Diseño del blog

Selección e contratación de 4 auxiliares de policía local do concello de Mos

may 25, 2022

O CONCELLO DE MOS CONVOCA 4 PRAZAS DE AUXILIAR DE POLICÍA LOCAL

  REQUISITOS E SOLICITUDES

As persoas que queiran acceder a estas prazas deberán estar en posesión do título en ESO, posuír unha estatura mínima de 1.65m en homes e 1.60m en mulleres. 

Deberán presentar o día da celebración da primeira proba física un certificado médico en impreso oficial, asinado por un colexiado en exercicio, no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que figuran nas bases así como que non padece enfermedade nin limitación física ou psiquica que impida ou sexa incompatible co desenvolvemento das funcións do posto de traballo así como a certificación de non haber cometido delitos de índole sexual.

As solicitudes presentaranse nun prazo de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ben seña por medios electrónicos ou nas oficinas de rexistro do concello.

Se o último prazo de presentación recae en Sábado, Domingo ou Festivo entenderase como tal o seguinte día hábil. 

A taxa correspondente en concepto de dereitos de exame será de 5.40€ ou de 1.20€ se é demandante de emprego cun tempo mínimo de 2 meses.

O PRAZO PARA PRESENTAR INSTANCIAS REMATA O DÍA 3/06/2022

PROBAS SELECTIVAS:
Antes de comezar ca realización das probas físicas farase comprobación de estatura. 

EXERCICIO 1. PROBAS FÍSICAS
A) Potencia de tren inferior: salto vertical.

Realizarase nun ximnasio ou lugar semellante cun chan horizontal e cunha parede vertical e lisa.
O aspirante colocarase en posición de partida, de pe, de lado xunto a unha parede vertical, cun brazo totalmente estendido cara arriba e sen levantar os calcañares do chan, e mercará cos dedos a altura que alcanza nesa posición. O exercicio executarase separándose 20 centímetros da parede e saltando tan alto como poida, marcando novamente cos dedos o nivel alcanzado.
Pódense mover os brazos e flexionar o tronco e os xeonllos pero non se pode separar do chan ningunha parte dos pés antes de saltar. Hai que realizar o salto cos dous pés ao mesmo tempo. Permítense dous intentos, só aos aspirantes que fagan nulo no primeiro.

B) Resistencia xeral: carreira 1000 metros lisos.

Realizarase en pista de atletismo ou calquera zona totalmente chaira de terreo
Os aspirantes colocaranse na pista no lugar indicado. A posición de saída realizarase de pé
Só se permite un intento e o aspirante que abandone a carreira quedará excluído

EXERCICIO 2. Cun tempo máximo para a sua realización de 1 hora

Os aspirantes deberán amosar o dominnio dos contidos do temario, consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test, con 4 respostas alternativas  

EXERCICIO 3. Coñecemento da lingua galega

Dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos ás probas que consideren máis adecuadas para tal comprobación.
Quedarán exentos aqueles aspirantes que acrediten o nivel de coñecemento de galego Celga3.

CURSO DE FORMACIÓN
Os aspirantes que superen o proceso de selección deberán participar nun curso de formación que desenvolverán anualmente a Academia Galega de Seguridade Pública. Aqueles que xa tivesen participado e obtivesen o certiicado de asistencia ao dito curso, estarán exentos desta obriga nun período de 4 anos.

TEMARIO
  1. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A organización e funcionamento do municipio. O pleno. O alcalde. A xunta de goberno local. Outros órganos municipais. 
  2. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación. 
  3. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.
  4. Lei de Coordinación das Policías Locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: Disposicións xerais e faltas disciplinarias. 
  5. A actividade da Policía Local como policía administrativa I: Consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos. 
  6. A actividade da Policía Local como policía administrativa II: Urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.
  7. Delitos e delitos leves. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices 
  8. Delitos contra a seguranza viaria. Delitos leves cometidos con ocasión da circulación de vehículos a motor. Lesións e danos imprudentes. 
  9. Lei de seguranza Viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais. 
  10. Normas xerais de circulación: Lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza
  11. .Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade. Carencia do seguro obrigatorio. 
  12. A policía como servizo público. A policía local como policía de proximidade e de servizo. O auxiliar de policía e as súas funcións. Responsabilidades do auxiliar de policía. 

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: