Diseño del blog

O Concello de Taboada publica as bases e convocatoria para 6 prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar

nov 21, 2022

O CONCELLO DE TABOADA PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 6 PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES:

  • Posuír a titulación ou Certificado de profesionalidade de auxiliar de axuda no fogar ou ter realizado a formación requirida para a súa obtención e ter presentado a solicitude de emisión do título no organismo ao que lle corresponde a emisión, tamén serán válidos os títulos ou certificados de profesionalidade que son válidos para institucións. Titulacións equivalentes ou superiores nas ramas socio-sanitaria. No caso de titulacións obtidas no extranxeiro deberase estar en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite no seu caso, a homologación.
  • Posuír o permiso de conducir categoría ou clase B. No caso de permisos obtidos no estranxeiro, deberá
    estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
  • Posuír o certificado de Celga 1 ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente na
    materia de política lingüística da Xunta de Galicia, ou obter a cualificación de apto na proba de galego que forma parte deste proceso de selección.
  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
  • O cónxuxe dos/as españois/as e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os descendentes menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que sexan dependentes
  • As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • As persoas estranxeiras que, non estando incluídas nos parágrafos anteriores, se atopen con residencia legal en España.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. So por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público. 
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado membro da Comunidade Europea, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determinen a lexislación vixente.
  • Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico incompatible co normal desenrolo das súas funcións


As instancias solicitando participar no proceso selectivo axustaranse ao modelo oficial que figura no ANEXO II da  convocatoria , e dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Taboada directamente ou a través dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais (20) contados dende o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. 


PROCESO SELECTIVO

EXERCICIO ÚNICO

Obligatoria e Non eliminatoria

Tempo: 1 hora


Consistirá en responder a 30 preguntas tipo test (máis tres preguntas de reserva) relacionadas coas materias do Anexo I das Bases


TEMARIO:

  1. Breve idea da Constitución Española de 1978. Estrutura. Principios Xerais. Dereitos e Deberes Fundamentais.
  2. Organización Municipal: Alcalde, Pleno e Xunta de Goberno Local.
  3. Ordenanza municipal reguladora do Servizo de axuda no fogar do Concello de Taboada, publicada no BOP Lugo num. 108, de 13 de maio de 2014. 
  4. Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Taboada, publicada no BOP Lugo num. 108, de 13 de maio de 2014. 
  5. Hixiene e atención sanitaria domiciliaria.
  6. Administración de alimentos e tratamentos a persoas dependentes no domicilio
  7. Atención e apoio psicosocial. 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: