Diseño del blog

O concello de O Rosal publica as bases para la formación dunha bolsa de emprego para Auxiliar Administrativo

may 25, 2022

O Rosal publica as bases do proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego para o posto de Auxiliar Administrativo

REQUISITOS E SOLICITUDES:

Para poder acceder a esta bolsa de emprego, os aspirantes deben estar en posesión ou en condicións de obter, na data en que remate o prazo de presentación de instancias a titulación de Educación Secundaria Obligatoria así como do Celga3 ou documento equivalente homologado polo órgano competente.

Xunto coa solicitude deberase entregar o xustificante de ter ingresada a taxa por participación en proceso selectivo, antes de que remate o prazo de presentación de instancias, esta taxa terá un valor de 15€
O prazo de presentacion será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, é dicir, ata o 28/05/2022
A solicitude realizarase seguindo o modelo facilitado no Rexistro Xeral do Concello ou ben no habilitado como trámite na Sede Electrónica do Concello.
A presentación será preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello (https://orosal.sedelectronica.es), no caso de que se presente a instancia deste xeito, a documentación adxunta á solicitude deberá subirse separadamente, de xeito que cada documento electrónico sexa copia do seu orixinal en formato papel. 
Os documentos correspondentes a xustificación de méritos deberán subirse nun arquivo comprimido e todos os documentos deberán ter un título que facilite a súa identificación. 

PROCESO SELECTIVO: 
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 90 minutos 

Contestar, por escrito, un exame tipo test de 50 preguntas de contido teórico, práctico ou teórico-práctico, o órgano de selección determinará o número de preguntas de reserva.

EXERCICIO 2. Origatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 120 minutos.

Consistirá en demostrar coñecementos de réxime xurídico das administracións públicas e especificamente do réxime local, así como das restantes materias a través de 1 ou varios exercicios prácticos propostos polo órgano de selección.
Os aspirantes podrán acudir provistos de normativa en formato papel sen comentarios e sen que poidan acompañarse de libros de formularios ou murais.

EXERCICIO 3. Obrigatorio e eliminatorio agás para aqueles aspirantes que na solicitude do proceso presentasen o Celga3 ou equivalente

Realización dunha proba escrita de coñecemento da lingua galega, coa tradución dun texto do castelán ao galego.

TEMARIO: 
  1. A Constitución Española de 1978: estrutura e contido. A organización territorial do Estado na Constitución. A Administración Local na Constitución. O Estatuto de Autonomía de Galicia.
  2. A Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. Capacidade de obrar e concepto de interesado. Identificación e firma dos interesados no procedemento. Os dereitos dos cidadáns nas súas relacións coa administración. Os rexistros. O arquivo de documentos. A obriga de resolver. O silencio administrativo. Os documentos no expediente administrativo
  3. O acto administrativo. Motivación e forma. Os termos e prazos. Eficacia dos actos administrativos. A notificación e publicación dos actos administrativos. Especial referencia á notificación electrónica.
  4. O procedemento administrativo: concepto e clases. Os principios xerais do procedemento administrativo. As normas reguladoras. Fases do procedemento administrativo xeral. Os informes. O trámite de audiencia.
  5. A resolución do procedemento administrativo. Os recursos administrativos: concepto e clases. A executoriedade dos actos administrativos. A execución forzosa. Medios de execución forzosa.
  6. A invalidez do acto administrativo. Actos supostos de nulidade de pleno dereito e de anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposicións pola propia Administración. A acción de nulidade,procedemento, límites. Efectos. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais e de feito.
  7. Os órganos administrativos. Competencias. Funcionamento dos órganos colexiados. Abstención e recusación. Funcionamento electrónico do sector público.
  8. A potestade sancionadora. Principios de exercicio da potestade sancionadora. Especialidades do procedemento en materia sancionadora.
  9.  A responsabilidade patrimonial da Administración Pública: caracteres. Os presupostos da responsabilidade. Danos resarcibles. especialidades do procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas
  10. O municipio: concepto, elementos e competencias. O termo municipal. A poboación municipal. O Padrón de habitantes. O estatuto dos veciños.Competencias propias, compartidas e delegadas. Os servizos mínimos. A reserva de servizos
  11. As singularidades do procedemento administrativo local: procedemento electrónico. A revisión e revocación dos actos dos entes locais. Recursos administrativos e xurisdicionais contra actos locais
  12. A organización municipal nos concellos de réxime común. Órganos necesarios e órganos complementarios. O Pleno. O Alcalde. Os tenentes de Alcalde. A Xunta de Goberno Local. Competencias de cada un deles. A participación dos veciños na xestión municipal..
  13. A potestade regulamentaria local. Ordenanzas e Regulamentos. Definición. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
  14. Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. O Rexistro de documentos nas entidades locais.
  15. Os contratos do sector público. Delimitación dos tipos contractuais. Os contratos menores. O perfil de contratante. Preparación dos contratos. Selección do contratista e adxudicación dos contratos. Efectos, cumprimento e extinción dos contratos administrativos. Os Rexistros oficiais de licitadores de empresas clasificadas. O Rexistro de Contratos do Sector Público. A Plataforma de contratación do Sector Público
  16. Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público: nocións xerais.
  17. O orzamento das entidades locais. Elaboración e aprobación. Principios orzamentarios. Modificacións orzamentarias: os créditos extraordinarios e os suplementos de créditos, as transferencias de créditos e outras figuras. Liquidación do orzamento. Conceptos básicos sobre a contabilidade das Administración Locais
  18. Os recursos das Facendas Locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Estudio especial dos ingresos tributarios. Impostos, taxas e contribucións especiais. Os prezos públicos
  19. A actividade en materia de subvencións das Entidades Locais: Regulación. Procedementos de concesión de subvencións. Beneficiarios de subvencións Xustificación de subvencións. Infraccións e sancións en materia de subvencións.
  20. O persoal ao servizo das Corporacións Locais: Clases e réxime xurídico. A Selección do persoal funcionario e laboral. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Retribucións. Licencias e permisos. Dereitos sindicais e de representación. Responsabilidade. Incompatibilidade. Réxime disciplinario.
  21. Intervención na edificación e uso do solo. Normativa reguladora. Títulos habilitantes de natureza urbanística e parcelacións. Disciplina urbanística: a inspección urbanística, a protección da legalidade urbanística e as infraccións e sancións..
  22. A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia. Estrutura e contido. Os servizos sociais comunitarios. Decreto 99/2012 de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu funcionamento: nocións xerais.
  23. Conceptos básicos de ofimática. Procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, correo electrónico.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: