Diseño del blog

O Concello de O Corgo publilca as bases e convocatoria para 7 prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar

jul 28, 2022

O Concello de O Corgo publica as bases e convocatoria para 7 prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar polo sistema selectivo de Concurso-Oposición

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española.
    • As persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea.
    • As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros de la Unión Europea, sempre que no estean separadas de dereito.
    • As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinteún anos ou maiores de dita idade dependentes
    • As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinteún anos ou maiores de dita idade dependentes.
    • As persoas incluidas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións
    • A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 
  • Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desenvolvemento de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder á mesma categoría profesional á que pertencía.
    • No caso de nacionais doutros estados, no estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos términos anteriores.
  • Estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 496/03, de 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
    • Considerase como equivalente o título de técnico en cuidados auxiliares de enfermería ou o título de técnico en atención a persoas en situación de dependencia
    • No caso de titulacións obtidas no estranxeiro se deberá de estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.
  • Estar en posesión do permiso de conducir da categoría B e dispoñer de medios propios para desprazarse aos domicilios dos usuarios.
  • Posuir as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desenvolvemento das correspondientes funcións o tarefas.
A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como  Anexo II ás Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello, dirixirase ao Sr Alcalde do Concello  de O Corgo.

Presentarase, debidamente cuberta, no Rexistro Xeral do Concello ou a través da súa sede electrónica  concellodocorgo.sedelectronica.gal, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da  publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). Tamén se poderán remitir na forma  determinada no artigo 16.4 da LPAC

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 180 minutos

Proba escrita, tipo test de 100  preguntas con 3 respostas alternativas das que só unha  será a correcta, sobre o contido do programa especificado.

Finalizado o tempo, os candidatos introducirán nun sobre o seu exame, pechándolo e asinándoo xunto cos  membros do tribunal.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 180 minutos

Desenvolver por escrito un tema, relacionado coa práctica profesional, elixido ao chou de entre os temas da parte específica. 

O tribunal tamén poderá decidir que se expoña un apartado concreto do tema estraído ao chou de entre os citados.

Os opositores deberán ler ante o tribunal, en sesión pública, o exercicio realizado.

A tal efecto o tribunal sinalará, por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello e da sede electrónica, o  día, hora e lugar en que comezará a lectura dos exames realizados. O chamamento comezará polos aspirante cuia  primera letra do seu primeiro apelido comece pola letra A.

Cada membro do tribunal disporá de copias fotoestáticas das probas para cotexar a lectura do aspirante.

Corresponderá ao Tribunal determinar o nivel de coñecementos esixidos para acadar a puntuación mínima.

Valorarase os coñecementos, a formación xeral sobre a materia relacionada co posto de traballo que se convoca,  a capacidade, a claridade expositiva e de ideas, precisión e rigor na exposición, e a compresión da materia.  A tal efecto, os membros do Tribunal poderán formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar  aclaracións en relación coa proba realizada de xeito que lle permita avaliar axeitadamente os criterios de valoración  indicados no parágrafo anterior.

A cualificación será a media aritmética da puntuación outorgada por cada membro do Tribunal.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no taboleiro de anuncios do concello e da sede electrónica e na páxina  web.

EXERCICIO 3 . Obrigatorio e eliminatorio  para aquelas persoas que non poidan acreditar o coñecemento  de galego no nivel CELGA 3 ou equivalente (curso de iniciación de galego, de acordo coa disposición adicional  segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados acreditativos dos niveis de  coñecemento de lingua galega, publicada no DOG nº 146, de 30 de xullo de 2007). 

Consistirá en dúas probas: 
  • Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous  textos propostos polo tribunal.
  • Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal
Neste exercicio valorarase a correcta expresión gramatical e ortográfica, que acredite a competencia dos  opositores nas dúas linguas oficias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para a execución deste exercicio, o opositor non poderá utilizar dicionarios, nin libros de gramática.

TEMARIO :
  1. A lei de dependencia
  2. O sistema de autonomía e atención á dependencia. 
  3. Prestacións do servicio de axuda no fogar.
  4. O servicio de axuda no fogar na lei de dependencia. 
  5. O servicio de axuda no fogar
  6. Valoración do SAF
  7. O auxiliar da axuda no fogar
  8. O perfil dos auxiliares de axuda no fogar
  9. Cualidades do auxiliar de axuda no fogar.
  10. Funcións do auxiliar de axuda a domicilio
  11. Coidados da vivenda
  12. Utensilios de limpeza
  13. Condicións de hixiene
  14. A vivenda.
  15. Adaptación da vivenda
  16. Prevención de accidentes na vivenda
  17. Hábitos hixiénicos nas persoas maiores
  18. A cama
  19. Actuación ante as úlceras por presión:
  20. Actuación ante o usuario incontinente
  21. Administración de medicamentos
  22. Situacións de urxencia
  23. Parada cardiorespiratoria.
  24. Traumatismos
  25. Hemorraxias
  26. Corpos estranos
  27. Mobilidade e confort
  28. Preparación para pasar a noite.
  29. Nutrición e dietética no ancián
  30. Manipulación de alimentos
  31. Variacións nutricionais dos alimentos cociñados.
  32. Dietas especiais de uso máis frecuente
  33. A nutrición do ancián. Interaccións médico-alimentarias
  34. As enfermedades mentais
  35. O maltrato
  36. O enfermo terminal

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: