Diseño del blog

O Concello de Navia de Suarna publica as bases e convocatoria para 1 praza de auxiliar administrativo/a

dic 07, 2022

O CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no art. 57 do TREBEP:
  • Ser cidadán da Unión Europea ou seu cónxuxe, sempre que non estean separados/as de dereito, así como os seus descendentes e os do/a seu/súa cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un (21) anos ou maiores dependentes. 
  • star incluído/a no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrado pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras.
  • Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas das prazas/postos que se convocan.
  • Ter cumpridos dezaseis (16) anos e non alcanzar a idade de xubilación forzosa. 
  • Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no seu caso, o persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. 
  • Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, FP Grao Básico, Graduado Escolar, FP 1 Grao ou equivalente. 
  • Nivel de coñecemento da Lingua Galega: Celga4



O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE. 



PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 1 hora e 20 minutos



Consistirá nun exercicio tipo test de 16 preguntas con tres respostas alternativas e 2 preguntas de reserva



EXERCICIO 2.

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 2 horas



Consistirá na resolución dun suposto práctico que terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa, nun caso concreto que responda ás funcións ou tarefas da praza/posto que se convoca. 



O Tribunal decidirá se as persoas aspirantes, para a realización do exercicio poden vir provistas de normativa, excluíndose textos doutrinais, textos legais concordados, anotados e/ou comentados, formularios ou similares.



Este exercicio poderá ser realizado ou transcrito utilizando as ferramentas informáticas que sexan necesarias a criterio do Tribunal.



PROBA DE GALEGO

Obrigatoria e eliminatoria



En cumprimento do sinalado no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a proba de galego consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego  Celga 4



Estarán exentos da realización da proba de galego as persoas aspirantes que acrediten posuír, dentro do prazo de presentación de solicitudes, o nivel de galego Celga4



TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978: principios xerais. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. A Xefatura do Estado. As Cámaras Lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración Pública. O poder xudicial. O Tribunal Constitucional. 
  2. A organización Territorial do Estado na Constitución Española de 1978. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia.
  3. As fontes do Dereito Público. Principios de actuación das Administracións Públicas. O Réxime Local Español. Principios constitucionais. A Facenda Local na Constitución. 
  4. O Municipio como entidade local. Organización e competencias. O Concello de Navia de Suarna organización, competencias dos distintos órganos. Os bens das Entidades Locais.
  5. Os actos administrativos: concepto, elementos e clases. Requisitos. Motivación. A eficacia dos actos administrativos. Notificación e publicación. Validez. A nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Irregularidades non invalidantes. Conversión, conservación e convalidación.
  6. O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución. Recursos administrativos.
  7. Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos. 
  8. Os contratos administrativos. Concepto. Clases. A actividade subvencional das Administración Públicas. 
  9. Coñecementos sobre o modelo básico da contabilidade nos pequenos municipios. Plan Xeral Contable. Principios de contabilidade. O orzamento das entidades locais. Principios orzamentarios. As Facendas Locais. Ordenanzas fiscais. Os impostos locais. 
  10. Sistema retributivo dos empregados públicos locais. Confección das nóminas. A Seguridade Social dos empregados públicos locais. A cotización á Seguridade Social: cotización do Concello e cotización dos empregados. O imposto da renda das persoas físicas (IRPF).

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: