Diseño del blog

O Concello de Rianxo anuncia 1 praza de Operario/a de Limpieza en turno de discapacidade

dic 15, 2021

Aprobación convocatoria e bases para selección de (1) operario de limpeza, persoal laboral fixo, reservada a persoa con  discapacidade xeral, incluída na oferta de Emprego Público do Concello de Rianxo para o ano 2017.

Requisitos

a) Nacionalidade
Ter a nacionalidade española ou ser nacional dos Estados membros da Unión Europea; ou ser, calquera que sexa a súa nacionalidade, cónxuxe das persoas españolas e das persoas nacionais doutros Estados membros
da Unión Europea, sempre que non estean separados de feito u os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que
non estean separados de feito, sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependente; ou ser persoa inclúa no
ámbito de aplicación dos Tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa
de aplicación a libre circulación de traballadores, nos termos establecidos no apartado 1 do artigo 57 do RD Lexislativo
5/2015 de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Idade
Ter cumpridos os dezaseis (16) anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Titulación
Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente .No caso de titulación obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite a homologación do
título. Este requisito non será esixible aos aspirantes que tiveran obtido o recoñecemento da súa cualificación profesional,
no ámbito das profesións reguladas ao amparo das disposicións de dereito comunitario.

d) Capacidade
Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspira, sen
prexuízo das adaptacións ao posto de traballo que procedan.

e) Habilitación
Non ter sido separado, mediante un expediente disciplinario, nin acharse en situación de inhabilitación
especial ou absoluta para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, tanto para o acceso á función pública como
para exercer funcións similares como persoal laboral sen que fose separado ou inhabilitado.
No caso dos estranxeiros, no acharse inhabilitado ou en situación equivalente ni ser sometido a sanción disciplinaria ou
equivalente, que impida, no seu Estado de orixe, o acceso ao emprego público nos mesmos termos que os dos españois.

f) Por tratarse dunha praza reservada a persoa discapacitada, terá que acreditarse documentalmente o grado de discapacidade física ou sensorial recoñecida igual ou superior do 33%.
O grado e tipo de discapacidade requirido na correspondente convocatoria deberá posuírse o día da finalización do
prazo de presentación de solicitudes e manterse no momento da subscrición do correspondente contrato de traballo. 

FUNCIÓNS DA PRAZA

1. Limpeza das instalacións municipais que se sinale pola Concellería delegada do servizo, neste senso corresponderalle a limpeza de solos, paneis, ventás, portas, mobiliario e calquera outro elemento que, sen requirir dun tratamento especializado, se atope ubicado nas dependencias que se lle asignaran. Para estas tarefas empregará os útiles e instrumentos
máis adecuados segundo o tipo de elemento.
2. Limpar elementos sanitarios tales como inodoros, lavabos, etc., coidando da máis perfecta hixiene e reposición de
tódolos produtos e materiais que lle son propios.
3. Responsabilizarse do rego e mantemento das plantas de interior.
4. Responsabilizarse da limpeza e mantemento dos bebedeiros de auga.
5. Solicita-la adquisición de produtos de limpeza ou materiais necesarios para o cumprimento da súa función.
6. Dar conta do estado das instalacións, mobles, equipos, etc. que sexan limpados, cando presenten desperfectos ou
anomalías que precisasen de reparacións ou intervencións técnicas.
7. Así mesmo, cando a limpeza de determinadas instalacións superen as súas propias posibilidades (p.ex. ventanais
só alcanzables desde o exterior e a gran altura), advertirá do seu estado co fin de que se proceda ó seu coidado.
8. Calquera outra tarefa ou función análoga e propia da súa categoría (limpeza viaria...).



Presentación de instancias.

 As presentes bases se publicarán no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC) e un anuncio da convocatoria,
en extracto, no Diario Oficial da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE), con indicación
do número e data do BOPC non que se tiveran publicado íntegramente.

 As instancias, segundo modelo que se acompaña no Anexo I, dirixiranse ó alcalde do Concello e presentaranse
no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo, ou en calquera dos lugares ou formas establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015
PAC, durante o prazo de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria
no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Para ser admitido e, no seu caso, tomar parte nas probas selectivas correspondentes, os aspirantes deberán manifestar nas súa solicitudes de participación que reúnen todos e cada unha das condicións esixidas, referidas sempre á data de
expiración do prazo de presentación.
Á instancia acompañarase inescusablemente:
– Fotocopia do título académico esixido.
– Fotocopia do DNI.
– Fotocopia do Documento xustificativo de estar en posesión do CELGA 1 (ou superior) ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de  política lingüística da Xunta de Galicia, para aqueles aspirantes que desexen ser exentos da realización da terceira  proba da oposición de galego.
– Documentación xustificativa do requisito indicado na base terceira apartado f) relativo ao grao de discapacidade,
pudendo aportar alternativamente:
a) copia da resolución administrativa ou certificado ditado e expedido polos órganos competentes da Comunidade
Autónoma ou do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
b) Copia da tarxeta acreditativa do grado de discapacidade para persoas con discapacidade residentes na Comunidade
Autónoma de Galicia axustada á normativa.
– Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso na forma prevista nas presentes bases.
Non será precisa a compulsa dos documentos que se presenten fotocopiados, bastando a declaración xurada
do interesado sobre a autenticidade dos mesmos, así como dos datos que figuran na solicitude, sen prexuízo de
que en calquera momento o Tribunal Cualificador poida requirir aos aspirantes que acrediten a veracidade das circunstancias e documentos aportados e que tiveran sido obxecto de valoración. A data límite para a alegación dos
méritos e a prestación dos documentos relativos aos mesmos será a de finalización do prazo de presentación de
solicitudes. En ningún caso se valorarán méritos non alegados na solicitude ou non acreditados documentalmente
en prazo.

TEMARIO DA OPOSICIÓN

Tema 1.–Entidades locais, clases: provincia e municipio. O municipio: Competencias. Órganos de goberno municipais.
O alcalde o Pleno e a Xunta de Goberno Local.
Tema 2.–O Concello de Rianxo. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación. Localización dos lugares do Concello de Rianxo.
Tema 3.–Prevención de riscos laborais. Criterios de seguridade a ter en conta nos traballos de limpeza. Equipos de
Protección Individual (EPIs) necesarios nas tarefas de limpeza.
Tema 4.–Ferramentas e útiles de limpeza. As súas formas: a máquina e a man. Uso e conservación. Uso da varredoiro
mecánica.
Tema 5.–Produtos de limpeza. Identificación dos produtos de limpeza e desinfección. Significado do símbolos utilizados nas etiquetas dos produtos. Manipulación e transporte. Almacenamento dos produtos e identificación dos produtos
perigosos.
Tema 6.–Forma de quitar as manchas de graxa, aceite, alcatrán, etc.
Tema 7.–Limpeza viaria. Varrido e baldeo.
Tema 8.–Tipos de residuos: urbanos, industriais, sanitarios, agrícolas, gandeiros.
Tema 9.–Condicións de saúde e seguridade no traballo de limpador/a. Uso de guantes, máscaras, e outros elementos
de prevención.
Tema 10.–Ordenanza xeral de limpeza e medio ambiente do Concello de Rianxo (BOP n.º 99, do 30.04.1996).

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: