Diseño del blog

O Concello de Rianxo publica as bases e a convocatoria para 1 praza de técnico de administración xeral para secretaría

sept 08, 2022

O CONCELLO DE RIANXO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA UNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIIÓN XERAL PARA SECRETARÍA

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das funcións que se deriven do posto por desempeñar.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non haber alcanzado a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separado do servizo de calquera Administración Pública, de órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas mediante expediente disciplinario, nin acharse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, tanto para o acceso á función pública como para exercer funcións similares como persoal laboral sen que fose separado ou inhabilitado.
  • No caso dos estranxeiros, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado de orixe, o acceso ao emprego público nos mesmos termos que os dos españois.
  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos ou en condiciones de obtelo na data en que remate o pazo de presentación de instancias:
  • Licenciado
  • Enxeñeiro
  • Arquitecto o Grado
  • segundo o previsto no texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, para o ingreso nos Corpos ou Escalas clasificados no subgrupo A1. 
  • Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da correspondente credencial de homologación ou, no seu caso, do correspondente certificado de equivalencia.
  • Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional no ámbito das profesións reguladas ao amparo das disposicións de dereito comunitario
  • Posuír un título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua Galega CELGA IV, equivalente ou superior. Os aspirantes que non a acrediten deberán superar unha proba de coñecemento da lingua galega

As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo dirixiranse á Alcaldía-Presidencia. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no modelo debidamente cumprimentado que se achega como Anexo II das bases.
Terán de prazo vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Así mesmo, as instancias poderán presentarse en calquera das formas determinadas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
PROCESO SELECTIVO: A oposición constará de catro exercicios, eliminatorios cada un deles, de modo que non poderán pasar ao seguinte exercicio os aspirantes que non alcanzaran a cualificación mínima establecida para cada un deles.
EXERCICIO 1.   Cun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos
Consistirá na contestación dun c uestionario de 100 preguntas tipo test con respostas alternativas 
EXERCICIO 2 . Cun tempo máximo de 3 horas
Consistirá en desenvolver dous temas elixidos polo aspirante de entre tres temas determinados polo Tribunal entre os comprendidos no programa
EXERCICIO 3. Cun tempo máximo de 4 horas
R esolución dun ou varios supostos prácticos (cun máximo de dous) referentes ás funcións da praza que o Tribunal determine
EXERCICIO 4 . Obligatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos
Será cualificado de APTO ou NON APTO.
Consistirá na tradución directa e/ou inversa de un ou varios text os, en castelán ou galego, facilitados polo tribunal
Deberan realizar esta proba aqueles aspirantes que non presenten o certificado, orixinal ou fotocopia compulsada –no prazo de presentación de instancias e referido á data de remate– de ter superados os estudos conducentes á obtención do nivel do coñecemento do galego CELGA IV esixido, expedido por organismo oficial para tal efecto, ou título acreditativo expedido por entidade académica para tal fin, considerándose neste caso directamente como APTO sen necesidade de realizar a proba.
LISTA DE RESEVA: Ao rematar o proceso selectivo formarase unha relación das persoas, en orde descendente de puntuación. Os que formen parte da mesma poderán ser chamados (sempre respectando a orde da lista), para atender as necesidades do servizo e, se así se estima, cubrir provisionalmente baixas, renuncias voluntarias, excedencia, procesos de incapacidade temporal, maternidade ou calquera outra circunstancia análoga, da praza convocada ou posto similar ao obxecto destas bases, ata que desaparezan as circunstancias que motivan o chamamento. O sistema de funcionamento da lista regularase pola resolución aprobatoria da mesma
TEMARIIO :
  1. A Constitución Española de 1978
  2. A organización territorial do Estado.
  3. O sistema da distribución de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas
  4. A Unión Europea
  5. O Comité das Rexións
  6. O Dereito da Unión Europea.
  7. A Administración pública y o dereito.
  8. O ordenamento xurídico-administrativo
  9. O ordenamento xurídico-administrativo
  10. As persoas ante a actividade da Administración
  11. O acto administrativo
  12. A notificación
  13. A eficacia dos actos administrativos
  14. A executividade dos actos administrativos
  15. A invalidez do acto administrativo.
  16. Disposicións xerais sobre o procedemento administrativo
  17. A iniciación do procedemento
  18. A adopción de medidas provisionais.
  19. A instrución do procedemento.
  20. A ordenación e tramitación do procedemento.
  21. Terminación do procedemento.
  22. O incumprimento dos prazos para resolver e os seus efectos
  23. A revisión de actos e disposicións pola propia Administración
  24. Recursos administrativos
  25. A Xurisdición contencioso-administrativa
  26. O procedemento en primeira ou única instancia
  27. A potestade sancionadora
  28. O exercicio da potestade normativa
  29. A expropiación forzosa. 
  30. A responsabilidade da Administración pública
  31. Os contratos do sector público
  32. Disposicións xerais sobre a contratación do sector público
  33. Réxime de invalidez.
  34. As partes nos contratos do sector público
  35. Obxecto, presuposto base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión. Garantías exixibles na contratación do sector público. Preparación dos contratos das Administracións públicas
  36. Adxudicación dos contratos das Administracións públicas
  37. Efectos dos contratos.
  38. O contrato de obras
  39. O contrato de concesión de obras
  40. O contrato de concesión de servicios.
  41. El contrato de suministro
  42. O contrato de servicios. 
  43. As formas de actividade administrativa.
  44. A actividade de policía
  45. O patrimonio das Administracións Públicas
  46. O patrimonio privado das Administracións Públicas
  47. O patrimonio das entidades locais
  48. Dominios públicos especiais.
  49. O réxime local
  50. As fontes do dereito local.
  51. A potestade normativa das entidades locais
  52. O municipio
  53. A poboación municipal.
  54. A organización municipal
  55. O estatuto dos membros electivos das corporacións locais.
  56. Réxime ordinario
  57. As competencias municipais
  58. A sostibilidade financeira da facenda local como presuposto do exercicio das competencias
  59.  A provincia como entidade local
  60. As competencias das deputacións provinciais 
  61. As comarcas. 
  62. O sistema electoral local
  63. Réxime de sesións dos órganos de goberno local
  64. A fase de control do goberno municipal nas sesións.
  65. Impugnación dos actos e acordos locais e exercicio de acciones
  66. Singularidades do procedemento administrativo das entidades locais
  67. A información e participación cidadá
  68. O Regulamento Xeral de Protección de Datos.
  69. A normativa estatal sobre transparencia, acceso á información pública e bo goberno
  70. A formas de acción administrativa das entidades locais.
  71. A iniciativa económica das entidades locais e a reserva de servicios en favor das entidades locais.
  72. O persoal ao servicio das entidades locais
  73. O acceso aos empregos locais
  74. A relación estatutaria.
  75. Os deberes dos funcionarios locais.
  76. A prevención de riscos laborais
  77. O orzamento xeral das entidades locais.
  78. Estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira na Constitución e normativa de desenvolvemento
  79. O s recursos das entidades locais no marco da lexislación das facendas locais.
  80. Os tributos locais
  81. A xestión e liquidación de recursos locais
  82. Actividade subvencional das Administracións Públicas
  83. Réxime urbanístico dea propiedade do solo
  84. A lexislación urbanística vixente en Galicia
  85. Instrumentos de planeamento xeral á luz da normativa autonómica
  86. Planeamento de desenvolvemento á luz da normativa autonómica
  87.  Intervención en la edificación y uso del solo
  88. A inspección urbanística, competencias
  89. A Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia
  90. O réxime de intervención administrativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas na Comunidade Autónoma de Galicia. 

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: