Diseño del blog

O Concello de Zas publica as bases e convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego

jul 18, 2022

O CONCELLO DE ZAS PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA O DEPARTAMENTO DE INTERVENCIÓN-TESOURERIA

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter nacionalidade española ou algunha outra que, con arreglo ao disposto no art.52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, permita o acceso ao emprego público.
  • Ter cumprido os dezaseis anos, e non superar a idade máxima de xubilación
  • Non estar separado mediante expediente disciplinario de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos  constitucionais ou estatutarios das CCAA, nin en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que se desempeñan no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego
  • Estar en posesión do título de Graduado en ESO ou equivalente. 
    • No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá posuír o documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
  • Ter ingresado na conta ES73 2080 0083 9130 40002837 a nome do Concello de Zas a taxa por dereitos de exame por importe de TRES (3) € previsto na ordenanza municipal Reguladora da taxa por tramitación de documentos administrativos publicada no Boletín Oficial da Provincia de nº 241 de 21/12/2011. En ningún caso o ingreso da citada contía suporá a substitución do trámite de presentación de solicitudes. So procederá a devolución do importe satisfeito polo/a aspirante cando por causas non imputables ao suxeito pasivo non teña lugar por parte do Concello á prestación, ou cando os ingresos se declaren indebidos por resolución ou sentenza firme ou se producise unha modificación substancial das bases da convocatoria
No prazo de dez días hábiles, a contar do seguinte do anuncio no B.O.P., os interesados en participar no proceso  selectivo, dirixirán instancia a Alcaldía-Presidencia, é dicir, ate o día 01/08/2022

As instancias presentaranse no Rexistro do Concello ou a través de calquera dos sistemas previstos no art.º  16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

Se a solicitude non se presenta no Rexistro do Concello de Zas (correos, outro rexistro) deberase remitir ao fax  do concello 981.751.142, ou ben por correo electrónico (correo@concellodezas.org), unha copia da solicitude  antes da data de expiración do prazo de presentación de solicitudes. No caso de que o concello non recibira a solicitude  orixinal no prazo de dez días naturais desde o remate do prazo de presentación de instancias, entenderase que está  presentada fora de prazo.

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1 Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos

Realización dun exame que constará de 2 partes escritas: 
  • Unha primeira parte tipo test, de comprobación de coñecementos teóricos, de 10 preguntas tipo test das que só unha  será válida, relacionadas cos temas. 
    • Cada pregunta correcta puntuarase con 0,25 puntos. Por cada respostas mal descontarase 0,10 puntos. 
    • Esta parte do exame será cualificado cunha puntuación de 0 a 3 puntos.
  • Unha segunda parte de carácter práctico, a desenvolver por escrito, de preguntas cortas, relativas aos temas. 
    • Esta parte do exame puntuará de 0 a 7 puntos.
EXERCICIO 2.

Aqueles/as aspirantes que non acheguen no prazo de prestación de instancias de 10 días hábiles, certificado que  acredite o coñecemento do idioma galego mediante a presentación do correspondente certificado ou título (Celga 3 ou  título de galego equivalente), terán que realizar unha proba de galego 

Tradución dun texto. 

Este exercicio  puntuarase como apto ou non apto. 

As persoas que acaden a puntuación de non apto, serán excluídas.

Entre a finalización do exame e o comezo da proba de galego, non poderá transcorrer menos de 24 horas

FORMACIÓN E FUNCIONAMENTO DA BOLSA:
Mediante Resolución de Alcaldía determinarase a orde definitiva dos integrantes da Bolsa de Emprego en cada  categoría, por orde da puntuación total obtida no proceso selectivo polos distintos aspirantes, e será publicada no taboleiro   de anuncios e na sede electrónica do Concello de Zas.

De producirse empate na puntuación total, a orde de desempate será a seguinte:
  1. Maior puntuación na segunda parte( parte práctica do exame)
  2. Maior puntuación na primeira parte do exame ( parte tipo test).
  3. Sorteo
A Bolsa de Emprego creada coa presente convocatoria terá vixencia ata o 31/07/2023

TEMARIO :
  1. A Constitución de 1978
  2. O Estatuto de Autonomía de Galicia
  3. As competencias municipais na lei de bases de réxime local na e na lexislación sectorial
  4. A organización municipal
  5. O procedemento administrativo
  6. O acto administrativo.
  7. Ordenanzas e Regulamentos das entidades locais
  8. O orzamento das entidades locais I
  9. O orzamento das entidades locais II
  10. As facendas das entidades locais.
  11. Orde EHA/3565/2008, de 3 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais I
  12. Orde EHA/3565/2008, de 3 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais II
  13. Orde EHA/3565/2008, de 3 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais III
  14. As facturas
  15.  O IVE
  16. O IRPF
  17. A Orde HAP/1781/2013,de 20 de setembro, pola que se aproba a instrucción do modelo normal de contabilidade  local
  18. Os gastos con financiamento afectado
  19. A actividade subvencional das Entidades locais:
  20. A actividade contractual das entidades locais

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: