no desenvolvemento socioeconómico do territorio
38. Programación de itenerarios turísticos. Identificación en análise comparativa das fontes de información turística máis relevantes para a confección de itinerario
39. Planificación e organización de eventos e espectáculos para a promoción turística. Adaptación ós distintos colectivos.
40. Novos produtos turísticos e aplicación de novas tecnoloxías
41. Comercialización de produtos turísticos
42. A importancia do turismo en Galicia. Os destinos turísticos.
43. Os diferentes Camiños de Santiago, especialmente o Camiño Norte.
44. O turismo no medio rural. Establecementos e tipos de aloxamentos normativa que regula os mesmos
45. Subvencións da Xunta de Galicia para entidades locais materia de turismo
46. Subvencións da Xunta de Galicia para empresas en materia de turismo.
47. O concepto de Patrimonio cultural e natural e os seus elementos, especialmente os da Comarca Terra Cha
48. A protección do Patrimonio e o turismo sostenible
49. A paisaxe: Mar, costa, ríos, montañas, vales e planicies na Comarca Terra Cha
50. Historia, arte e arqueoloxía na Comarca Terra Cha
51. Gastronomía e termalismo na Comarca Terra Cha
52. Feiras e festas de interese turístico da Comarca Terra Cha
53. Poboación e organización do territorio da Comarca Terra Cha
54. Natureza: Paisaxe, flora, fauna e xeoloxía. Reserva da Biodiversidade Rede Natura. Espazos protexidos da Comarca Terra Cha
55. A Historia e as manifestacións do pasado na Comarca Terra Cha
56. Gastronomía, feiras e outros recursos da Comarca Terra Cha
57. Formas verbais, formas condicionais, pronomes, adxectivos e preposicións
58. Léxico e formalismos para a atención ao público
59. Léxico para o sector de viaxes e turismo
60. Léxico relacionado co Patrimonio cultural e natural

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: