Diseño del blog

O Concello de Vigo publica as bases e convocatoria para 2 prazas de auxiliar administrativo/a

jul 19, 2022

O CONCELLO DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 2 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Estar en posesión, ou en condicións de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Asimesmo, estarase ao disposto na Orde EDU/1603/2009, de 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bachiller regulados na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, modificada mediante Orde EDU/520/2011, de 7 de marzo.
    • No caso de titulacións obtidas no extranxeiro deberase estar en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite a homologación
  • Ter a nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, no suposto de acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados
  • Poseer a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
  • Ter cumplidos dezaséis años e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa
  • Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos Organismos Constitucionais ou Estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
    • No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso o emprego público
Solicitudes de incrición. Cumprimentaranse electrónicamente a través da URL: https:// sede.vigo.org/expedientes/oposicions/ofertas.jsp

A inscripción realizarase facendo uso de https://sede.vigo.org/expedientes/oposicions/ ofertas.jsp, seguindo as instruccións que se lle indiquen, sendo necesario identificarse mediante  a plataforma de identificación e sinatura electrónica Cl@ve en calquera das súas modalidades.

As solicitudes de inscrición en soporte papel efectuaranse mediante cumprimentación  electrónica https://sede.vigo.org/expedientes/oposicions/ofertas.jsp e a súa posterior  presentación no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo ou na forma  establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo  Común das Administracións Públicas.

Prazo de presentación das solicitudes de inscrición: 20 días hábiles contados a partir  do siguiente no que aparezca a publicación do anuncio de convocatoria no “Boletín Oficial del  Estado”, é dicir, ate o 17/08/2022

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio

Realización de dous supostos prácticos de carácter ofimático realizados con  ordenador, dirixidos a apreciar a capacidade dos aspirantes no uso dos seguintes programas  ofimáticos:

Primeiro suposto: Programa de tratamento de textos Tempo máximo para a  realización: 30 minutos.

Segundo suposto : Programa de folla de cálculo. Tempo máximo para a realización:  30 minutos.

Cualificarase os coñecementos e habilidades nas funcións e utilidades do procesador de  textos e da folla de cálculo así como a velocidade desenvolvida (en atención ó número de  pulsacións) a limpeza e exactitude das tarefas realizadas e a corrección que presenten as  mesmas conforme o baremo obxectivo que estableza o Tribunal antes de iniciarse o exercicio,  que deberá comunicárselles aos aspirantes no momento de comezar a proba e incluírse na  correspondente Acta.

Facilitaranse os/as aspirantes os medios técnicos necesarios para a súa realización, se ben  desactivaranse as funcións correspondentes á corrección automática de textos.

Se os exercicios non fosen corrixidos ao remate da proba, introduciranse nun sobre que se  pechará e selará; sobre o precinto asinarán todos os membros do órgano de selección presentes,  así como, sempre que fose posible, un número similar de aspirantes. 

O sobre quedará baixo a  custodia do/a secretario/a para a súa apertura ao inicio da sesión na que se corrixan.

EXERCICIO 2 . Obrigatorio

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento do idioma galego, que  determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística.

O/a aspirante que non obtivese un mínimo de 5 puntos nesta proba deberá participar no  primeiro curso de idioma galego que realice a Administración Autonómica (Secretaría Xeral de  Política Lingüística ou organismo autonómico competente) a fin de obter a debida capacitación.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo de   presentación de instancias, posuír o título CELGA 3 ou equivalente homologado, segundo o   disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos   dos niveis de coñecemento da lingua galega. As/os aspirantes adxuntarán á solicitude de  participación copia simple do título ou equivalencia correspondente

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: