Diseño del blog

O Concello de Navia de Suarna publica as bases e convocatoria para 1 praza de peón/oa conductor/a

dic 07, 2022

O CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE PEÓN/OA CONDUCTOR/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no art. 57 do TREBEP:
  • Ser cidadán da Unión Europea ou seu cónxuxe, sempre que non estean separados/as de dereito, así como os seus descendentes e os do/a seu/súa cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un (21) anos ou maiores dependentes. 
  • star incluído/a no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrado pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras.
  • Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas das prazas/postos que se convocan.
  • Ter cumpridos dezaseis (16) anos e non alcanzar a idade de xubilación forzosa. 
  • Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no seu caso, o persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. 
  • De acordo co apartado c) do art. 135, do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, co art. 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto; e coa disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei do estatuto básico do empregado público (TREBEP), non será necesario estar en posesión de ningunha titulación académica oficial.
  • Nivel de coñecemento de Galego: Celga2


O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE. 


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 1 hora e 15 minutos


Consistirá nun exercicio tipo test de 12 preguntas con 3 respostas alternativas e 2 preguntas de reserva


EXERCICIO 2

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 1 hora


Consistirá na resolución dun suposto práctico que terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa, nun caso concreto que responda ás funcións ou tarefas da praza/posto que se convoca. 


O Tribunal poderá determinar que o exercicio sexa lido polas persoas aspirantes, na data que este determine, podendo asistir a este acto as demais persoas aspirantes. Neste suposto a lectura será obrigatoria quedando eliminados do proceso selectivo as persoas que non comparezan. 


O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada, de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa das habilidades profesionais de cada persoa aspirante. 


PROBA DE GALEGO

Obrigatoria e eliminatoria


En cumprimento do sinalado no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a proba de galego consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego Celga2


TEMARIO:

  1. A Constitución Española. Principios Xerais. O Municipio. A organización municipal. Competencias municipais. Organización do Concello de Navia de Suarna.
  2. Fontanería, electricidade e xardinería: conceptos básicos, ferramentas e útiles, tarefas de mantemento e conservación. 
  3. Albanelería, carpintería, carrexaría e pintura: conceptos básicos, ferramentas e útiles, tarefas de mantemento e conservación. 
  4. Xeografía, carreteiras e rúas do Concello de Navia de Suarna. Maquinas e vehículos: Tipos –Condución de maquinaria e vehículos destinados a transporte de mercancías ou persoas. Métodos e regras de carga, descarga e amarre. Sistemas de alumeado e sinalización óptica dos vehículos. As sinais acústicas. Sinais e distintivos dos vehículos. Remolques: requisitos para a súa circulación. 
  5. Documentación e Inspecciones técnicas da maquinas e vehículos. Elementos e mantemento básico das maquinas e vehículos. A seguridade activa e pasiva. Prevención de riscos. 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: