Diseño del blog

O Concello de Rois publica as bases e convocatoria para 1 praza de Administrativo/a

nov 24, 2022

O CONCELLO DE ROIS PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A MEDIANTE CONCURSO OPOSICIÓN

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ser española ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as nos termos establecidos na normativa vixente, consonte co disposto pola Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Comunidade Europea
  • De conformidade co artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, tamén poderán acceder á praza as persoas estranxeiras que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separadas de dereito, menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas
  • Ter feitos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de instancias: título de bacharelato, técnico ou equivalente, segundo o previsto no texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, para o ingreso nos corpos ou escalas clasificados no subgrupo C1. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da correspondente credencial de homologación ou, no seu caso, do correspondente certificado de equivalencia. Este requisito non lles será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional no ámbito das profesións reguladas ao amparo das disposicións de dereito comunitario
  • Non padecer enfermidade nin defecto físico que incapacite a persoa para o desempeño das funcións correspondentes.
  • Non atoparse separada mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas e dos órganos constitucionais ou estatutarios das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desenvolvía no caso de persoal laboral. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitada ou en situación equivalente nin ter sido sometida a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos o acceso ao empr
  • Contar coa capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que aspira, sen que se padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto. A condición de discapacitada e a súa compatibilidade acreditarase coa certificación oportuna. As persoas aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas


As solicitudes dirixiranse ao alcalde-presidente da corporación municipal e presentaranse no rexistro xeral do Concello, no prazo de vinte (20) días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no BOE.


PROCESO SELECTIVO

EXERCICIO 1

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 75 minutos


Consistirá en contestar por escrito un cuestionario, tipo test, de 60 preguntas relativas a todos os temas do programa establecido .  Cada pregunta terá 3 alternativas de resposta, das cales tan só unha será correcta


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 75 minutos


Consistirá en contestar por escrito 10 preguntas,  en relación a un suposto práctico determinado polo tribunal antes do inicio deste exercicio referente aos temas do programa establecido


EXERCICIO 3.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 45 minutos


Consistirá en contestar por escrito un cuestionario, tipo test, de 30 preguntas, relativas aos temas 35, 36, 37, 38, 39 e 40 do programa establecido  


Cada pregunta terá 3 alternativas de resposta, das cales tan só unha será correcta.


EXERCICIO 4.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 1 hora


Proba de coñecemento da lingua galega.


Deberá demostrarse unha competencia similar á esixida para obter o certificado de lingua galega CELGA 4.


TEMARIO:

  1. A Constitución española de 1978: características xerais, estrutura e contido. Principios constitucionais: o estado social e democrático de dereito. Os dereitos e deberes fundamentais da cidadanía. A protección dos dereitos fundamentais. O recurso de amparo
  2. O poder executivo: o Goberno no sistema constitucional español. O poder xudicial: a organización da administración de xustiza en España.
  3. A organización territorial do Estado na Constitución. Características do estado autonómico. O sistema de distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. O réxime local. A administración local na Constitución española.
  4. O Estatuto de Autonomía de Galicia: o Parlamento, a Xunta de Galicia, o a Presidencia e o Consello de Contas de Galicia
  5. Cooficialidade lingüística na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia. A Lei de normalización lingüística de Galicia. A Lei de uso do galego polas entidades locais.
  6. A administración local: entidades que a integran. O marco competencial das entidades locais.
  7. O ordenamento xurídico-administrativo. O dereito administrativo: concepto e contidos. O dereito administrativo básico ditado en virtude do artigo 149.1.18 da Constitución. Tipos de disposicións legais. Os tratados internacionais. O regulamento: concepto e clases.
  8. O acto administrativo. Elementos. Clases. Motivación e forma. A invalidez dos actos administrativos: nulidade de pleno dereito e anulabilidade.
  9. O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo común: iniciación do procedemento, presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Adopción de medidas provisionais. Instrución e ordenación.
  10. Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles do recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe
  11. A organización municipal. Órganos necesarios: alcalde, tenentes de alcalde, pleno e xunta de goberno local. Órganos complementarios: comisións Informativas e outros órganos. Réxime de delegación de competencias. Estatuto dos membros electivos das corporacións locais. O Regulamento orgánico do Concello de Rois.
  12. As competencias municipais: sistema de determinación. Competencias propias, delegadas e competencias distintas das propias. Os convenios sobre exercicio de competencias e servizos municipais.
  13. Funcionamento dos órganos colexiados do Goberno local. Convocatorias, orde do día e certificacións. Libros de actas e resolucións. O Rexistro de documentos. Comunicacións e notificacións. A práctica das notificacións.
  14. A Lei de transparencia, acceso á información e bo goberno: ámbito de aplicación, publicidade activa e dereito de acceso á información pública.
  15. A Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía de dereitos dixitais: concepto e responsabilidades das persoas responsable e encargada do tratamento e da delegada de protección de datos. Identificación das persoas interesadas nas notificacións por medio de anuncios e publicación de actos administrativos.
  16. Obxecto e ámbito de aplicación da Lei de contratos do sector público. Os contratos das administracións públicas: clases. Réxime xurídico dos contratos privados. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. A administración contratante: entes incluídos e excluídos da Lei de contratos do sector público. Órgano de contratación. Distribución competencial entre os órganos municipais.
  17. O contratista: capacidade, solvencia, prohibicións, clasificación e sucesión. Obxecto, prezo e contía do contrato. O prezo e o valor estimado. A revisión de prezos. Garantías. Réxime de invalidez dos contratos e o recurso especial en materia de contratación
  18.  Preparación dos contratos das administracións públicas. Expedientes de contratación. Especialidades nas entidades locais. Procedementos e formas de adxudicación. Perfeccionamento e formalización do contrato. Órganos competentes en materia de contratación e rexistros oficiais. Mesas de contratación das entidades locais. 
  19. A expropiación forzosa: natureza e xustificación da potestade expropiatoria. O procedemento expropiatorio xeral. A declaración de urxencia da ocupación dos bens afectados pola expropiación
  20. Os bens das entidades locais: clases. Réxime xurídico dos bens de dominio público e patrimoniais. Os bens comunais. O inventario de bens. Os montes veciñais en man común.
  21. A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia: obxectivos e principios xerais. Clases e categorías de solo. Aspectos da función urbanística. O Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  22. Réxime urbanístico da propiedade do solo: principios xerais. Clasificación. Réxime xurídico do solo rústico. Réxime xurídico do solo urbano. Réxime xurídico do solo urbanizable. Réxime xurídico do solo de núcleo rural.
  23. A intervención na edificación e uso do solo. Licenzas urbanísticas e comunicacións previas. Procedemento de outorgamento de licenzas. Caducidade, revisión e nulidade. Procedemento de tramitación das comunicacións previas de obras. Control posterior. Declaración de ineficacia. Incidencia da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. Prelación de licenzas e outros títulos administrativos. Actos promovidos polas administracións públicas.
  24.  O orzamento xeral das entidades locais: concepto e contido. As bases de execución do orzamento. A elaboración e aprobación do orzamento xeral. A prórroga orzamentaria. Os créditos do orzamento de gastos: Delimitación. Situación. Aplicación orzamentaria. Niveis de vinculación xurídica
  25. A execución do orzamento de gastos e de ingresos: as súas fases. Os pagos para xustificar. Os anticipos de caixa fixa. Os gastos de carácter plurianual. A tramitación anticipada de gastos. Os proxectos de gasto. Os gastos con financiamento afectado.
  26. Clases de tributos locais. Os impostos locais obrigatorios e potestativos.
  27. As taxas municipais e as súas clases. Os prezos públicos. As contribucións especiais.
  28. Persoal ao servicio das administracións públicas: clases. O Estatuto básico do empregado público e a Lei do emprego público de Galicia. Dereitos e deberes dos/ empregados/as públicos/as. Sistemas de acceso e provisión de postos de traballo. 
  29. A estrutura da función pública: grupos e niveis. Réxime disciplinario. Extinción da relación funcionarial. O contrato de traballo. As situacións administrativas do persoal funcionario local. O réxime de incompatibilidades.
  30. A actividade subvencional das entidades locais: Regulación. Procedementos de concesión de subvencións. Especial análise do procedemento de concorrencia competitiva. Beneficiarios de subvencións. Xustificación de subvencións. Infraccións e sancións en materia de subvencións.
  31. As actuacións preventivas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais. Instrución 1/2018 de 26 de abril da Consellería do Medio Rural relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento de xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas na Lei 3/2007, do 9 e abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia
  32. Xestión dos servizos públicos: formas de xestión, directa e indirecta. Cambios nas formas de xestión: supostos e procedemento.
  33. As competencias municipais en materia de medio ambiente. Parques e xardíns públicos. A protección contra a contaminación acústica, lumínica e atmosférica.
  34. Intervención municipal no comercio e actividades de servizo. A venda ambulante. A intervención municipal en materia de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos. 
  35. Sistema operativo Windows: características e funcionamento, iconas e obxectos, xestión de unidades de disco, o escritorio, o explorador de arquivos e o panel de control. Concepto e tipo de redes informáticas. Internet e Intranet. Concepto de páxina web. Funcionamento dos navegadores Google Chrome, Microsoft Edge e Mozilla Firefox. O correo electrónico. O almacenamento na nube
  36. Sistemas de identificación e sinatura electrónica. O certificado electrónico. O DNIe. Cl@ve Pin. Chave365.
  37. A sede electrónica, o portal de transparencia, o taboleiro de anuncios e a oficina virtual tributaria do Concello de Rois.
  38. O Sistema de Interconexión de Rexistros. O Rexistro Electrónico Común. O rexistro ORVE. O sistema InSide. A plataforma de interoperabilidade de Galicia – pasaXe!
  39. A Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado e o Perfil do Contratante
  40. As plataformas de tramitación de procedementos e servizos da Xunta de Galicia (Sede Electrónica) e da Deputación Provincial da Coruña (SUBTeL). 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: